10.5.11

Noia: as festas de Santa Rita en Argalo son do 20 ao 22 de maio. Non se perdan o 2º Campionato de Lanzamento de Sacho

Media_httpfarm3static_ebqnu

Adro da igrexa de Argalo

Noia, 10 de maio de 2011. As Festas de Santa Rita cadran este ano en Argalo na fin de semana do 20 ao 22 de maio.

O venres 20 haberá verbena coas orquestras Capitol e Philadelphia.
O sábado 21 teñen programado un "juateque light deluxe". Haberá actuacións dependendo do animada que estea a xente -non todo vai ser ir aos mitins!)

Media_httpfarm5static_ennbh

O Páramo, co campo de fútbol á dereita

O domingo 22, sesión vermú con petiscos e inchables para os pequenos, cun grupo musical amenizando. Pola tarde, fútbol no Páramo e 2º Campionato de Lanzamento de Sacho. A organización advirte que hai rifas á venta para os que queiran colaborar. Sortean un televexo de plasma de 32 polgadas doada por unha casa de electrodomésticos de Noia.

O anuncio en Facebook, por se queredes difundilo, que non se ve todos os días un certame de lanzamento de sacho!!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lingua galega: nova edición de "Os meus favoritos", con 200 webs en galego

A iniciativa está promovida polos servizos de normalización dos concellos de Carballo, Malpica, Ponteceso e Zas. Non se anoxen os concellos que teñen webs en galega e non saen (a maioría).

Non sae no listado Certo, nin Galicia Confidencial, pero ninguén é perfecto!

Barbanza-Noia, 10 de maio de 2011. Con 8.000 exemplares en papel a toda cor e o PDF na rede para poder distribuírse a toda Galicia, a nova guía Os meus favoritos recolle preto de 200 enderezos de sitios web en lingua galega de contido moi diverso en ámbitos como a banda deseñada, o audiovisual, o deporte, os xogos ou as redes sociais.

A edición está asumida por estes concellos, que os distribúen en colexios e espazos públicos co obxectivo de "facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vencellar a lingua galega con novos e modernos espazos de uso e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua".

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: o boirense Toño Chouza, no certame de Vimeo sobre Moby e finalista nos videoclips para o Festival de Cans

Boiro, 10 de maio de 2011. Toño Chouza segue a dar mostras dunha creatividade que raia na xenialidade nas súas últimas produccións. Agora mesmo está a participar con "A day" no certame "Hello, Future", que convoca o portal de vídeos de Internet Vimeo xunto cunha das maiores axencias de publicidade do mundo, Saatchi&Saatchi. Trátase de facer un vídeoclip cun tema de tres a escoller do cantante Moby. O premio será a enorme publicidade para o gañador, pois a súa creación percorrerá todo o mundo, comezando polo Festival de Cannes.


E o Festival de Cannes da terriña, o Festival de Cans, tamén sabe desta volta do bo quefacer cinematográfico de Chouza, pois escolleu para a súa sección de vídeoclips o que Toño fixo para o Colectivo Oruga, titulado "December's Descent". Non esquezan, se se poden pasar por alí (O Porriño, Pontevedra), que o Festival de Cans este ano vai do 18 ao 21 de maio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: III convocatoria del Premio Atlante de Grabado, del Museo de Artes, en Ribeira. Bases

bases premio Atlante.pdf Download this file


 

Ribeira, 10 de mayo de 2011. La Fundación Museo de Artes conmemora el presente año el Décimo Aniversario de su Fundación, y dada su ubicación en el Municipio de Ribeira, dentro del Complejo Dunar de Corrubedo mecido desde los albores de la historia por los vientos atlánticos, desea dedicar esta edición de los Premios Atlante, al Mundo del Mar.

 

"Galicia y mar, mar y Galicia, son un binomio perfecto que se ha ido forjando mutuamente en el crisol del tiempo. La Historia de Galicia y de sus instituciones culturales, que son parte integrante de su realidad, tienen un hilo conductor con el mar que a modo de cordón umbilical la nutre y da su carácter y acusada personalidad.

 

¡Qué mejor manera de celebrar estos dos lustros de actividad en pro del mundo de la cultura y de estudio que rendir testimonio de admiración y reconocimiento a través de la expresión artística del Grabado mediante las diferentes técnicas de creación, a la actividad marítima! Desde esta región del Barbanza queremos proyectar la ilusión y el deseo de que el mundo del mar en su más amplia expresión, desde la actividad pesquera a la marina mercante, desde la acuicultura a la industria conservera, desde la marina deportiva al mundo del submarinismo, desde los puertos pesqueros a los puertos comerciales tanto estatales como autonómicos, tenga su representación iconográfica.

 

De este modo un año más convocamos el Premio Atlante y esperamos superar las ediciones anteriores, por ello invitamos a todos a presentarse a este premio que se está convirtiéndose en referente de la gráfica", explica Rocío Hermo, directora del Museo del Grabado de Artes.


Página web: www.fundartes.com


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Motor: este sábado 14, en Ribeira, os 65 mellores pilotos de motos nun campionato de supercross

Supercross_2

Para poder asistir á proba, que é no monte de San Alberte, hai que pagar 6 euros

Media_httpfarm4static_fsjmj

Ribeira, 10 de maio de 2011. Os 65 mellores pilotos do mapa galego acudirán ao concello para disputar este sábado, día 14 de maio, a duodécima edición do Campionato Galego de Supercross Cidade de Ribeira que organiza a Motoclub Ribeira School e que é puntuable para o Campionato Galego de Supercross. 

O circuíto onde se celebrará o evento foi totalmente remodelado: unha actuación que xa conta co visto bo da Federación Galega. Santos Rego cualificou ao novo circuíto de espectacular, ao par que asequible para todos os niveis. 

Os adestramentos terán lugar pola mañá a partir das 11 horas e as carreiras darán comezo ás 17 horas. Haberá 6 categorías: alevín, promesas, promoción, juniors, veteranos e senior. 

Entre os pilotos que participarán na proba, Santos Rego destacou a presenza de dous membros do Motoclub Ribeira School: Iván Vidal e José Ramón Santos. Este último conta con aspiracións para conquistar o campionato galego na categoría promoción. 

Outros pilotos que xa confirmaron a súa participación na proba son Ismael Veiga, Marc Márquez, Abel Bernárdez, Angel Suárez ou o rapaz Jorge Pardo, que aínda que por idade (dez anos) debería competir na categoría alevín reúne calidade para facelo en promesas. En canto ao campión  galego Adrián Garrido,  é dúbida dado que sufre unha lesión no tabique nasal.

Motocross o 24 de setembro en Ribeira tamén

No transcurso da presentación, Manuel Santos Rego anunciou que o municipio de Ribeira vai acoller o 24 de setembro o Campionato Galego de Motocross, o que demostra o gran momento que está a vivir este deporte no concello barbanzán.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: alumnos e profesorado do instituto estiveron en Alemaña co programa Comenius

Fotocomeniusnordhorn

Rianxo, 10 de maio de 2011. Catro alumnos e dúas profesoras do IES Félix Muriel de Rianxo regresaron o sábado 7 de Nordhorn, Alemaña, onde tivo lugar o cuarto e último encontro da Asociación Escolar Comenius G.A.T.E., un proxecto no que o IES Félix Muriel vén colaborando nos últimos dous cursos académicos con centros escolares de Grecia, Polonia e Alemaña.

Con esta viaxe son xa nove os alumnos e catro os profesores que tiveron a oportunidade de achegarse  a  outras rexións europeas. Desta volta  exploraron a Baixa Saxonia alemá e mais as localidades fronteirizas holandesas próximas a Nordhorn, onde as autoridades locais encontraron especialmente interesante o proxecto G.A.T. E. porque, tal como afirmou o presidente da administración da comarca  Grafschaft Bentheim, proxectos como este axudan  ós europeos coñecerse mellor e a entenderse entre si, condición necesaria para manter a paz da que agora desfrutamos en Europa e que as novas xeracións deben lembrar  que é moi fráxil.

Media_httpuploadwikim_cckcd

Sinagoga Memorial, na Wikipedia

Os produtos elaborados colaborativamente polos catro institutos asociados son  instrumentos útiles para o mellor entendemento e comprensión entre  as catro rexións  fronteirizas involucradas, integradas en 8 estados europeos .  O último destes produtos foi presentado durante o encontro en Nordhorn. Trátase  dun glosario de viaxe en 10 linguas elaborado entre os catro centros e  do que  o deseño gráfico e a edición foron responsabilidade do instituto rianxeiro.  Comprobouse a súa utilidade durante unha actividade co alumnado na que equipos multinacionais debían poder orientarse na cidade de Nordhorn e realizar as tarefas encomendadas coa axuda do glosario G.A.T.E.

Tamén durante o encontro se proxectaron as curtametraxes realizadas  polos catro institutos asociados  nos que empregando o inglés como lingua común  mostran como o glosario elaborado por eles  os axudou a manexarse nas linguas dos outros.  Así, por exemplo,  o alumnado grego usa o galego para  pedir bebida e comida nun restaurante , os polacos preguntan a que hora sae o autobús en portugués e os rianxeiros son capaces de falar sobre a vida escolar en alemán o mesmo que os alemáns poden saudar en grego ou en castelán.

Aínda que o proxecto G.A.T.E. finaliza en xuño, a relación entre os centros non remata, xa que unha alumna do IES Félix Muriel  cursará estudos no instituto polaco de Korczyna o vindeiro curso no marco do novo programa  M.A.C.,  que permite a mobilidade de alumnado de centros que participaran en asociacións Comenius, igual que o máis coñecido Erasmus permite a mobilidade dos universitarios. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: A Subela participa este mércores 11 de maio nos actos culturais do instituto "Campo de San Alberto"

O venres actúan en Luar
Media_httpfarm6static_exnhb

Noia, 10 de maio de 2011. Este mércores 11 de maio o grupo de música tradicional do Liceo de Noia “A SUBELA” colaborará nos actos culturais que están a ter lugar no
IES “Campo de San Alberto” durante este mes, cun concerto didáctico de música tradicional dirixido aos alumnos de dito centro educativo.

Asemade, o vindeiro venres 13 de maio, este mesmo grupo actuará no programa da TVG “LUAR” interpretando dous temas do seu CD “A SUBELA” editado neste ano 2011, e que poden adquirir na conserxería da Sociedade ao prezo de 10€.

Tamén teñen programación das Letras Galegas, da que informarán en breve, pois están a rematar uns detalliños.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: poderase estudar alemán este verán no Centro Social

Boiro, 10 de maio de 2011.Os cursos de alemán que se impartirán este verán no Centro Social de Boiro presentáronse hoxe. Están promovidos polo Concello de Boiro e a Asociación Galega de Xermanistas. Asistiu o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; a concelleira de Xuventude, Dores Torrado Ares, e o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro Lorenzo, así como a secretaria de dita entidade, Elisabeth Tubío.

CURSO ALEMÁN 2011.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o alcaldable socialista anuncia que, de conseguilo, éste será o seu derradeiro mandato como alcalde

Propaganda_psoe_noia_2


Noia, 9 de maio de 2011. O alcaldable socialista de Noia e actual alcalde, Rafael García Guerrero, está a facer declaracións cando menos sorprendentes nesta campaña electoral. Por unha banda, no seu Facebook anunciou que éste será, no caso de resultar escollido polos noieses, o seu último mandato como alcalde, pois non pensa presentarse máis a este posto. Preguntado por este xornal sobre o que matina facer despois respostou que "descansar un pouco e pensar ben o seguinte paso".

Tamén se comprometeu a que se en maio de 2013 non se iniciaron as obras do aparcamento -unha promesa que están a facer todos os partidos noieses, pois é cada vez máis necesario- dimitirá. Dase dous anos, como se non tivera a experiencia do que as administracións gobernadas con cores políticas distintas poden adiar as obras: véxase a rexeneración da Ria e retirada da escolleira, que xa debía estar rematada en 2010 e aínda vai comezar este mesmo mes logo das cambadelas continuas da Xunta de Galicia gobernada polo PP.

Unha das bazas coas que se presenta a revalidar a alcaldía -só ou en compaña de aliados se non tivera maioría abondo- é a xestión económica: no seu blog confesa sen ambaxes que tralo 11 de xuño, cando sexa a sesión de investidura, a situación da débeda de Noia "situarase nun récord histórico: coido que é a mellor situación histórica da economía do concello", cun resultado orzamentario en 2010 de 1.657.000 euros de superávit.

Para convencer ao electorado da xestión levada durante estes catro anos -durante un tempo en coalición co Bng- o Psoe noiés lanzou a web http://www.noiaunsentimento.com, na que se poden ver todos os actos de campaña, o feito, o que quere facer esta formación e estes dous vídeos ilustrativos:
http://youtu.be/yqFc0faQ2vs

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical