13.8.10

Rianxo: o sábado 21 de agosto, concerto de TombaLobos Orquestra e o domingo, Duplo Son

Sábado 21 de agosto

NOITES FOLK. No marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña. o sábado 21 de agosto ás 22:30 horas, concerto a cargo da TOMBALOBOS ORQUESTRA.

Web de TombaLobos:

http://www.tombalobosorquestra.com/


Domingo 22 de agosto

MÚSICA NA NOITE. Unha nova proposta musical a cargo do grupo DUPLO SON (funky-latin-jazz), terá lugar o vindeiro domingo 22 de agosto na Praza Castelao de Rianxo. Concerto organizado no marco da proramación VERÁN CULTURAL 2010 e ao abeiro da Rede Cultural promovida pola Deputación de A Coruña.


MySpace de Duplo Son:

http://www.myspace.com/duploson


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: os nadadores Rufino Regueira e Iván Sampedro, do C.N. Riveira, subvencionados con 4.034 euros cada un

Ribeira, 13 de agosto de 2010. A Fundación Deporte Galego resolveu o pasado 6 de agosto e fixo pública hoxe a convocatoria do programa específico de axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel polo que concedeu 206 axudas por un importe total de 500.000 euros. As bases da convocatoria prevían unha dotación orzamentaria inicial de 400.000 euros pero dado o grande incremento de solicitudes, a Fundación aprobou un incremento de 100.000 euros. Entre os beneficiarios están os nadadores do Club Natación Riveira Iván Brión e Rufino Regueira, que acada cada un 4.034 euros, a terceira axuda de maior cuantía das concedidas.

Esta resolución efectúase segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria do programa específico de axudas para Deportistas galegos/as de Alto Nivel, cuxo anuncio foi publicado no Diario oficial de Galicia o día 15 de abril de 2010. Notificada a resolución definitiva, os/as beneficiarios/as dispoñen dun prazo de dez días naturais para a súa aceptación ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

No caso de que as axudas outorgadas non sexan aceptadas polos/as beneficiarios/as ou que posteriormente á súa concesión se renuncie a elas, o órgano instructor poderá formular proposta de resolución complementaria, adxudicando o importe dispoñible entre as solicitudes valoradas pola Comisión que tiveron prorrateo.

Contra a resolución poden interporse reclamacións perante o órgano de adxudicación, no prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a publicación da lista de beneficiarios/as das axudas no taboleiro de anuncios da Fundación e na páxina web www.deportegalego.es, con carácter previo á vía xudicial.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Cabo de Cruz acolle a novena Exaltación do Mexillón o domingo 22 de agosto

Haberá actividades toda a semana (do 16 ao 22 Roteiro do Mexillón, mentres que o venres 20 haberá unha conferencia sobre bateeiros e vento; o sábado 21 paellas xigantes, humor con Tanito, inchables e festa da espuma para os nenos. Toda a información no tríptico adxunto).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o domingo 15 de agosto, terceiro curro da Graña, en Cures

Boiro, 13 de agosto de 2010. A asociación Curro da Graña organiza, coa colaboración do Concello de Boiro, a terceira edición do Curro da Graña, na parroquia de Cures, que se celebrará este domingo, día 15 de agosto, durante todo o día.

As actividades comezarán ás 09.00 horas, coa baixada e encerro das bestas. A partir das 12.00 horas, terá lugar unha mexilloada e sardiñada que se poderán degustar de maneira gratuíta. Pola tarde, ás 16.00 horas, comezará o marcado e a rapa dos animais, e ás 18.30 horas, as carreiras de cabalos, nas modalidades de “país”, “cruce de país”, “cruce de inglés”, “pura sangre inglés”. Repartiranse 2.150 euros en premios, ademais dos trofeos, aos gañadores.

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, ten previsto asistir ás carreiras, ás 18.30 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: Jorge Emilio Bóveda analiza quen ten a culpa de todo

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical