30.12.11

Rianxo: martes 3 e mércores 4 de xaneiro, O Apalpador e os paxes dos Reis Magos fanse a competencia

Rianxo: o mércores 4 de xaneiro preséntase o último libro do noiés Ramón Carredano

Rianxo_libro_carredano

  • Con "ANACAONA. EL FIN DE UNA RAZA", o autor segue na xira de presentacións por estas bisbarras

Rianxo, 30 de Nadal de 2011. O vindeiro mércores día 4 de xaneiro, xa en 2012, ás 20.30 horas, terá lugar no Centro Sociocultural - Auditorio a presentación do libro "ANACAONA. EL FIN DE UNA RAZA", do autor Ramón Carredano Cobas. 

A presentación contará coa participación de: XOSÉ RICARDO LOSADA, Escritor rianxeiro, RAMÓN CARREDANO COBAS, Autor do libro e ADOLFO MUIÑOS SÁNCHEZ Alcalde de Rianxo. Monólogo a cargo da actriz ROSA CAAMAÑO.

Relacionado:


Ramón Carredano Cobas, por R. Torrado

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Ámbar celebrou a súa festa de Fin de Ano nunha discoteca local

Boiro, 30 de Nadal de 2011. A tarde do pasado mércores 28 de decembro, Día dos Inocentes, persoal e usuarios do Centro Ocupacional e Centro de Día AMBAR vestíronse coas súas mellores galas para celebrar a festa de fin de ano nunha discoteca local de Boiro.

O pistoletazo de saída deuno un orixinal “photocall” preparado para a ocasión con palabras que evocan bos desexos para o aninovo, e polo cal foron pasando todas as persoas que ían chegando ao lugar de celebración a partir das cinco da tarde.

Posteriormente deu comezo a gala dirixida por un Xosé Ramón Gayoso, asombrosamente remocicado, e que foi presentando a tódolos convidados a este evento. Por alí pasaron estrelas da música española como Lucía Pérez e Isabel Pantoja, e persoaxes destacados do mundo do lixo televisivo, como Jorge Javier Vázquez e Belén Esteban.

Trala actuación dos imitadores, non faltaron o baile e as doce uvas da sorte, con badaladas incluídas que foron retransmitidas dende unha tele xigante preparada para a ocasión. A festa rematou cara ás dez da noite despois de recibir a visita do “Apalpador” (figura mítica das zonas do este de Galicia que segundo a tradición na noite do 24 ou 31 de decembro baixa a tocar o ventre dos nenos, por ver se están ben mantidos, deixándolles unha chea de castañas, ou agasallos e desexándolles que teñan un aninovo cheo de felicidade e comida). O Apalpador boirense foi repartindo agasallos e caramelos a tódolos asistentes, un por un.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: unha conferencia do profesor Losada Carregal no conservatorio puxo fin ao Ano Cunqueiro

Cunqueiro_conserv_28_12_11

  • “As mil primaveras de Cunqueiro” floreceron no salón de actos do conservatorio municipal 

Ribeira, 30 de decembro de 2011: A Concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Mari Carmen Vizcaya Sampedro, acompañada da Técnica do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, presentou o pasado día 28 de decembro a conferencia do profesor Santiago Losada Carregal, cadrando co peche do ano en que se conmemora o centenario do nacemento de D. Álvaro.

Esta tarde cunqueirá gozou ademais da colaboración dos profesores do Conservatorio Profesional de Música, Ángel Blanco Tomé, ao cello, e mais Luis Blanco Picos, ao piano, que abriron e pecharon o acto agasallando ao público cunhas pezas de inspiración tradicional. 

Actos celebrados polo centenario do bardo mindoniense

Ao longo deste 2011, en Ribeira, rendíuselle merecida homenaxe a Cunqueiro. O auditorio acolleu a posta en escena de Feirantes da compañía ArteEstudio, baseada nos Os outros feirantes do ano 79, e que lle valera o premio da Crítica Galega ao autor.  

Tamén no auditorio municipal, tivo lugar a estrea do filme Sinbad, baseado na obra Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961). Parte dos exteriores da película rodáranse na primavera deste 2011 nas parroquias de Palmeira e Corrubedo, o que provocou uns días de rebumbio case festivo ante a posibilidade da presenza de actores tan coñecidos como Xosé Olveira “Pico”, Sinbad; Luis Castro Zahera (aquel inesquecible “Petróleo”) ou Antonio Durán “Morris”.  

No concorrido Ateneo Valle-Inclán, os intelectuais Manel Loureiro, Manel Jabois, Rodrigo Cota e Uxío Novoneyra, fillo do poeta do Courel, puxeron en común o seu coñecemento sobre o escritor mindoniense. 

Acabou Ribeira este ano do Centenario de Cunqueiro coa conferencia do profesor Losada Carregal, “As mil primaveras de Cunqueiro”, que fixo florecer nos maxíns do público asistente a marabilla do seu mundo literario. A excelsa narrativa, o seu teatro, a poesía neotrobadoresca, tan coñecida grazas á voz de Amancio Prada, ou a gastronomía que estudou e describiu con tanto acerto que son xa parte do noso acervo cultural. Son parte de Galicia: a razón e os soños de Cunqueiro.

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a pachanga de fin de ano dos amigos do Señor José Fraga é este sábado 31 na Fieiteira

Boceto

Ribeira, 30 de Nadal de 2011. Este sábado, ás 12:00 do mediodía vaise botar a tradicional pachanga -é como o fútbol, pero a modiño- de fin de ano na Fieiteira, que este ano estará dedicado ao recentemente finado José Fraga.


Os equipos estarán nesta ocasión formados por xogadores nados nos anos 70 do século pasado vs. nacidos nos 80 (dese mesmo século, aínda que algún se conservara tan mal que pareza que é xa do XIX). Case todos os participantes son xogadores ou ex-xogadores dos equipos de Ribeira, capital de Barbanza, por moito que lle pese a Boiro.

Como é habitual, rematarán cun pincho e un brinde polo Aninovo, para ir quentando para a pantagruélica cea que se estila por estas bisbarras coa escusa de tomar unha ducia de uvas mentres se escoitan unhas badaladas.

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical