4.9.12

Rianxo: programa de actividades de Fogo Fatuo para este curso 2012-2013

Lousame: Compromiso X Galicia quere que se reduzan á metade as retribucións por plenos, comisións e xuntas de goberno

Lousame, 4 de setembro de 2012. Compromiso X Galicia de Lousame levará ao pleno unha reducción do 50% nas
retribucións en plenos, comisión e nas xuntas de goberno. Antón Ageitos, concelleiro de Compromiso X Galicia en Lousame vén de presentar unha moción no rexistro do concello neste sentido. O obxectivo desta moción é que a
coorporación tome o acordo de rebaixar nun 50% as prestación que reciben os concelleiros e concelleiras por asistir aos plenos, as comisións e as xuntas de goberno local.

Ageitos asegura que “ Con este acordo faremos un guiño a cidadanía, que demanda unha reciclaxe da clase política”, o concelleiro de Lousame asegurá que espera que o grupo municipal do Partido Popular vote a favor de esta media xa que así demostrarán que están en política para servir ao pobo e non para servirse a si mesmos. Ademáis dí Ageitos que “ xa que se lle piden á cidadanía que aperte o cinto de forma ilexítima, tamén o terán que apretar eles”. Criticou a proposta de Santiago Freire de rebaixar estas prestacións ao 7,1% xa que “ Compromiso considera que esta rebaixa non é real, esa proposta é un lavado de cara ou mesmo un titular dun xornal de zona”.

Primarias en Compromiso

O referente local de Compromiso X Galicia, Antón Ageitos aproveita para pedir que o maior número de xente se anote na páxina web de Compromiso X Galicia: www.compromisoxgalicia.org as primarias nas que poderán expresar a súa opinión toda a cidadanía que acepte as bases de CXG.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 6 de setembro, concentración na porta do Hospital da Barbanza

Ribeira_concentracin

Ribeira, 4 de setembro de 2012. Seguen as manifestacións e concentracións contra a política de recortes en materia sanitaria dos gobernos de Núñez Feijóo e Mariano Rajoy. Esta semana, ademais do acto de hoxe en Rianxo, haberá o vindeiro xoves, ás doce do mediodía, unha concentración diante da porta do Hospital da Barbanza.

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: a mancomunidade Arousa-Norte crea unha bolsa cooperativa para fomentar o autoemprego

  • A través da Oficina de Fomento do Cooperativismo

Media_httparousanorte_eifjj

Cabeceira do blog no que se pode ver esta iniciativa

Barbanza, 4 de setembro de 2012. A Mancomunidade de municipios Arousa norte conta dende inicios do mes pasado cunha oficina de fomento cooperativo, na que se traballa co fin de divulgar os valores cooperativos e concienciar á sociedade dos seus beneficios, promover o cooperativismo na comarca e dar soporte e apoio a aqueles proxectos cooperativos emerxentes. 

      Un dos medios empregados para difundir o cooperativismo é o blogue de emprego de Arousa Norte, no que se ofrece información, novas de actualidade e formación nesta materia, entre outras.  

Compartir idea de negocio e riscos

      A Oficina de Fomento Cooperativo asegura que "a idea de emprendemento resulta moi atractiva, pero pode ser que resulte inviable debido á falla de recursos, de preparación, ou no caso do cooperativismo, de persoas coas que iniciarse no mundo empresarial, coas que se comparta formación, experiencia ou un proxecto de negocio, e incluso riscos.  É ésta razón pola cal, co fin de divulgar o cooperativismo na comarca do Barbanza e fomentar a economía social e a creación de emprego a través da fórmula cooperativa, a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade elaborou unhas bases de participación para unha BOLSA COOPERATIVA na que se poderán apuntar todas aquelas persoas que estean buscando socios para o seu proxecto cooperativo ou que queiran ofrecerse para formar parte doutros proxectos que xa estean en camiño. A idea é poñer en contacto a dúas ou máis persoas descoñecidas entre sí, pero que compartan unha idea de negocio, formación ou experiencia profesional, e así poidan materializar a creación da súa empresa e o seu propio posto de traballo, compartindo os riscos que isto supón". 

      Poden obterse as bases da Bolsa Cooperativa, así como o formulario de participación, a través do blogue de emprego de Arousa Norte, arousanortemprego.wordpress.com, no apartado de Fomento Cooperativo, ou ben accedendo directamente neste enlace: 

http://arousanortemprego.wordpress.com/fomento-do-cooperativismo/bolsa-cooperativa/ 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o novo obradoiro de emprego que pide o Concello chamaríase "Vionta"

  •  Tería tres especialidades (albanelería, carpintería e cultura) e entre as súas actuacións estaría a construción dun salón social multiusos en Carreira
  • Formaríanse 45 veciños en risco de exclusión

Media_httpfarm4static_qatfs

Cada obradoiro de emprego de Ribeira leva un nome de illa ou illote. Na imaxe, praia da illa de Viontas


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- O Concello vén de solicitar á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego destinado á formación de persoas maiores de 25 anos en situación de desemprego e con problemas de inserción laboral. Nesta ocasión, a escola chamaríase “Vionta, dando continuidade así á práctica municipal de empregar topónimos mariños na denominación da iniciativa, tras a posta en marcha en anos pasados dos obradoiros “Illa de Sagres”, “Illote Noro”, “Illote Noro II” e “Airoas”.

 

O obradoiro contaría con 45 alumnos-traballadores repartidos en tres especialidades: fábricas de albanelería (20 alumnos), traballos de carpintería e moble (15 alumnos) e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (10 alumnos).

 

Persoal

Así mesmo, compoñeríase dun equipo directivo, docente e de apoio formado por un director, tres mestres (un por especialidade), un auxiliar administrativo, un titor, un mestre de educación básica, un mestre de xestión empresarial e un ordenanza condutor.

 

Entre as actuacións que estaría previsto desenvolver ao longo do curso destaca a construción dun Salón Social e Multiusos na parroquia de Carreira. Outros traballos dos que tamén se beneficiaría a sociedade riveirense son a realización de equipamentos en madeira para espazos públicos, de mobiliario de madeira para departamentos municipais e a posta en práctica dun programa de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais con carácter interparroquial e interxeneracional.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado, 8 de setembro, festival "Salsa na Rúa"

  • Talleres e exhibicións de baile sucederanse ao longo do día 


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- Este sábado os ribeirenses e visitantes vibrarán coa programación da terceira edición do Festival Salsa na Rúa: unha actividade adscrita á programación da Fiestra da Cultura que está organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Haveira e a Escola de Baile El Tomasón, e o apoio de diversas entidades comerciais e hostaleiras do municipio. 

Para falar dos pormenores da iniciativa déronse cita no Auditorio Municipal a concelleira de Cultura, Elvira Pisos; o presidente da Asociación Haveira e director de El Tomasón, Orlando González;  ademais de dous dos bailaríns profesionais que tomarán parte activa no evento, Luisinho Astral e Elena Zouc. 

O festival dará  comezo ás 12 do mediodía nas aulas da Escola de Baile El Tomasón para albergar, ata as 13 horas, un taller de folclor cubano e roda de casino cubano e, de 13 a 14 horas, outro obradoiro de zouk e lambazouk. 

Xa ás 19.30 horas, a danza chegará ás rúas a través dunha exhibición de danza moderna na praza de Vigo. Esta actividade prolongarase ata as 20.30 horas e constará de exhibicións de hip hop, salsa, bachata, batuka ou samba de gafieira, entre outros estilos. 

Xa ás 20.30 horas, darase cabida a unha gala de clausura diante do palco de pedra do Malecón cunha exhibición de baile. 

No transcurso do festival comparecerán bailaríns de países como Brasil, Cuba, Portugal, República Dominicana e España. 

Tanto Elvira Pisos como Orlando González e os dous artistas convidados á presentación quixeron animar á veciñanza á que non deixe de presenciar os espectáculos que se teñen organizado.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical