7.12.12

Patrimonio: restauran en Ribeira cinco fontes e un lavadoiro antigo

Media_httpfarm9static_wkflk

Fonte da rúa da Fonte en Corrubedo

Ribeira, 7 de decembro de 2012.- Un dos obxectivos perseguidos polo Concello de Ribeira para esta lexislatura é o da restauración integral e posta en valor de dous elementos básicos do seu patrimonio etnográfico, como son as súas fontes e lavadoiros. Con este obxectivo, o Executivo local vén actuar sobre cinco fontes e un lavadoiro que están localizados en tres parroquias do termo municipal. 

Así, dúas destas fontes están situadas na parroquia de Carreira: unha no lugar de Laxes e a outra en Castro. Á primeira delas se lle limpou a pedra e encintou, ademais de mellorar a canalización co obxecto de que a auga mane máis fluidamente. Á segunda mudóuselle a techumbre, limpóuselle a pedra e pintouse a estrutura, ademais de adecuar o entorno.

Media_httpfarm9static_knhhi

Outra fonte sitúase en Corrubedo, precisamente na vía coñecida como rúa da Fonte. Foi limpada e encintada.

Santa Uxía

E os tres elementos restantes sitúanse na parroquia de Santa Uxía. Na fonte ubicada no lugar de Martín procedeuse á súa limpeza, encintado e pintado, ademais de mellorar os accesos que desembocan na mesma. Outra fonte das fontes obxecto de mellora e posta en valor é a da Nogueira, xunto á avenida de Ferrol, á que lle instalou unha pérgola de madeira, recuperouse o manancial e situouse nas inmediacións unha pequena zona axardinada. E por último, no lavadoiro de Fondevila recuperouse o manancial e introducíronse melloras na súa estrutura.

O Concello destinará unha nova partida orzamentaria o vindeiro ano para seguir restaurando este tipos de elementos no municipio.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: as festas de Santa Baia, do luns 10 ao xoves 13 de decembro

Santabaia2012
https://twitter.com/Certo/status/277048202761469952


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Segundo Miguens Romeu publicou "La niña que despertó en un campo de girasoles"

  • Inda que escribe dende a infancia, é o primeiro libro de relatos que lle publican, grazas a resultador gañador dun certame literario a nivel nacional patrocinado pola editorial SeLeer e a libraría de Internet LibroHoy.es
  • A presentación oficial do libro tivo lugar o pasado sábado na Casa de Castilla-La Mancha en Madrid
  • Segundo Miguens estudou Ciencias Políticas en Santiago e logo trasladouse a Barcelona. Actualmente traballa en Madrid no sector financieiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o centro integrado de formación profesional de Coroso recolleu alimentos para Servizos Sociais

Ribeira, 7 de decembro de 2012. Alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso estiveron a levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos de primeira necesidade co fin de aportar o seu gran de area na axuda dos máis desfavorecidos do municipio.

Estes alimentos foron entregados antonte ao Departamento de Servizos Sociais, o cal se encargará de proceder ao seu reparto no marco do programa municipal de emerxencia social.

[[posterous-content:pid___0]]

Entre os participantes na materialización do acto de entrega, estaban o director do CIFP Coroso, José Antonio Rendo, e a xefa de servizo dos Servizos Sociais, María Francisca Vidal.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o luns 10 de decembro recollen en Madrid un premio á biblioteca do Brea Segade de Taragoña

  • Foi acadado nun certame que premia as boas prácticas para a dinamización e innovación nas bibliotecas escolares, concedido o ano pasado
  • Foron seis as bibliotecas galegas galardonadas
  • Tres profesoras do colexio de Taragoña irán recollelo

Media_httpwwwblogotec_jyddj

Imaxe que abre o blog da biblioteca do Brea Segade

Rianxo, 7 de decembro de 2012. O vindeiro luns, 10 de decembro, ás 12:30 terá lugar en Madrid, na Biblioteca Nacional, o acto de entrega dos premios do concurso nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación en bibliotecas escolares 2011. Seis bibliotecas escolares galegas, entre elas a biblioteca do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, resultaron premiadas. A biblioteca escolar do CEP Xosé Mª Brea Segade recibirá un terceiro premio co que se valora a implicación de toda a comunidade escolar no proxecto da biblioteca, as actividades de fomento da lectura e as iniciativas de difusión do patrimonio literario propio.

O premio xa fora comunicado aos centros e publicado no BOE en novembro do 2011 pero será o vindeiro luns cando se leve a cabo o acto oficial de entrega do mesmo. Tres profesoras do CEP Brea Segade vanse desprazar a Madrid para recoller un premio que supón "un motivo de orgullo e unha enorme satisfacción para toda a comunidade escolar. Entendemos que o premio supón un recoñecemento ao compromiso do conxunto da comunidade educativa do CEP Xosé Mª Brea Segade cun ensino público de calidade, enraizado no noso medio social e cultural", explican dende o colexio taragoñés.

Blog da Biblioteca Escolar Brea Segade de Taragoña:

www.blogoteca.com/bbs

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical