29.2.12

Boiro: programación cultural de finais de febreiro e comezos de marzo

Musicasinfantil

Ancestral servizos musicais “Músicas do cine infantil”

Ancestral Servizos Musicais ofrecerá un concerto MÚSICAS DO CINE INFANTIL

Proxección de fragmentos de películas de cine infantil (Mary Poppins, harry potter, brancaneves, peliculas de Disney, etc…) ao tempo que son interpretadas as melodías mais importantes da súa banda sonora .

Esta actividade está destinada aos nenos de primaria e os de infantil , pero é preferible que os nenos de infantil sexan de 5 anos en adiante para que recoñezan as películas proxectadas e disfruten máis da súa música .

É unha actividade especialmente recomendada para ver en familia e que tanto gusta aos cativos coma aos seus pais, dado que moitas das peliculas incluidas son clásicos dos que eles mesmos disfrutaron na súa infancia.

Organiza : Concellería de Cultura do Concello de Boiro e Deputación da Coruña

Cando?

Venres, 2 de marzo ás 20:00
Onde?

Casa da Cultura Ramón Martínez López

Norte-Sur
Exposición Pinturas de Teresa Argibay
Do 1 ao 30 de marzo
Casa da Cultura Ramón Martínez López

Exposición fotográfica “Beleza esquecida”
Do 25 de febreiro ao 1 de abril
Centro social de Boiro

Exposición bibliográfica “Os pioneiros da nosa historia”
Do 25 de febreiro ao 1 de abril
Centro social de Boiro

Saídas arqueolóxicas

3 de marzo
Castelo de Pambre e Igrexa de Vilar de Donas en Palas de Rei
Museo da Terra de Melide
4 de marzo
Parque arqueolóxico de Campo Lameiro
Organiza: Centro Arqueolóxico do Barbanza
+ info: 981 84 38 10

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: resultados de la sexta jornada para los equipos de Rianxo

  • La próxima jornada el “Distribunosa Xadrez Rianxo B” lucha por el ascenso a 2ª División
Media_httpfarm3static_zctbd

Foto de Néstor Galina en Flickr


Rianxo a 29 de febrero de 2012. El Distribunosa Xadrez Rianxo obtuvo un punto en el desplazamiento a Vilargarcía.

“CXF-Casa da Xuventude” (3 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (1 ptos)
Julio Suarez 1-0Sergio Arevalillo Romero
Jorge Maria 0-1 Daniel Martinez
Juan Bayón1-0Rogelio Ferrol
Ramón torrado 1-0 Enrique Soutullo
En la próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” se enfrenta en casa al “Breogán A”.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)
Victoria del Escola Xadrez Rianxo en Boiro, y empates del Distribunosa Xadrez Rianxo “C y B”. El Distribunosa Xadrez Rianxo B se encuentra en primera posición de la clasificación de tercera(Grupo c), y a falta de una jornada para finalizar la liga (3ª div) tienen como objetivo el ascenso que asegurarian si obtienen la victoria en 2 tableros en la última jornada.

“Hostal Miramar” (1 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo ” (3 ptos)
Nicolás Casas 0.5-0.5 Marco Bravo
Cristopher Rodriguez 0-1 Javier Morares
Samuel Saavedra 0-1 Manuel Castaño
Toño Romero 0.5-0.5 Raúl Rañó
“USC Compostela“ (2 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (2 ptos)
Ramón Mariño 1-0 Vicente Cores
José Marzoa 1-0 José Cores
Victor Garcia 0-1 Luis Cernadas
Julian Molinos 0-1 Sara Sampaño
“Cabo Touriñán B“ (2 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (2ptos)
Eleuterio Vilela 0-1 Alberto Hevia
Santiago Perez 1-0 Néstor Martínez
Jesús Freire 0-1 J. Méndez Rial
Joaquín Rial 1-0 J. Méndez Somoza
Última jornada en 3ª división, el Distribunosa Xadrez Rianxo B recibe al Gallaecia Stellae, el Distribunosa “C” recibe al “Cabo Touriñán B” y el Escola Xadrez Rianxo recibe al USC Compostela.

Lugar y fecha: Encuentros Celebrados 6 jornada Liga Gallega de Ajedrez 2012, 25/02/2012.

Resumen de esta sexta jornada:
“CXF-Casa da Xuventude” (3 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (1 ptos)
“Hostal Miramar” (1 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo ” (3 ptos)
“USC Compostela“ (2 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (2 ptos)
“Cabo Touriñán B“ (2 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (2ptos)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: chega unha zona azul provisional á avenida do Malecón

Zona_azul_malecn

  • Haberá 23 prazas onde os automobilistas poderán aparcar de balde pero só un máximo de hora e media
  • Se funciona esta medida, que comeza a vindeira semana e que custará 80.000 euros, o Concello vaina estender neste céntrico paseo da cidade 
  • Hai outras zonas azuis na cidade, controladas por gps dende a policía local, onde as dúas primeiras horas son gratis e, se o usuario se pasa, é multado

Ribeira, 29 de febreiro de 2012.- Un tramo da avenida do Malecón de Ribeira contará a partir da próxima semana con 23 prazas de aparcamento de zona azul. Ademais, outra das medidas dirixidas á regulación e ordenación do tráfico no paseo citado é a inmediata saída a concurso da contratación de semáforos que con carácter definitivo suplantarán aos provisionais existentes, aumentando o número de puntos semafóricos que serán instalados. 

Polo que respecta á  zona azul, operarios estiveron a sinalizar no transcurso desta mañá o tramo obxecto de actuación, que comprende dende a altura en que está situado o portal número 32 (é dicir, fronte a onde está localizada a tenda Vodafone) ata o cruce do Malecón con Rosalía de Castro, unicamente na liña pegada ás edificacións que integran a fachada marítima.  

O próximo venres está  previsto proceder ao pintado das liñas e que o luns entre en funcionamento. Non obstante, durante toda a semana que vén non se sancionará aos infractores a fin de deixar marxe de tempo suficiente para que os condutores coñezan e se conciencien sobre esta novidade. 

De comprobarse a eficacia da iniciativa, non se descarta ampliar a zona azul ao tramo do Malecón que vai parte de Rosalía de Castro en dirección ao palco de pedra, actuando tamén unicamente na liña de casas da fachada marítima. 

Ademais das 23 prazas indicadas, se habilitarán no mesmo tramo dúas prazas de minusválidos, outras dúas prazas reservadas ao Centro de Día de Alzhéimer, unha zona de carga e descarga e outra de contedores. 

A mecánica de funcionamento será semellante a das outras partes da cidade con zona azul (praza de Portugal situada detrás do Auditorio e rúa Mariño de Rivera). É dicir, os condutores non terán que pagar por aparcar os seus vehículos, pero disporán dun tempo máximo de estacionamento dunha hora e media ininterrompida. A zona azul funciona en días laborais, de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas e os sábados de 9 a 14. 

Semáforos definitivos

Tamén en relación  á regulación da circulación na avenida do Malecón, cómpre destacar que os servizos de Contratación do Concello están a ultimar a saída a concurso público da contratación de semáforos que, con carácter definitivo, serán instalados na avenida do Malecón. 

Esta actuación conta cun orzamento de 80.800 euros. Ademais de substituír os xa existentes, está prevista a instalación a maiores de puntos de semáforos definitivos no paso de peóns situado á altura do xa referido portal número 32 (en ambos sentidos da circulación) e diante da oficina de turismo do Malecón na vía pegada á liña de edificacións (a máis próxima á zona portuaria xa dispón destes elementos de sinalización). 

Hai que recordar que os semáforos definitivos levarán incorporados dispositivos acústicos para invidentes.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: o Psoe considera "sectario e revisionista" o plan acuícola de Núñez Feijóo

  • A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, critica que non se gastou un so céntimo na acuicultura dos fondos de compensación interterritorial
  • Dixo que a estratexia de Feijóo en Galicia “é o ti vai facendo, e acusouno der asumir o papel de “especulador necesario da costa galega”
  • Preguntou por que non se moveu un só dedo para impulsar as 24 localizacións que quedaron programadas, as 12 empresas, o compromiso de investimento de 350 millóns de euros e a creación dos 2.000 postos de traballo directo que se conseguirían co anterior Plan de Acuicultura
  • Asegura que o alcalde de A Coruña, o popular Carlos Negreira, xa anunciou que descarta piscifactorías en Seiruga, Merexo e Camelle
  • O Psoe di que non é aceptable expropiar terreos para empresas privadas ou empresas acuícolas “porque cando ese proxecto non sexa rendible ao mellor aparecen adosados”
  • Curiosamente, a socialista non se pronunciou sobre o fallo do TSXG que declarou ilegal a piscifactoría de Laxe Brava, en Ribeira, proxectada polo bipartito

Media_httpfarm6static_axafx

As gaiolas de salmón de Muros, amparadas pola Xunta, están a ter unha forte resposta social nestas bisbarras


Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira sinalou hoxe que a acuicultura é instrumento de futuro para a economía de Galicia. E denuncia que durante os 3 anos de Goberno de Feijoo “non se investiu nin un so euro en acuicultura na nosa Comunidade.” Asevera ademais que non se gastou un so céntimo na acuicultura dos fondos de compensación interterritorial.

Soneira fixo esta afirmación trala comparecencia parlamentaria da Consellería do Mar na que deu conta da estratexia da acuicultura en Galicia. A parlamentaria advertiu que nos centros de investigación de Galicia “estase traballando moito neste campo”. Por iso preguntou cantos proxectos apoiou a Xunta.

A deputada dixo que a estratexia de Feijóo en Galicia “é o ti vai facendo”, e acusouno de asumir o papel de “especulador necesario da costa galega”. Lembrou que o Goberno do PP tivo que legalizar unha empresa de acuicultura que estaba instalada dende fai décadas. Engadiu que "ao único que serve son aos intereses políticos do PP".

Dende o PSdeG-PSOE non están dacordo en que se adquiran terreos da costa en beneficios de promotores privados, e advertiu da modificación que impulsa o Ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete coa Lei de Costas. Denunciou que co Plan do PP “pódese instalar unha empresa acuícola nas Illas Cíes”.

Soneira cuestionouse "por que non se moveu un só dedo para impulsar as 24 localizacións que quedaron programadas, 12 empresas, o compromiso de investimento de 350 millóns de euros e a creación dos 2.000 postos de traballo directo que se conseguirían co anterior Plan de Acuicultura". E insistiu nas súas críticas: “porque nestes 3 anos non se moveu un so dedo para sacar adiante este proxecto?. Nin unha referencia á noticia que demos onte, vía Adega, sobre Laxe Brava, responsabilidade dos socialistas na etapa en que gobernaron a Xunta coaligados co Bng.

Touriñán

Aludiu tamén aos niveis de protección que contempla o novo plan do Goberno de Feijóo, sobre a protección de Cabo Touriñán que é de nivel 4, “é dicir de maior restrición para a instalación de plantas acuícolas”. Subliña que isto demostra que a directiva comunitaria establece unha especial protección nesta zona, e que a posición do PP foi simplemente por oportunismo político”.

Seiruga, Merexo e Camelle

Ademais demandou “criterios obxectivos” para decidir as zonas de instalación en lugar de “criterios oportunistas”, como fai o Goberno de Feijoo. A maiores asegura que o Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, xa anunciou que descarta piscifactorías en Seiruga, Merexo e Camelle. Por iso neste punto preguntou “que valores medioambientais teñen estas zonas que sexan superiores a outras como Cabo Touriñán?”.

 

Soneira dixo que o PP renuncia a expropiar terreos en Galicia para realizar calquera tipos de obra publica ao servicio da sociedade “ben sexa en Portos, unha infraestrutura hospitalaria ou educativa”. E replica que non é aceptable expropiar terreos para empresas privadas ou empresas acuícolas “porque cando ese proxecto non sexa rendible ao mellor aparecen adosados”, ironizou.

 

Galicia é de todos

 

Demandou á Conselleira, Rosa Quintana, a que presente en sede parlamentaria as miles de alegacións que conta este Plan de Acuicultura. E concluíu: “o sectarismo é un mal compañeiro para Gobernar, porque o país é de todos”.


Onte, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: abren expediente a un solar con blasóns na rúa Corredoira para que os donos eviten que prosiga a súa ruína

  • É un edificio de factura nobre, datado entre os séculos XVII e XVIII, no entorno da Ponte do Traba
  • O seu último uso foi como curtidoría, ao estar ao pé e ser lambido polas orelas do río Traba

Media_httpfarm4static_gidga

Detalle dun dos escudos que embelecen o inmoble

Noia, 29 de febreiro de 2012. A Concellería de Casco Histórico, que dirixe o nacionalista Bieito González, vén de comezar o expediente destinado ao restablecemento das condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e ornato público do inmoble número 70 da rúa Corredoira de Luis Cadarso. 

Do informe emitido no seu día pola Policía Local extráese o seguinte parágrafo: “O inmoble presenta un deterioro continuado que o levou a un estado ruinoso. Incluso unha das esquinas presenta fendas de dimensións considerables, con risco de caída sobre a rúa e posibles consecuencias para os peóns. O tellado está totalmente caído, quedando somente unhas tellas do aleiro tamén con risco de caída sobre a rúa. O interior atópase cheo de maleza, presentando unhas condicións hixiénico-sanitarias moi deficientes, con proliferación de alimañas que afectan aos edificios lindeiros”

Edificación singular

Trátase dunha edificación singular, que data dos séculos XVII-XVIII, deteriorada tanto na súa morfoloxía como na súa imaxe urbana, con medianeira de gran altura sobre o lindeiro. A fachada principal é de cantería con portada en arco de medio punto e escudos de armas tallados no frente e esquinal. O último uso foi como fábrica de curtidos nas primeiras épocas da actividade industrial de Noia, con interés de conservación tanto histórico-arquitectónico como etnográfico. 

O Concello, interesado en adquirilo para ornar o futuro paseo de ribeira do Traba

O Plan Especial do Casco Vello establece para este inmoble a posibilidade de adquisición pública do mesmo, así como tamén da parcela adxacente, situada ao norte da Ponte de Traba, que forma parte do entorno monumental do mesmo, conformando un ámbito espacial definido cuxa recuperación considérase prioritaria para o futuro paseo de ribeira. 

O expediente aberto ten por obxeto que a propiedade leve a cabo a limpeza do inmoble, tanto exterior como interior, así como se tomen as medidas necesarias para asegurar a correcta conservación dos restos do mesmo que seguen en pé co gallo de evitar que o estado de ruína siga avanzando.

Intervencións puntuais PEPRICH.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: a I Carreira Popular Solidaria do Barbanza será o sábado 7 de abril por Paula

  • A data límite de inscripción é o 5 de abril de 2012 ás 20.00 horas
  • Haberá dúas diferenciadas: unha proba de 10 quilómetros (a Solidaria do Barbanza) e outra de catro quilómetros (I Carreira da Muller)

 

A Pobra do Caramiñal, 29 de febreiro de 2012. O 7 de abril de 2012 ás 17:00 horas, vaise celebrar a carreira solidaria Corremos por Paula, que conta como entidades organizadoras co Concello da Pobra do Caramiñal, o Concello de Boiro, a Federación Galega Atletismo, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, a Peña Cicloturista Chans do Barbanza, MTB A Portela, Motoclub Sin frenos, Club Ciclista Barbanza/Distribunosa, Peña Ciclista Os Saltamontes, Centro Comercial O Adro, Cáritas Posmarcos, Asoc. Amas de Casa da Pobra, Amas de Casa de Boiro e Mancomunicade Arousa Norte.

Coa fin de facilitar a accesibilidade ós participantes, a organización dispón de autobuses para o traslado daqueles que o desexen ata a saída da proba en Boiro, partindo ás 16:15h. da rúa Xerardo Fdez. Albor da Pobra do Caramiñal.

Os dorsais poden ser retirados a partir das 14.30h. e ata media hora antes da Carreira, na Secretaría da Organización, sita na Praza Alcalde Segundo Durán. Para retirar os dorsais é necesario o comprobante do pagamento. Os/as participantes da carreira de 10 quilómetros  están obrigados a devolver os chips.

Todos os interesados que desexen máis información poden dirixirse ó Dpto. de Deportes da Pobra, Casa da Cultura Raquel Fdez. Soler entre as 9:30h. e as 14:30h. a través dos teléfonos: 981832590 e 639029182.

Para consultar os datos relativos ás cuotas e categorías de participación pode consultar o regulamento no documento pdf adxunto.

I_carreira_popular

INFORMACI...pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "Leopoldo Nóvoa. Un patrimonio descoñecido en Ribeira", por Gonzalo Sarasquete

Corrían os anos finais do século pasado, cando nunha visita a ARCO tiven a sorte de coñecer a D. Leopoldo, quen expopía en varias galerías á vez. Paramos a falar con el,  pois a persoa á que eu acompañaba xa lle escribira en varios dos seus libros. Nestes casos os interlocutores preséntanche e ti mesmo, nun silencio de respecto, colles un catálogo e arrecúnchaste por aquilo de non amolar e saber máis da persoa que tes diante. A miña sorpresa foi cando naquel voluminoso libro cheo de fotos de cadros matéricos, feitos con terras que parecían arrincados das lavas dun volcán, apareceu de súpeto unha imaxe para min coñecida.

Era Bretal, con vistas das Dunas de Corrubedo, pero só como fondo dunha escultura, que eu coñecía, pero da que non tiña constancia de quen era, nin me parara a vela de preto. Entón erguín a vista e comecei a interesarme pola conversa que mantiñan Don Leopoldo e Don Miguel,  e cando xa puiden meter as miñas palabras no miolo de tan contundentes opinións e sólidas observacións, case coma un pelo entre dous valados, pregunteille:

 .- Pero…,pero vostede fixo esta escultura?- mentres sinalaba co dedo no libro.

 .- Si  pero non é a única que fixen en Ribeira. Tamén fixen outra para o centro de F.P en Coroso (a cal aparecía máis adiante no devandito libro).

Don Leopoldo naceu en Salcedo, Pontevedra, en 1919. Estudou e decidiu dedicarse á arte, tanto á pintura como á escultura. Viviu en Montevideo e en París e hai pouco souben que xa é moi maior e o concello de Vilagarcía vaino facer fillo adoptivo e acompañalo dunha merecida  homenaxe, pero agora terán que conformarse sen el. E aquí na Centenaria non sabemos nin que existen e témolas aquí pero se un só de nós o sabe tenllo que contar aos demais e facelos partícipes, aínda que non queiran. Ese é o labor dun home coma min: dar a coñecer cousas que os demais non saben ou esquivan na súa cotidianidade, ser ollos, e se se pode recadar o máximo de información para compartila é como un cociñeiro que lle bota engadidos ou adobíos á comida para que baixe mellor.

Pero as cousas que ten a vida, o día 25 de febreiro, sábado, leo no Faro da  súa morte o pasado xoves 23 en París, e xa comezara a escribir sobre as súas obras presentes entre nós. Podedes velas aquí nas fotos que lle fixen o martes 21 de febreiro en Ribeira uns poucos dias antes da súa morte. Queda pouco que dicir: só ter en conta a importancia da súa obra en formigón, da que deixou exemplos no noso concello.

Leopoldo Nóvoa na Wikipedia

Outros artigos de Gonzalo Sarasquete en Certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 1 de marzo, entrega dos premios "Atlante" de gravado

  • O acto terá  lugar no Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes 
  • Presidirá, a falta do conselleiro de Cultura, que entregou os primeiros, o presidente da Xunta de Galicia

Media_httpfarm4static_orljo

Na entrega do I Premio Atlante estivo o ex-conselleiro de Cultura, Roberto Varela

Ribeira, 29 de febreiro de 2012.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a entrega dos Premios Atlante de Gravado que terá lugar mañá xoves a partir das 19.30 horas no Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes. Artes, para o que aínda non o saiba, é unha das parroquias de Ribeira. 

Estes galardóns están promovidos pola Fundación do Gravado de Artes, da que é presidente na actualidade o alcalde de Ribeira, o popular Manuel Ruiz Rivas. Tamén está prevista a participación no acontecemento de distintas autoridades como, entre outros, o senador e ex alcalde ribeirense José Luis Torres Colomer, alcaldes da comarca, a vicepresidenta da Deputación, María Faraldo; o vicepresidente e alma máter da Fundación, Javier Expósito ou o patrono da mesma, Ramiro Carregal Rey, quen a partir desta terceira edición da nome a un novo premio. 

Cabe recordar que o gañador na categoría Barbanza Ría de Arousa foi para a artista noiesa Sandra González Caamaño, e resultaron finalistas Ana Cambeiro, Encarna Méndez e Manuel Castro. 

Polo que respecta aos premios internacionais, o Premio Ramiro Carregal Rey foi concedido a Ramiro de Undabeytia (Madrid), e os Premios Atlante foron para Manuel Moreno Morales (Sevilla), Justo Antonio Heras Fernández (Tarragona) e Yuko Yamada (Xapón). Foron seleccionados como finalistas Hugo Besard (Bélxica), Micaela Trocello (Arxentina) e Rutmi Sassaki (Brasil). 

O xurado estivo integrado por José Manuel López Vázquez, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela; Juan Monterroso Montero, decano da Universidade de Xeografía e Historia da USC; Alfonso Costa, pintor e gravador de Noia; Manuel Ayaso, pintor e gravador de Ribeira; e Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical