15.9.10

A Pobra do Caramiñal: Carlos Seijo presenta este xoves 16 a súa curta "Empatía", gravada na Curota


A Pobra, 15 de setembro de 2010. Mañá, xoves 16 de setembro, ás 12 h. na sala de xuntas do Concello terá lugar a presentación da curtametraxe "Empatía", do productor Carlos Seijo, que foi gravado na Curota e tamén ten algún exterior na praia de Río Sieira, en Porto do Son. Na presentación estarán o concelleiro de Festexos, Andrés Millán López, e o productor, Carlos Seijo, así como representantes da empresa patrocinadora do mesmo.

Máis información:

Blog da curtametraxe: http://www.empatia-mrmisto.blogspot.com
Blog do director: http://carlos-seijo.blogspot.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Vivimos en Galicia", o curso de aproximación á cultura galega para inmigrantes, preséntase o 29


Ribeira, 15 de setembro de 2010. Cadrando co inicio co curso escolar, o Concello, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística retoma a celebración do curso sobre Aproximación á Cultura Galega dirixido ao colectivo inmigrante. 

Baixo o título “Vivimos en Galicia” e cunha frecuencia semanal, as clases que integran o curso están dirixidas ás persoas inmigrantes adultas do noso contorno que desexen, primeiramente, obter un nivel básico de formación en lingua galega (o que fai a esta acción unha actividade sumamente axeitada se se quere aspirar a conseguir no futuro a pertinente titulación oficial). Tamén é unha iniciativa adecuada para aproximarse á realidade da nosa Comunidade desde o punto de vista do seu territorio, a súa administración, o seu patrimonio cultural, etc... 


A presentación  do curso terá lugar o día 29 de setembro, ás 10.30 horas, no Auditorio Municipal. O ciclo formativo prolongarase ata   o 22 de decembro. 

Esta acción é  posible grazas á colaboración entre o IES Número 1 (departamento de Ensino de Adultos, oferta de Aprendizaxe de Lingua Estranxeira) e o Concello (a través da Concellería de Educación e do Servizo de Normalización Lingüística). As sesións impartiranse nunha aula do Conservatorio Municipal todos os mércores entre 10.30 e 11.30 horas. 

As clases, nun aula do conservatorio, os mércores

Os inmigrantes maiores de 16 anos que desexen anotarse ou recibir máis información poden acudir ao Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira, ubicado na Casa Consistorial. Tamén poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 981835417 ou do correo electrónico normalizacion@riveira.com.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: o Sálvora C.F. presenta este sábado 18 as categorías base, con máis dun cento de rapaces


Ribeira, 15 de setembro de 2010. O vindeiro sábado 18 de setembro, ás doce e media do mediodía, levarase a cabo a presentación oficial das categorías base do Sálvora C.F na Praza do Concello, onde máis de 110 rapaces farán a súa posta de longo oficial co equipo da capital do Barbanza.

     As categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil serán as encargadas de representar nas diferentes ligas federadas a este club que ano a ano demostra a súa implicación e bo facer no fútbol base.  Os infantís, que comezarán a rodar o 23 de outubro na segunda autonómica infantil, serán dirixidos por Artola e Fernando.

     Coma novidade  este ano na categoría Alevín os salvoristas saltarán a escea o 2 de outubro con tres equipos na primeira autonómica de fútbol sete, os adestradores serán Dani García e Luís Martínez no Alevín A, José García no Alevín B e Álvaro Fernández no Alevín C.

     Na categoría Benxamín mantéñense os dous bloques da tempada pasada o Benxamín A estará dirixido por Siño e o Benxamín B por Dani Coira. Na categoría prebenxamín contamos con 2 equipos que comezarán a súa competición a partir do mes de xaneiro,  de xeito que Suso adestrará ó Prebenxamín A e Anxo Orellán ó Prebenxamín B.


      Á marxe da competición oficial o Sálvora tamén volta a realizar para esta vindeira tempada no fútbol base a Escola de Fútbol e que este ano está dirixida a rapaces nados nos anos 2003, 2004 e 2005. O encargado de levar a diante as clases será José Manuel Mosquera, sendo os días elixidos os luns e os xoves no pavillón do CEIP o Grupo.

     Para máis información: www.salvoracf.blogpost.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe presenta tres mocións no vindeiro pleno ordinario do 30 de setembro

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical