7.11.11

Boiro: este xoves 10 de novembro, "Contos coas mans abertas" na casa da cultura

Contos_cas_mans_abertas

http://youtu.be/IVjArsRGZXgBoiro, 7 de novembro de 2011. Este xoves, día 10 de novembro, preséntase na casa da cultura "Ramón Martínez López" de Boiro o espectáculo  "Contos coas mans abertas", a cargo da compañía A Tropa de Trapo. É unha representación escénica, na modalidade decontos con músicaen directo, dirixida a adultos e adolescentes, a partires do 16 anos. O espectáculo denominado “CONTOS COAS MANS ABERTAS” recopila historias reais, humanas, sinceras, cheas de esperanza, humor e amor. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos…todo misturado cun ritmo entretido. Ás oito da tarde, no salón de actos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: novo ciclo de "Ponte a andar". Este domingo 13, camiñata en Porto do SonTA DE SENDEIRISMO POLAS FURNAS E RÍO SIEIRA

Ponte-a-andar-2011


Ribeira, 7 de novembro de 2011. Este domingo día 13 de novembro principiará unha nova edición do ciclo de andainas Ponte Andar, unha iniciativa promovida conxuntamente pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.  

A primeira das rutas de sendeirismo programadas terá lugar na data indicada, en horario de saída ás 10 da mañá e chegada estimada ás 12 do mediodía. Partirá do colexio de Xuño (Cámping Frafa Balada) e despois de descorrer polas praias das Furnas, Río Sieira e  O Lago regresará ao punto de partida, completando unha distancia aproximada de 10 quilómetros. 

A ruta descorre toda pola costa cun perfil practicamente chan, e moi asumible, polo que se cualifica coma de "dificultade baixa".

A inscrición é libre e gratuíta. Non fai falla anotarse en ningún sitio, aínda que se agradece que se notifique a asistencia á dirección corgo@cofradiadadorma.com.

Os únicos requisitos que se piden é:

  • Puntualidade na hora da saída e no lugar que se indica en cada ruta.
  • Roupa e calzado cómodo e apto para o tipo de actividade que se vai levar a cabo.
  • Algo de beber para o camiño, ou un recipiente no que poder portar líquido.
  • E, por suposto, atende-las instrucións dos monitores en cada ruta.

A ter en conta que:

  • Os nenos e menores de 16 anos deben ir acompañados dos pais ou titores que se farán responsables deles e lle notificarán ós monitores cal é o adulto que os tutela.
  • Non se permiten animais de compañía.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: alumnos e profesores do instituto están en Grecia esta semana, no programa Comenius

Media_httpuploadwikim_jrzsu

Parlamento grego. Imaxe da Wikipedia

A Pobra, 7 de novembro de 2011. Un reducido grupo de profesores e alumnas do Ies da Pobra está en Grecia, no marco das actividades do proxecto Comenius “Let´s eat history”.

Dende o pasado venres e ata este vindeiro sábado, catro profesores e catro alumnas visitan Atenas e logo trasladaranse a Alexandroupolis, onde serán recibidos pola comunidade educativa do 2 Epal of Alexandroupolis. Alí reuniránse tamén con representantes do Liceo Scientifico Michele Cipolla de Italia, Athénée Royal Jean Rey de Bélxica e Lapiu Pagrindine Mokykla de Lituania. Este último centro xa exerceu de anfitrión o pasado mes de maio nos encontros que se celebraron en Klaipedos.
  Ao longo da semana realizarán sesións de traballo sobre o tema do proxecto: productos alimenticios con grande repercusión económica e social de cada unha das rexións participantes. Nestas sesións as alumnas da Pobra presentarán os traballos que varios grupos de alumnos veñen desenvolvendo dende o curso pasado.

Pero mais importante é que convivirán cos profesores, alumnos e familias, aprendendo os costumes, modos de vida e xeitos de ensino-aprendizaxe distintos ós nosos. Tamén tentarán aprender algo de grego, pero prevense mellores resultados co inglés como idioma de comunicación (aínda que o francés, o italiano e o español tamén serven para entenderse neste grupo tan hetereoxéneo).

Está previsto que realicen tamén varias viaxes e visitas culturais: Museo Etnolóxico de Tracia, Soufli a “cidade da seda”, o bosque de Dadia para avistar diversas especies de páxaros, o espazo arqueolóxico de Messivra, percorrido en barco polo delta do rio Evros (fronteira natural de Grecia e Turquía), etc. Tamén serán recibidos polo alcalde da cidade, e realizarán visita guidada pola mesma, percorrendo o centro histórico e a catedral.

"Os que non poidemos participar directamente na viaxe, esperamos impacientes o seu regreso para que nos transmitan as súas experiencias, e nos traian unha valoración en primeira persoa dos convulsos momentos que está a vivir Grecia, pais ao que xa nos sentimos dende agora un chisco máis vencellados", explican dende o instituto pobrense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Natureza: a Sociedade Galega de Historia Natural edita o "Paspallás" 50 en aberto

Paspallas 50 - tres decadas.pdf Download this file

  • Conmemora tres décadas desta revista
  • Chama a atención aquel artigo de 1993: "Unha vez máis, nunca máis". E 11 anos despois chegaría o Prestige co señor dos "hilillos" que agora se presenta a presidente do Goberno
  • Tamén é salientable a sesuda análise do conselleiro Del Álamo: "a Sociedade Galega de Historia Natural está en pleno declive e non representa a ninguén". Alguén se lembra de Del Álamo? Lean a carta que lle adican en 2000.
  • A editoral de maio de 2009 foi profética: xuntar a consellería de Medio Ambiente coa de Infraestruturas está a sepultar baixo formigón e asfalto máis e máis territorio, sexa protexido ou non.
  •  E a de abril de 2010 mete o dedo na ferida: malia a crise, os proxectos de paseos marítimos ou fluviais caros e absurdos seguen sen límite
Barbanza-Noia, 7 de novembro de 2011. A Sociedade Galega de Historia Natural celebra o acadar a publicación de 50 números da súa revista de protección e estudo da natuteza do Reino de Galicia cunha edición en aberto, da que nos fan partícipes.

Este número especial celebra 50 exemplares e tres décadas desta entidade, que algúns deron por morta antes de tempo. Dende Certo desexámoslles outras tres décadas e 50 números máis, alomenos, na defensa do patrimonio natural galego. E convidamos aos lectores de Certo a que espallen este Paspallás entre os seus amig@s e coñecid@s.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical