4.9.12

Ribeira: o novo obradoiro de emprego que pide o Concello chamaríase "Vionta"

  •  Tería tres especialidades (albanelería, carpintería e cultura) e entre as súas actuacións estaría a construción dun salón social multiusos en Carreira
  • Formaríanse 45 veciños en risco de exclusión

Media_httpfarm4static_qatfs

Cada obradoiro de emprego de Ribeira leva un nome de illa ou illote. Na imaxe, praia da illa de Viontas


Ribeira, 4 de setembro de 2012.- O Concello vén de solicitar á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego destinado á formación de persoas maiores de 25 anos en situación de desemprego e con problemas de inserción laboral. Nesta ocasión, a escola chamaríase “Vionta, dando continuidade así á práctica municipal de empregar topónimos mariños na denominación da iniciativa, tras a posta en marcha en anos pasados dos obradoiros “Illa de Sagres”, “Illote Noro”, “Illote Noro II” e “Airoas”.

 

O obradoiro contaría con 45 alumnos-traballadores repartidos en tres especialidades: fábricas de albanelería (20 alumnos), traballos de carpintería e moble (15 alumnos) e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (10 alumnos).

 

Persoal

Así mesmo, compoñeríase dun equipo directivo, docente e de apoio formado por un director, tres mestres (un por especialidade), un auxiliar administrativo, un titor, un mestre de educación básica, un mestre de xestión empresarial e un ordenanza condutor.

 

Entre as actuacións que estaría previsto desenvolver ao longo do curso destaca a construción dun Salón Social e Multiusos na parroquia de Carreira. Outros traballos dos que tamén se beneficiaría a sociedade riveirense son a realización de equipamentos en madeira para espazos públicos, de mobiliario de madeira para departamentos municipais e a posta en práctica dun programa de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais con carácter interparroquial e interxeneracional.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical