3.8.11

A Pobra: crean un grupo en Facebook para que se recoñeza a figura do escritor Anxo Rei Ballesteros

Media_httpfarm3static_aorey

A Pobra do Caramiñal, 3 de agosto de 2011. En novembro deste ano 2011 vanse cumprir tres anos do pasamento do escritor e veciño moitos anos da Pobra do Caramiñal, Anxo Rei Ballesteros. Segunddo Alexandre Fontán, un dos creadores do grupo de Facebook "Polo recoñecemento a Anxo Rei Ballesteros no Concello da Pobra", "neste tempo, moitos foron os medios de comunicación que nos recordaron a obra do autor de "Dos anxos e dos mortos", "Loaira", ou, "Tempo é vinganza". No primeiro aniversario da súa morte, a asociación Barbantia conmemorou a súa personalidade cunha profunda e sentida homenaxe, con charlas, ciclos de conferencias, edición dalgúns dos seus libros, e unha mostra de pintura, todo isto, nunha semana de intensa actividade cultural arredor da súa obra. Nembargantes, os que nos sumamos ao "POLO RECOÑECEMENTO A ANXO REI BALLESTEROS NO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL", pensamos que a Pobra ten unha débeda co seu insigne veciño, sen que, ata este momento, o goberno local se dignara asumir ningún tipo de iniciativa para honrar a súa memoria. É máis, rexeitou sendas propostas do PSOE e BNG, onde se pedía un espazo público, rua ou praza, a xeito de homenaxe, gratitude e recoñecemento póstumo".

Por este motivo xurde esta iniciativa a través da rede dun grupo de amigos de Anxo; no que lle reclaman ao goberno da Pobra do Caramiñal que reconsidere a proposta e conceda ese espazo para así honrar a unha das personalidades máis sobranceiras da cultura galega.

Manuel Teira Luaces escribe nese grupo: "Anxo é un tesouro que debemos coidar. A súa aportación intelectual e creativa ao mundo da literatura e da filosofía e da cultura galega son dun inmenso valor. Quen o coñecemos, estamos en débeda con el, por todo canto representou, e por todo o que aportou a Galicia. A Pobra e as súas institucións, aqueles que representan o goberno local, están a demostrar unha visión patética e ridícula sobre unha das personalidades máis sobranceiras da cultura galega.Ballesteros é noso, querémolo, queremos que se dignifique e que se honre".

Todas e todos aqueles que pensen que é xusta esta demanda, poden sumarse a esta iniciativa nesta ligazón para unirse ao grupo: http://www.facebook.com/gr​oups/anxoreiballesteros/

Quen foi Anxo Rei Ballesteros?

A súa ficha na Biblioteca Virtual Galega, aquí

Na Galipedia, aquí

Antes, en Certo:

Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical