- Amosáronlles o procedemento para obter seda, desde o coidado dos vermes ao enfiado
- A iniciativa de Economía e Industria ten por obxectivo concienciar á sociedade, comezando polos rapaces, do valor do produto feito á man
Rianxo, 25 de febreiro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria presentou hoxe no CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao o módulo O gremio da seda do programa didáctico “Enredando, artesanía na escola”, unha iniciativa organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que ten por obxectivo achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos en maior medida.
“Enredando, artesanía na escola”, que se iniciou no curso 2011-2012, chegou na súa primeira edición a case 4.000 alumnos e alumnas de toda Galicia. Durante este curso chegará a 22 localidades galegas, ofrecendo aos alumnos de educación infantil, primaria e secundaria a oportunidade de coñecer de preto o sector da artesanía.
Coa unidade didáctica presentada hoxe achégaselles aos estudantes o procedemento da obtención da seda, desde o coidado dos vermes ata a extracción e enfiado da seda dos casulos. Como novidade este ano preséntase tamén para alumnos de secundaria o módulo Do papel ao libro, no que os participantes elaboran artesanalmente follas de papel que logo encadernan.
Co programa “Enredando”, a Consellería de Economía e Industria persegue concienciar á sociedade do valor do produto feito á man, comezando polos máis novos, así como presentarlle aos rapaces a artesanía como unha alternativa para o seu futuro laboral. Deste xeito, contribúese a favorecer o relevo xeracional nos oficios máis tradicionais e promóvese o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores, trasladando aos cativos o valor engadido da artesanía no que se refire á súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.
Cultura: homenaxe de @altofalante e da @xunta a Rosalía de Castro no 150 aniversario de "Cantares Gallegos" post.ly/ADkne
— Certo (@Certo) February 25, 2013
"O mar de Rianxo foi o quemeteu dentro do espírito de Castelao o grande amor que encheu a súavida". (Cuevillas) certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) February 25, 2013
Adelantos de @elmundotoday "Varios miembros del PSOE intentan abandonar a Rubalcaba en una gasolinera" cc @marinaf3g0
— Thaïs Muñoz (@Thaismunozg) February 25, 2013
O de Méndez Ferrín xa dá para canción de @terbutalina Dimitiu por xente que vai de juay e non fai pé nunha posa.terbutalina.bandcamp.com/track/furac-n
— Certo (@Certo) February 25, 2013
A entrevista de @luispousa en @lavozdegalicia a Axeitos é IMPRESCINDIBLE. Como galego sinto vergonza coas declaracións do secretario da RAG.
— Xosé Carlos Caneiro (@xccaneiro) February 25, 2013
"A sociedade rural de inicios do século XXI en Galicia é unha sociedade do medo e da soedade" manuelgago.org/blog/index.php… Duro artigo de @magago
— Certo (@Certo) February 25, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia