22.11.10

Lousame: a banda de música municipal celebra Santa Icía o sábado 27 con misa e concerto


Igrexa de San Pedro de Tállara, en Lousame
Lousame, por Santa Icía.  A Banda de Música Municipal de Lousame celebra a festividade da patrona dos músicos, Santa Icía, que é hoxe, cunha misa e un concerto que terán lugar o día 27 de novembro ás 7 da tarde na igrexa de San Pedro de Tállara. Neste concerto presentarase o novo repertorio que se vai interpretar ao longo do próximo ano nas diversas festas e actuacións desta banda.

Semana musical de Noia

Igrexa de San Martiño en Noia

O día 28 de novembro a Banda Municipal de Música de Lousame clausarará a 34 Semana Musical de Noia cun concerto que terá lugar na Igrexa de San Martiño ás 20.30 da noite. Esta actividade cultural é unha das máis antigas e recoñecidas en toda Galicia no ámbito musical e por ela  teñen pasado as mellores agrupacións e solistas da nosa comunidade. Neste concerto, a banda presentará tamén parte do seu novo repertorio,  o cal interpretará nesta nova tempada.

Canle en YouTube da Banda de Lousame: http://www.youtube.com/user/BandaLousame

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: critican o sistema de reparto de entradas para os espectáculos do auditorio

Rianxo, 22 de novembro de 2010. Varios veciños de Rianxo veñen queixándose do que consideran "reparto de entradas totalmente arbitrario e amañado" para as actividades e espectáculos que se ofrecen no auditorio municipal. A pinga que colmou o vaso chegoulle a Óscar Reboiras este sábado pasado, o 20 de novembro, coa actuación do mago rianxeiro Alán Golias.

Adícalle a este caso unha entrada enteira no seu interesantísimo blog fotográfico, Fotos de Rianxo, xa que considera que "non é lóxico que haxa 300 prazas de capacidade no auditorio, indiquen que se comecen a repartir ás 19:30 horas e unha vez que chegas alí a esa hora non haxa ningunha. Non é tampouco a primeira vez que pasa, xa que varios veciños me comentaron que non hai moito houbo unha obra de teatro con catro funcións e pasou practicamente o mesmo: mentres que algúns veciños non puideron ir nin unha soa vez, outros tiveron entradas para os catro pases".

Poden ler a entrada completa aquí

E se vostede non foi á actuación do mago Golias, pode ver un anaquiño xa na Rede, subido a Youtube por Xensboy, alias do escritor Ramón Torrado, colaborador de Certo:

Na información do vídeo, Xensboy comenta: "Só gravei unha pequena parte do seu extraordinario espectáculo para non desvelar nada. Pola miña parte, de xeito amistoso, só lle ofrezo a Alán tres consellos ou opinións: pode prolongar un pouco menos a parte dos naipes, ter un micro para a xente do público cando ten que dicir algo, e respectar sempre a estes invitados. Alán ten un humor moi simpático e atrevido (dúas veces me tocou que fora á miña costa) que por intres é subido de ton - os magos tamén teñen hormonas!"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Voleibol: cinco victorias y dos derrotas para los equipos de Boiro en el fin de semana del 20 de noviembre

Crónica de María Cortés Ayaso

Fin de semana positivo para nuestros equipos, que dieron la cara en sus respectivos encuentros con un cómputo general de 5 victorias contra 2 derrotas para el club. Cabe destacar otra semana más el increíble ambiente que había en "A Cachada" durante los encuentros, GRACIAS A TODOS por animar y acompañar a los equipos del Boiro Voleibol.

Imagen del blog Boiro Voleibol

1ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL 
3-0
 CV ZALAETA (26-24, 25-17, 25-18)
Nueva victoria del HIPESCAR dirigido por Emilio Palacio, que siguen acumulando minutos de juego como equipo y ganando en confianza y buenas sensaciones de cara a futuros compromisos. Se vio un primer set de muy buen nivel por parte de ambos equipos llegando a un final ajustado tal y como refleja el tanteador (26-24). En los dos siguientes parciales el HIPESCAR no daba opción al Zalaeta basando su juego en una muy buena recepción y defensa y a un inspiradísimo Narciso Abalo en ataque.
Jugaron por el Hipescar Boiro Voleibol: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Iago Vidal, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez y Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Gustavo Romero, Manuel Pérez Andrade, Miguel Vázquez, Ignacio Cibeira "Frigu" y Daniel Eiras.

Otros resultados del fin de semana fueron: 
AULE 
2-3
 Club Vigo Voleibol B (25-21, 25-18, 12-25, 16-25, 16-18); 
San Sadurniño 
3-1
 CV Rianxo (15-25, 25-20, 27-25, 25-21); 
Universidad Valladolid 
3-0
 Auria Vella Voleyourense (25-15, 25-12, 25-13) quedando la clasificación de la siguiente manera:

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Universidad de Valladolid 3 3 0 0 9 2 258 204 6
2 Club Vigo Voleibol B 3 3 0 0 9 2 257 222 6
3 Aule 4 2 2 0 9 7 359 360 6
4 Zalaeta 4 2 2 0 6 8 327 326 6
5 Hipescar Boiro Voleibol 3 2 1 0 8 5 295 265 5
6 CV Rianxo 4 1 3 0 6 10 355 368 5
7 Auria Vella Voleyourense 4 1 3 0 6 10 322 376 5
8 San Sadurniño 4 1 3 0 5 10 323 365 5
9 CID Jovellanos 3 1 2 0 4 8 264 274 4

2ª DIVISIÓN A GALLEGA MASCULINA
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 C.V. ZALAETA 
(25-14, 25-19, 25-19)
Encuentro sin problemas para el REDESYL, que saldó con una victoria su andadura en la 2ª división autonómica. El equipo de Antón Pérez se mostró sólido durante todo el encuntro debido a la buena aportación en ataque de Xavier Sarille y Roberto Rodríguez "Tito". 
Jugaron por el REDESYL BOIRO VOLEIBOL: Luis Lustres, Roberto Rodríguez "Tito", Fran Outeiral, Marcos Figueira, Xavier Sarilla, Manuel Pérez "Cholo" y Diego Alcalde (líbero). Como reservas actuaron Alén Gacía, Rubén Taibo, Fran López, Juan Resúa y Juan "Mande"

2ª DIVISIÓN AL GALLEGA FEMENINA
PROBOIN BOIRO VOLEIBOL 3-0 VOLEY ARTEIXO
Contundente triunfo del nuestras chicas del PROBOIN, que sirve para alcanzar el liderato de la 2ª división autonómica. Las de Andrés Martínez demostraron un buen orden táctico basado en una buena recepción y defensa que les permitió dominar el partido ante un rival que prometía mucha batalla en el polideportivo de Barraña. El REDESYL parece poder afrontar cualquier situación complicada ya que afrontaban el partido con la sensible baja de su líbero Carla Castro (sufre un esguince) por lo que las centrales del equipo tuvieron que multiplicar sus funciones en la línea de recepción y en labores defensivas. 
Por el Proboin Boiro Voleibol jugaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, Anael Gómez, Carolina Cuadros y Alicia Novoa. Como reserva actuaba Sara Martínez.

La tabla clasificatoria queda tal que así:

EQUIPO
PJ
PG
PP
NP
JF
JC
TF
TC
PUNTOS

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: a editorial noiesa Toxosoutos participa na Feira Internacional do Libro de Guadalajara en México do 27 de novembro ao 6 de decembro

A Consellería de Cultura e Turismo promove o stand no que estará a editorial de Noia xunto con outras 17 de Galicia

Noia, 22 de novembro de 2010.- Un stand compartido pola Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores permitirá a promoción do libro galego na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México), entre o 27 de novembro e o 6 de decembro. Este ano terá unha especial relevancia a celebración en Galicia do Ano do Libro e da Lectura, segundo di a Xunta, xa que se presentarán as novidades dun total de 18 editoriais galegas, entre elas a noiesa Toxosoutos.

Coñecida como a FIL, a Feira Internacional do Libro é un dos eventos máis importantes do xénero no mundo hispano e está organizada pola Universidade de Guadalajara. Trátase dunha feira non exclusivamente de carácter profesional senón aberta ao público. Na pasada edición asistiron a este evento uns 2.000 editores de 40 países, 17.000 profesionais do sector e 600.000 visitantes, o que amosa a importancia desta cita.

A representación institucional da Xunta de Galicia correrá a cargo do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López. No stand galego, situado na zona internacional, estarán presentes, ademais de Toxosoutos, as seguintes editoriais: Luis Vives, Ideas Propias, Xerais, Kalandraka, Do Cumio, KNS Edicións, Rodeira-Edebé, Baía Edicións, Ir Indo, Everest, Obradoiro, Oqo, El Patito, Galaxia, Biblos, Amiris Edicións e Linteo.

Entre os libros destacados de Toxosoutos estarán os novos das súas colección Keltia, Anais e Trivium, así como o interesante "50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega", do ferrolán Fernando Fdez Rego ou a novela de Jorge Emilio Bóveda "A vila das ánimas".

Dentro do programa deseñado para a FIL de Guadalajara e para conmemorar neste foro a efeméride do Centenario de Gonzalo Torrente Ballester, o día 3 de decembro está prevista a presentación da edición en banda deseñada da súa obra Fragmentos de Apocalipsis, con guión de César Lombera e debuxos de Jaime Asensi. Nesta presentación intervirán o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura e a directora da Fundación GTB, Carmen Becerra.

Os escritores galegos José Antonio Neira Cruz e Xavier Alcalá participarán no programa Ecos de la FIL, un foro de encontro entre autores e os lectores máis novos. A través deste programa, posibilitarase que os narradores, poetas e xornalistas que acoden á Feira do Libro compartan espazo e tempo co público novo que non pode asistir ao recinto feiral. Será os días 30 de novembro e 1 de decembro, nos que Neira Cruz e Xavier Alcalá manterán un encontro con estudantes de Guadalajara. Ademais, José Antonio Neira Cruz participará o día 29 de novembro nunha entrevista cos lectores e público en xeral baixo o título El placer de la lectura.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello programou unha serie de actividades para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero

Dodro, 22 de novembro de 2010. A concellaría de Igualdade e Benestar fixo público o programa para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, este vindeiro xoves, 25 de novembro. A celebración inclúe actividades toda a semana para  incidir na necesidade de traballar contra a violencia machista todos os días do ano.

“Este programa contén actuacións públicas dirixidas a sensibilizar á poboación e provocar que se fale deste grave problema, entre elas a exhibición dunha pancarta nos balcóns da Casa do Concello ou a concentración en Padrón; outras de tipo formativo para a poboación máis nova, neste caso a actuación do grupo Chévere no colexio; e outras pensadas para todo o ano a través da presentación do II Plan de Igualdade”,
sinalou a concelleira nacionalista Victoria Rei, responsable das políticas de Igualdade no concello de Dodro.

Durante toda a semana, entre o 22 e o 26 de novembro estará colgada nos balcóns da Casa do Concello, como xa é tradición nos últimos anos, aa pancarta co lema  “O concello de Dodro pola igualdade, contra a violencia machista”, como parte visible da declaración institucional contra a violencia machista.

O día 26 de novembro, venres, farase a presentación da publicación en papel do II Plan de Igualdade para o concello de Dodro, que inclúe 200 exemplares do documento e 1200 dípticos de difusión. Como xa se informou no seu día, este documento foi elaborado ao abeiro dunha subvención da Deputación, coa finalidade de traballar pola igualdade durante todo o ano e en todas as áreas, como a mellor forma de combatir a violencia de xénero: promovendo a igualdade. Segundo a concelleira Victoria Rei, “este é o compromiso do BNG no goberno local, e así se recolle neste plan”.

Tamén o venres, haberá unha actuación do grupo “Chévere”, ás 11,30 horas, no colexio Eusebio Lorenzo Baleirón para o alumnado de secundaria coa conferencia-espectáculo “Os Dildos, making off de xénero”, representando fragmentos das obras “Ser home por un día” e “Testosterona”. Trátase dun novo formato de traballar os contidos relacionados coa muller, a identidade ou o xénero. “Así sumamos a esta compañía de teatro de prestixiosos profesionais na concienciación da xente máis nova do concello que teñen o futuro nas súas mans. Queremos que sexa un futuro en igualdade, por eso é preciso traballar con mozos e mozas que aínda non iniciaron ou están iniciando as súas relacións”, explicou Victoria Rei.


Concentración en Padrón do ano pasado

O domingo, 28 de novembro, será o día da concentración na praza De Macías en Padrón, como xa vén sendo tradicional, e que está convocada polos tres concellos da comarca do Sar: Dodro, Rois e Padrón. A tenenta de alcalde e concelleira do BNG, Victoria Rei, anima á poboación a sumarse a esta concentración.

O ano pasado, en Certo:
Rematou a Semana contra a Violencia de Xénero

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical