30.10.09

Lingua galega: anécdotas á orde do día

Madrugada do sábado 24 ao domingo 25 de outubro do 2009, WestSaloon, Ferrol, 5 e pico da madrugada (ou se cadra 6 e pico, co conto do cambio de hora), local ateigado. Un rapaz baixiño e xeitos femininos achégase a min.

Fulanito: Hola, mira, te quiero presentar a mi amiga.
Eu: (sorrindo por fóra e por dentro) Vale...
Fulanito: ¿Cómo te llamas?
Eu: Zitanito

Fulanito: Menganita, este es Zitanito. Zitanito, esta es Menganita.

Protocolarios dous bicos

Menganita: Hola, ¿de dónde eres?
Eu: De Mugardos, ¿e ti?
Menganita: ¿Eh, hablas gallego?
Eu: Falo ruso se queres.
Menganita: ¡Uf! Mira, es que de Mugardos y hablando gallego, no puedo, ¡eh!
Eu: Estás de coña...
Menganita: Es que yo soy del centro de Ferrol, ¿sabes? Paso dese rollo del gallego.

Miro para Menganita, miro para Fulanito, que abre os ollos como dicíndome "eu tamén estou flipando" e logo volvo a mirar para Menganita.

Eu: Si, es lo malo que tenemos las minorías. Unos nacen negros, otros homosexuales, otros hablando gallego... yo soy peor aún, que no te lo hablaba hasta el instituto, fíjate... Cuanta chusma, ¿verdad?

Fulanito tenta disimular un sorriso

Eu: Bueno, guapita, marcho a hablarles en gallego a mis amigos de la aldea. Deica. Oes Fulanito, encantado, eh.
Fulanito: ¡Igualmente!

Anécdota, tamén real, escoitada nunha cea de estudantes de Dereito:

"A mí no me molesta que estas chicas hablen gallego o lo que quieran. A mí lo que me molesta es que suelan llevar las bragas de color carne. Eso si que no lo aguanto".

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Valle-Inclán: calquera tempo pasado foi anterior

XENIO AROUSÁN

O director xeral de Cultura enxalza a Valle Inclán como "un xenio singular, personaxe único, artista sublime e orixinal"

[28/10/2009] Tras asistir na Deputación de Pontevedra á reunión do xurado que fallou o premio Valle Inclán, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura eloxiou o labor do escritor.


Vilanova de Arousa (Pontevedra).- Francisco López, enxalzou a figura de Valle Inclán como "fabulador e creador de personaxes que perviven cunha forza única e misteriosa no noso imaxinario, no imaxinario de cantos aquí estamos, no de toda a sociedade que o le ou o escoita subxugado por un máxico recendo que non somos quen de explicar, que nunca o seríamos de repetir. "Un xenio singular, personaxe único, artista sublime, orixinal", resumiu.

Na homenaxe floral en Vilanova de Arousa no aniversario do nacemento de Valle Inclán, organizado polo concello e a Deputación de Pontevedra, Francisco López eloxiou a singularidade e excepción do xenio de Vilanova de Arousa insistindo en que "xa non hai artistas como os de antes porque algunha razón haberá para que xa non se repitan, para que saibamos ademais que non se van repetir figuras como a de Don Ramón del Valle Inclán". "Xa nunca máis haberá outro don Ramón del Valle Inclán", finalizou.

Respecto a súa escritura e a visión que adoitaba presentar da realidade, Francisco López apuntou que de Valle Inclán "quédanos o recordo, a obra, a imaxe impactante, a frase fermosa, adecuada, a humanidade agochada na miseria ou na crueldade, a forza dun Deus nitscheano, alleo ó sufrimento, artista sempre sen embargo nas máis duras ou nas máis débiles das súas criaturas, das súas invencións". O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura cominou que detrás de todo este legado deixado polo escritor arousán "é onde aínda podemos atopar ao propio Valle Inclán, como unha invención máis da súa fantasía, como a mellor e máis grande das súas creacións".

Finalmente, Francisco López, lembrou a pegada da obra de Valle Inclán que non deixa indiferente de ningún modo a aquel que o le, "todos cantos en certo modo deixamos de ser os mesmos despois de lelo sabemos perfectamente porqué. E esta convicción interna, este sentimento de admiración agradecida estou seguro é compartido por cantos hoxe estamos aquí", rematou.

  • O director de Cultura asegura que as imaxes de Ruth Matilda Anderson exemplifican o traballo "para crear lazos co exterior desde unha marca de calidade de Galicia"
    [30/10/2009]
  • Asinado o Plan de competitividade turística de Vigo, turismo urbano e de ría por un importe total de 3.900.000 euros
    [29/10/2009]
  • Varela presenta uns orzamentos "adecuados á realidade e dinamizadores da economía galega a través da cultura e do turismo"
    [29/10/2009]
  • Galicia rexistrou este mes de setembro un 3,8% máis de viaxeiros aloxados en hoteis que no mesmo mes en 2008
    [28/10/2009]

  • O director xeral de Cultura ten que saír máis á rúa. E dicir menos obviedades. Ou escoitar máis a Les Luthiers.

    Se pasan por Pontevedra, non se perdan a exposición de caricaturas de Valle-Inclán: http://museo.depo.es/noticias/notas.de.prensa/ga.02010157.html

    Xa se coñece o nome dos gañadores do premio Valle-Inclán de Investigación:
    http://www.depontevedra.es/?1,561,19275

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Aguiño: o premio Xoán Manuel Pintos foi para a Romaxe de Crentes Galegos

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Tecnoloxía: crean un localizador de barreiras arquitectónicas

    32 - Prueba de Sitio Libre de Barreras!!!

    Creada el 23 de Junio de 2009 por admin

    Provincia: Granada
    Localidad: Granada

    BIEN!!! Hemos conseguido arreglar una barrera. Poco a poco esperemos ver el mapa lleno de iconos verdes.

    Acera

    Libredebarreras.es é un novo servizo (aínda en fase beta) que promove a eliminación de barreiras arquitectónicas en España. Coa colaboración de voluntarios que estean sensibilizados con esta tarefa esperan mobilizar conciencias e que pouco a pouco as rúas deste país sexan accesibles para todos e non só para os que camiñan sobre dúas pernas.

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    A Pobra: Moción sobre Cambio Climático do PSOE

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Dodro: programa das Xornadas de Saúde e Benestar

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Curiosidades: hai asociacións para todo, tamén de cemiterios singulares

    Aquí na bisbarra non temos ningún nisa "catejoría". Pero hainos ben guapos, coma o de Noia. Pablo Portero, de Ferrol, abre a súa curta experimental con el. Vexa a entrevista en Certo.


    O de Queiruga, en Porto do Son, ten unhas vistas fabulosas a Baroña.

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Mar: o Bng pide a limpeza dos fondos mariños no litoral

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Medicina: un buscador de especialistas

    Pode ser xenial pero tamén pode ter o lado malo: que lle collan manía a alguén e o crucifiquen a comentarios negativos. Iremos probando...
    http://masquemedicos.com

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    A Pobra: Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical