3.8.11

Natureza: Búscase lirio de monte (iris boisseri) no Monte Pindo por posible extinción

Barbanza-Noia, 3 de agosto de 2011. Detrás da súa impresionante beleza agóchase unha situación desesperada. O 

Lirio de Monte ou do Xurés (Iris boisseri) é unha planta endémica do noroeste peninsular, catalogada en perigo de extinción que só se conserva teoricamente nas Serras do Xurés e Santa Eufemia (Ourense), no Courel (Lugo) e, xa dentro da provincia da Coruña, no Monte Pindo. E din teoricamente porque hai un tempo que os expertos dan por desaparecida esta especie do Monte Pindo. Só a poboación integrada dentro dos lindes do Parque Natural do Xurés parece atoparse en relativamente bo estado.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural e ADEGA fai un chamamento de urxencia a todos os amigos do monte, para que teñan un ollo posto nas subidas e lles comuniquen se hai noticia dalgún exemplar desta especie no Pindo, onde o seu hábitat prioritario estaría nas fendas das grandes rochas graníticas. E ten que ser rápido, pois a súa floración remata en agosto: tras perder a súa impresionante flor característica, será moito máis difícil distinguir o iris boisseri de calquera especie común.

Case sobraría dicilo, pero calquera tipo dano ocasionado a esta ou a calquera especie protexida, e máis aínda atopándose en perigo de extinción como é o caso de iris boisseri, está severamente perseguido e penado pola lexislación vixente con multas de ata 300.000€.

Se localizades exemplares desta especie, documentádeo fotograficamente, tomade nota da súa posición exacta (a poder ser mediante coordenadas GPS ou referencias visuais fidedignas) e comunícadeo en canto sexa posible.
Datos xerais do Lirio de Monte
  • Nome común: Lirio do Xurés ou Lirio de Monte
  • Nome científico:Iris boisseri Henriq.
  • Altitud: 500-1.450 m
  • Hábitat: Suelos poco profundos desarrollados sobre rocas de granodioritas
  • Fitosociología: Pterosparto lasianthi-Ericetum aragonensis
  • Biotipo: Geófito bulboso
  • Biología reproductiva: Monoica
  • Floración: V-VI (VII)
  • Fructificación: VII-VIII
  • Expresión sexual: Bisexual
  • Polinización: Entomófila
  • Dispersión: Barocoria
  • Nº cromosomático: 2n = 36
  • Reproducción asexual: División del bulbo
Identificación
Geófito con bulbo de túnica membranosa. Hojas dimorfas, las inferiores largas, las distales más cortas, de limbo más ancho, transformándose gradualmente en espatas. Tallo terminado en una sola flor, excepcionalmente dos. Corola violácea, divisiones externas con una franja central amarilla y pelos del mismo color.

Distribución
Galicia y Norte de Portugal. En Galicia está presente en la Sierras de O Xurés y Santa Eufemia y en Baltar (Ourense), en la Serra do Courel (Lugo) y en los Montes do Pindo (A Coruña).
En el norte de Portugal se distribuye por las sierras que hacen frontera con el suroeste de la provincia de Ourense.

Biología
La tasa de formación de semillas oscila entre años consecutivos. Se han observado lirios con más de 40 semillas, lo que debe de suponer un gasto de recursos muy importante para el bulbo, ya que en la época de maduración de las semillas, la parte aérea de la planta ha perdido su capacidad fotosintética.

Hábitat
Suelos poco profundos en claros de brezal de la asociación Pterosparto lasianthi-Ericetum aragonensis subas. pseudarrhenatheretosum longifolii.
En los montes do Pindo (A Coruña) vive en grieta de grandes rocas graníticas. Especies acompañantes en la Serra do Xurés: Ranunculus bupleuroides, Avenula sulcata, Erica australis, Thapsia villosa, etc.

Demografía
Existe variación interanual en la formación de vástagos y floración de esta especie. Esta variación parece relacionada con el éxito y consumo de recursos en la producción de semillas del año precedente. Parecen haber desaparecido las poblaciones situadas a baja altitud, muy especialmente en el entorno de la Serra do Xurés donde existían algunas referencias históricas. De forma generalizada se detecta una declinación importante de sus poblaciones. Sólo la población integrada en el Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés se encuentra aparentemente en buen estado.


Máis info:
 www.montepindo.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezaron as Festas do Verán, cunha actuación de monicreques

Ribeira, 3 de agosto de 2011. A actuación da compañía de Monicreques Duendesico deu comezo este mediodía ás Festas de Verán de Ribeira 2011. 

O espectáculo desenvolveuse na praza do Concello, á que acudiron numerosos nenos e nenas acompañados das súas familias para presenciar a actuación. 

Pola noite terá  lugar ás 22 horas o pregón tradicional, que este ano correrá a cargo do coñecido actor Pablo Chiapella, moi popular entre os que aínda ven a televisión, polo seu personaxe de Amador na serie “La que se avecina”.


Lembre:


Festas do Verán: do 3 ao 7 de agosto. Programa completo


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado, 6 de agosto, presentación de "Anacaona, el fin de una raza", no Liceo

Carredano

Noia, 3 de agosto de 2011. Este sábado, 6 de agosto, a partires das 21:00 horas, preséntase a novela "Anacaona, el fin de una raza", de Ramón Carredano Cobas, no salón de actos do Liceo de Noia.

Media_http2bpblogspot_vkwto

Esteirán xa espuxera en Noia outra serie de fotos
"Bailarinas", fotos de Patricia Esteirán, na sala "Francisco Creo" do Liceo

Desde o pasado día 22 de xullo na Sala de exposicións da Sociedade Liceo pódese desfrutar do traballo "BAILARINAS" da fotógrafa Patricia Esteirán.

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: crean un grupo en Facebook para que se recoñeza a figura do escritor Anxo Rei Ballesteros

Media_httpfarm3static_aorey

A Pobra do Caramiñal, 3 de agosto de 2011. En novembro deste ano 2011 vanse cumprir tres anos do pasamento do escritor e veciño moitos anos da Pobra do Caramiñal, Anxo Rei Ballesteros. Segunddo Alexandre Fontán, un dos creadores do grupo de Facebook "Polo recoñecemento a Anxo Rei Ballesteros no Concello da Pobra", "neste tempo, moitos foron os medios de comunicación que nos recordaron a obra do autor de "Dos anxos e dos mortos", "Loaira", ou, "Tempo é vinganza". No primeiro aniversario da súa morte, a asociación Barbantia conmemorou a súa personalidade cunha profunda e sentida homenaxe, con charlas, ciclos de conferencias, edición dalgúns dos seus libros, e unha mostra de pintura, todo isto, nunha semana de intensa actividade cultural arredor da súa obra. Nembargantes, os que nos sumamos ao "POLO RECOÑECEMENTO A ANXO REI BALLESTEROS NO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL", pensamos que a Pobra ten unha débeda co seu insigne veciño, sen que, ata este momento, o goberno local se dignara asumir ningún tipo de iniciativa para honrar a súa memoria. É máis, rexeitou sendas propostas do PSOE e BNG, onde se pedía un espazo público, rua ou praza, a xeito de homenaxe, gratitude e recoñecemento póstumo".

Por este motivo xurde esta iniciativa a través da rede dun grupo de amigos de Anxo; no que lle reclaman ao goberno da Pobra do Caramiñal que reconsidere a proposta e conceda ese espazo para así honrar a unha das personalidades máis sobranceiras da cultura galega.

Manuel Teira Luaces escribe nese grupo: "Anxo é un tesouro que debemos coidar. A súa aportación intelectual e creativa ao mundo da literatura e da filosofía e da cultura galega son dun inmenso valor. Quen o coñecemos, estamos en débeda con el, por todo canto representou, e por todo o que aportou a Galicia. A Pobra e as súas institucións, aqueles que representan o goberno local, están a demostrar unha visión patética e ridícula sobre unha das personalidades máis sobranceiras da cultura galega.Ballesteros é noso, querémolo, queremos que se dignifique e que se honre".

Todas e todos aqueles que pensen que é xusta esta demanda, poden sumarse a esta iniciativa nesta ligazón para unirse ao grupo: http://www.facebook.com/gr​oups/anxoreiballesteros/

Quen foi Anxo Rei Ballesteros?

A súa ficha na Biblioteca Virtual Galega, aquí

Na Galipedia, aquí

Antes, en Certo:

Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: a Copa do Mundo de Fútbol estivo onte. O mércores 10 de agosto estará en Noia

  • O da Pobra foi o primeiro concello de Barbanza onde parou na súa peregrinaxe por España adiante
  • O vindeiro mércores, 10 de agosto, estará no Concello de Noia, nun acto realizado pola concelleira noiesa de Deportes, Mari Domínguez.

A Pobra, 3 de agosto de 2011. A Copa do Mundo de Fútbol, que logo de tantas decepcións conseguiu gañar o ano pasado a Selección Española en Sudáfrica, chegou onte á casa de cultura "Raquel Fernández Soler" da Pobra, por onde pasaron centos de persoas -pobrenses e foráneos- dende primeira hora da mañá.

Estivo tamén o actual alcalde en funcións, Manuel Fontao Lampón, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Jesús Dieste Buceta, o presidente do Club Puebla (sic) FC, Luis Lojo Olveira e o secretario do Puebla (sic) FC e directivo da Federación galega de Fútbol, Nelson Barreiro Mouro, este último foi o artifice de que a Copa puidera estar na Pobra tan axiña. Barreiro salientou que é o primeiro concello do Barbanza no que fai a súa parada esta Copa, aínda que non dubida que pasará por máis concellos, de feito xa foi entregada a representantes do Concello de Camariñas.

O Concelleiro de Deportes tamén subliñou "o orgulloso que se sinte por poder darlle esta oportunidade aos rapaces e rapazas e non tan novos do noso pobo". Pola tarde a copa estivo no Campo de Fútbol de herba artificial de Cadreche, onde foi recibida polos
futbolistas e patrocinadores dos equipos do Crocha balompé e o Puebla FC.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: celebrouse o I Festival de Salsa e Ritmos Latinos e a XII Festa dos Maiores

Dodro, 3 de agosto de 2011. O pasado sábado 30 de xullo tivo lugar no Polideportivo o I Festival de Salsa e Ritmos Latinos coa colaboración da escola de baile “El Tomasón”.
Segundo o Concello, "o Festival foi todo un éxito e o público puido ver bailar ós rapaces de Dodro en varias actuacións e a rapaces da escola de baile de Ribeira, así como ós profesores que deleitaron ós presentes cun espectacular baile".
Ó remate a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, e a concelleira de Xuventude e Familia Maria Fernández entregaron ós rapaces un diploma de participación. Os rapaces terminaron a festa cunha merenda.

XII Festa dos Maiores, o domingo 31 de xullo

A esta festa acudiron cincocentos maiores do Concello que disfrutaron dun variado programa:
11,30h Recepción
12 a 13h Actuación do Grupo de baile Vai de Roda, de Rianxo
13h Misa solemne
14h Benvida a cargo do alcalde Valentín Alfonsín, a concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde Marisol Boga e a concelleira de Familia Maria Fernandez
14,30h Xantar
16h a 17,30h Baile a cargo do grupo Glamour
17,30 a 18,30h Actuación do humorista "Paco mi vida"
18,30 a 19,30h Continuación do baile co grupo Glamour

Na Benvida a tenente de alcalde e concelleira de Servizos sociais e Igualdade fixo referencia á Festa como "un recoñecemento aos maiores do concello e á experiencia dunha vida" e tivo un agarimo para todos aqueles maiores que por diversos motivos non puideron acudir á festa e unha lembranza moi especial para aquelas persoas que deixaron este mundo de vivos no último ano.
Pola súa parte o alcalde recordou que "os nosos maiores son os que apoian á familia nestes momentos dificiles" e tivo unha lembranza tamén para os emigrantes. A continuación fíxose unha homenaxe á muller e home máis lonxevos que acudiron á festa. A muller, Josefa Sóñora Abuín, é da aldea de Teaio e ten 96 anos. O alcalde fíxo entrega dunha bandexa de prata gravada co texto: "XII Festa dos maiores
Pola experiencia dunha vida
Concello de Dodro 31-7-2011"
O home máis maior foi Gerardo Fernández Casal, da aldea de Lestrobe, con tan só 89 anos (un mozo se o comparamos con Josefa). Fixolle entrega doutra bandexa a concelleira de Familia María Fernández, que cadra que é súa neta.

Cada asistente recibiu un agasallo que lle foi entregado á hora do café: un chaveiro gravado por un lado o escudo do concello de Dodro a láser e polo outro lado coa lenda "Concello de Dodro".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o terceiro concerto do VII Ciclo de Bandas é este domingo 7 de agosto

Cartel_bandas_2011_ponteledes

Rianxo, 3 de agosto de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense  en convidar a todo o mundo ao 3º concerto do VII Ciclo de Bandas:

  • CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA UNIÓN MUSICAL PONTELEDESMA
  • DÍA: domingo 7 de agosto
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: Campo de Arriba (en caso de choiva será no Auditorio)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcalde solicita a Medio Rural que se poda pescar como ata agora nas inmediacións da illa de Sálvora

Media_httpfarm4static_wbaeq

Ribeira, 3 de agosto de 2011. – O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, dirixiu onte un escrito ao conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia no que defende a tese das confrarías de Ribeira e de Carreira e Aguiño, en relación coas limitacións previstas sobre a pesca artesanal e marisqueira no entorno de Sálvora como consecuencia da entrada en vigor o vindeiro ano do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) no Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

No referido escrito, Ruiz Rivas puxo de releve a importancia destas confrarías e o feito de que Sálvora e os illotes próximos conforman unha das zonas máis importantes para as mesmas, ao posuír algúns dos bancos pesqueiros e marisqueiros máis ricos e produtivos de todo o entorno. 

A constitución no ano 2002 do Parque Nacional das Illas Atlánticas có ánimo de protexer o entorno das illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada é, en opinión do alcalde riveirense, “unha magnífica noticia da que todos nos debemos felicitar”, máis matizou que “este logro foi posible grazas, precisamente, ao respecto que secularmente tiveron os nosos pescadores e mariscadores sobre os recursos e as áreas en cuestión”, na conciencia de que a súa subsistencia como traballadores do mar depende dunha óptima conservación desta riqueza”. 

Ruiz Rivas manifestou que tanto o Concello como as confrarías afectadas comparten plenamente a vontade de preservar  e poñer en valor a  illa de Sálvora e o Parque no seu conxunto, pero entenden que estes obxectivos son plenamente compatibles coa actividade pesqueira que alí se desenvolve. 

Por estes motivos, Ruiz Rivas solicitou a adopción das medidas oportunas para que a actividade da flota no entorno de Sálvora non se vexa restrinxida polo PRUX.

Relacionadas:


Sálvora: restrinxida a 15 fondeos e 125 persoas


Naufraxio do Santa Isabel e Heroínas de Sálvora: saiu nova edición en rústica

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: actividades deportivas durante as Festas do Verán

Media_httpfarm6static_pegds

Ribeira, 3 de agosto de 2011. Hoxe, mércores 3 de agosto, comezan as Festas do Verán de Ribeira. Durante esta primeira semana de agosto, o Departamento de Deportes do Concello organiza os seguintes campionatos:

     CAMPIONATO 3X3 BALONCESTO

6-7 AGOSTO RIVEIRA A PARTIR DAS 18.00 HORAS

PISTA PEDRA PATEIRA (EN CASO DE CHUVIA NO POLIDEPORTIVO STA UXIA)  

    CATEGORÍAS :

      • SUB 15 (NADOS NO ANO 1996 E POSTERIORES)
      • ABSOLUTA
       

           CAMPIONATO XADREZ

      6 AGOSTO A PARTIR DAS 10.30 HORAS

      CIRCULO MERCANTIL DE RIVEIRA

            CATEGORIAS:

        • BENXAMIN
        • AKEVIN
        • INFANTIL
        • CADETE
         

        CAMPIONATO DE TENIS

        O SABADO SEIS DE AGOSTO A PARTIR DAS 18.00 HORAS CELEBRARASE NO POLIDEPORTIVO DE COROSO A FINAL DO TROFEO FESTAS DE VERAN DE TENIS DE AFECCIONADOS. ESTA COMPETICION FORMA PARTE DO VII CIRCUITO DE TENIS DE VERAN, QUE ESTA COMPOSTO POLAS  SEGUINTES PROBAS: 

        • A CATIA: PROBA GAÑADA POR JOSE CANEDA TRAS VENCER  NA FINAL DISPUTADA EN AGUIÑO O PADRONES BUSTELO POR 6-5; 4-6; 6-2
        • FESTAS DE VERAN
        • GASOLEOS SAN ALBERTO (ARTES)
        • A TOXEIRA (OLVEIRA)
         

        O DEFENSOR DO TITULO E MAXIMO FAVORITO E JOSE CANEDA QUE VEN DE GAÑAR TAMÉN A LIGA DE INVERNO  

        INSCRIPCION E INFORMACION OFICINA DE DEPORTES (AUDITORIO MUNCIPAL, 981835650, deportes@riveira.com
         

        Relacionada:

        Ribeira: as Festas do Verán comezan este mércores 3. Programa completo ata o 7

         

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: asinan agora convenio para actividades do 75 cabodano de Valle-Inclán, que remata en catro meses

  • O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou esta mañá co presidente da Fundación Valle-Inclán, Gerardo Fernández Albor -ex presidente da Xunta e tamén aínda presidente da Fundación La Rosaleda; presidente de Honra do Foro de Pensamento e Opinión Galicia Milenio; presidente de Honra do Intergrupo Camino de Santiago no Parlamento Europeo; membro do Consello Consultivo de Galicia e presidente de Honra do Partido Popular de Galicia- un convenio de colaboración para iniciar un conxunto de actividades sobre o escritor
  • En virtude deste acordo, por importe de 25.000 euros, a Escola de Teatro Valle-Innova realizará actuacións nas catro provincias galegas; publicarase un libro relacionado coa súa bibliografía; levarase a cabo un audiovisual; ampliarase o fondo bibliográfico e editarase o cuarto número da revista ‘Bradomin’

Santiago, 3 de agosto de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou esta mañá co presidente da Fundación Valle-Inclán e atarefado e multicargo xubilado, Gerardo Fernández Albor, un convenio de colaboración para a realización de actividades relacionadas co escritor. En total, a Consellería destinará 25.000 euros para conmemorar a figura do autor no 75 aniversario do seu pasamento.

En virtude deste acordo, desenvolverase un programa de actividades sobre a figura do escritor, entre as que destacan actuacións da Escola de Teatro Valle-Innova. O obxectivo é que o traballo realizado polos alumnos nos anos de aprendizaxe nesta escola se materialice coa posta en marcha de obras de Valle-Inclán nos concellos das catro provincias galegas. Ademais, publicarase un libro relacionado coa bibliografía do escritor; levarase a cabo un audiovisual titulado Realidade e Ficción en Romance de Lobos; adquiriranse libros de Ramón María del Valle-Inclán en diferentes idiomas e editarase o cuarto número da revista Bradomin.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, e a Fundación Valle-Inclán consideran "esencial a posta en marcha destas actividades conxuntas, que permitan desenvolver un programa relacionado coa obra de Ramón del Valle-Inclán". Así, entre estas iniciativas acordouse manter un calendario estable de actuacións da Escola de Teatro Valle-Innova. A fundación que preside Gerardo Fernández Albor pretende que o traballo realizado nos tres anos de aprendizaxe se dea a coñecer coa representación de obras de Valle-Inclán en distintos puntos da xeografía galega, expandindo o seu legado por todos os concellos. De feito, con motivo do 75 aniversario do pasamento de Ramón María del Valle-Inclán neste 2011, a Fundación deseñou un amplo programa de actividades especiais para difundir a figura e a obra do escritor.

Doutra banda, a partir deste convenio publicarase un libro relacionado coa bibliografía de Valle-Inclán, que contará co apoio e colaboración da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, realizarase un audiovisual que levará por nome Realidade e Ficción en Romance de Lobos. O convenio asinado hoxe tamén contempla a adquisición de libros de Ramón María del Valle-Inclán en diferentes idiomas –alemán, francés, italiano e inglés- e de libros singulares ou primeiras edicións. O obxectivo e crear un fondo bibliográfico valleinclaniano específico.

Tarde, mal e a rastro

Como está a acontecer coa programación da Cidade da Cultura, a deriva da Consellería de Cultura prosegue: nun país civilizado estes actos -Valle Inclán foi enterrado en Boisaca o 5 de xaneiro de 1936- tiñan que estar previstos antes de que comezase o ano do 75 cabodano de Valle-Inclán, e non improvisar deste xeito en pleno agosto, a tan só catro meses de pechar 2011. E agora que Roberto Varela leva máis de dous anos no seu posto, non lle poderá botar culpas ao goberno anterior.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o martes 16 de agosto, charla baixo o título "A seguridade viaria é cousa de todos"


Ribeira, 3 de agosto de 2011. O vindeiro día 16 de agosto, martes, haberá unha charla-coloquio nas instalacións do Liceo Marítimo, ás sete da tarde, sobre seguridade viaria. Baixo o título "A seguridade viaria é cousa de todos", as relatoras Rocío Rúa Piñeiro e Rosa Mahía Neira falarán sobre os accidentes de tráfico en Galicia; xeitos de previ-los accidentes  de circulación; concepto e obxectivos da educación viaria; os axentes educadores; normas para os peóns; coidados do pasaxeiro ao viaxar en transporte público e sistemas de retención infantil; factores de risco na conducción: velocidade, alcol, medicamentos, sono ao volante e, finalmente, sobre o permiso por puntos.

Material didáctico para os asistentes

      Ó finaliza-la charla, entregarase a cada un dos asistentes o seguinte material didáctico:

        • Brazaletes ríxidos reflectantes
        • Folletos:
              • El niño también viaja seguro
                    • El cinturón sigue estando de moda
                    • Los medicamentos viajan contigo
                    • Ahórrate un mal trago. Al volante, ni una sola gota de alcohol
                    • Tu experiencia es el mejor seguro de vida. No dejes de aprender

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical