10.5.11

Noia: o alcaldable socialista anuncia que, de conseguilo, éste será o seu derradeiro mandato como alcalde

Propaganda_psoe_noia_2


Noia, 9 de maio de 2011. O alcaldable socialista de Noia e actual alcalde, Rafael García Guerrero, está a facer declaracións cando menos sorprendentes nesta campaña electoral. Por unha banda, no seu Facebook anunciou que éste será, no caso de resultar escollido polos noieses, o seu último mandato como alcalde, pois non pensa presentarse máis a este posto. Preguntado por este xornal sobre o que matina facer despois respostou que "descansar un pouco e pensar ben o seguinte paso".

Tamén se comprometeu a que se en maio de 2013 non se iniciaron as obras do aparcamento -unha promesa que están a facer todos os partidos noieses, pois é cada vez máis necesario- dimitirá. Dase dous anos, como se non tivera a experiencia do que as administracións gobernadas con cores políticas distintas poden adiar as obras: véxase a rexeneración da Ria e retirada da escolleira, que xa debía estar rematada en 2010 e aínda vai comezar este mesmo mes logo das cambadelas continuas da Xunta de Galicia gobernada polo PP.

Unha das bazas coas que se presenta a revalidar a alcaldía -só ou en compaña de aliados se non tivera maioría abondo- é a xestión económica: no seu blog confesa sen ambaxes que tralo 11 de xuño, cando sexa a sesión de investidura, a situación da débeda de Noia "situarase nun récord histórico: coido que é a mellor situación histórica da economía do concello", cun resultado orzamentario en 2010 de 1.657.000 euros de superávit.

Para convencer ao electorado da xestión levada durante estes catro anos -durante un tempo en coalición co Bng- o Psoe noiés lanzou a web http://www.noiaunsentimento.com, na que se poden ver todos os actos de campaña, o feito, o que quere facer esta formación e estes dous vídeos ilustrativos:
http://youtu.be/yqFc0faQ2vs

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical