5.4.11

Política: secuestran e pechan a Asociación "O Faiado da Memoria" de Vilagarcía

Media_httpwwwblogotec_xdtvg

Arousa Norte, 5 de abril de 2011. Aínda que non informamos sobre Vilagarcía de Arousa, polo seu interese, e porque escribimos no seu día do interesante labor que desenvolve esta asociación para recuperar a memoria visual, histórica e paisaxística da Ría de Arousa, procedemos a publicar íntegra a carta que nos remiten:


Estimados Amigos y Amigas,

La alcaldía de Vilagarcía de Arousa, del PSOE, secuestra y clausura la sede de la asociación cultural O Faiado da Memoria que estaba cedido por la concelleria de Cultura (BNG) en el Auditorio de Vilagarcía.

Aprovechando la hora de comer de hoy martes un funcionario del ayuntamiento cambió la cerradura imposibilitando la entrada en el mismo y dando orden a la persona que iba a trabajar en la oficina de que no podía sacar nada del auditorio. Mal lo podía hacer ya que ni siquiera podía entrar.

Esta acción se enmarca dentro de las venganzas que vienen realizando la alcaldía y alguna concejala del PSOE contra las personas de esta asociación que formaron y forman parte de la Comisión Ciudadana para la Defensa del Patrimonio que provocó, por la defenso de los ataques realizados por la concejalía de Urbanismo contra elementos patrimoniales, lo cual llevó a la dimisión del anterior concejal de gestión del territorio y a la puesta en piqueta de su sucesora.

Esta es información para que ustedes estén informados sobre estes sucesos de corte fascista.

Un saludo.

Web de referencia:


No seu día entrevistamos a un dos responsables de O Faiado da Memoria, Antón Caeiro, profesor e documentalista autodidacta, autor de "Esta noite, velada", sobre o grupo de teatro de Rianxo "Airiños".
  Vexa aquí a entrevista

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: xa te podes anotar á piscina e fitness da Fieiteira, que abre o martes 12 de abril

Media_httpfarm4static_fcycq

A piscina, en foto de arquivo

Ribeira, 5 de abril de 2011.- A Concellería de Deportes informa da apertura do Complexo Deportivo da Fieiteira, prevista para o próximo martes día 12 de abril e, con tal motivo, os interesados xa poden anotarse nos cursos de piscina e fitness que estas instalacións acollerán a partir de maio. 

Estes prazos de inscrición rematan o 18 de abril e, de ser necesario, o día 19 de abril efectuarase un sorteo público (ás 12.00 horas no Auditorio Municipal) para establecer o acceso aos cursos. Esta semana poderanse realizar as inscricións no Auditorio Municipal (oficina de deportes), pero a partir da apertura do complexo estes tramites realizaranse na recepción do complexo.

As modalidades nas que se poderán inscribir son as seguintes: cursos piscina iniciación e perfeccionamento [cativos  (0-3 anos), benxamín (4-7), escola natación (8-12), xóvenes (12-16) e adultos (a partir de 17 anos)]; outras actividades dirixidas de auga (aquagym, aquastep e aquaerobic) e cursos fitness [ciclismo indoor (spinning), aerobic (para xovenes e adultos), pilates, gap (traballo especifico de abdominais, glúteos e pernas), circuit training e latinos].

Maquinaria

Estes días estase equipando de maquinaria a sala fitness,. Unha vez abra a Fieiteira, os usuarios poderán utilizar o material cardiovascular (cintas, elípticas e bicicletas ), estando previsto que na última semana do mes de abril chegue o resto de  maquinaria de musculación adquirida.

Para non prexudicar os usuarios que veñen utilizando actualmente este servizo de musculación, permanecerá aberto o existente no polideportivo Santa Uxía (en Coroso) ata non completar o equipamento da Fieiteira. Durante o mes de abril e a partir do vindeiro luns o horario do ximnasio de Coroso será de 17.00 a 23.00 de luns a venres e de 09.00 a 14.00 horas os sábados.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: esta fin de semana, espectáculo literario o venres e outro de maxia solidaria o sábado


Rianxo, 5 de abril de 2011-A programación cultural a desenvolver este fin de semana no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo é a que segue:

  • VENRES 8 DE ABRIL. 20.30 h: COLLAGE: espectáculo literario.
Collage é un xogo literario composto de 45 tarxetas, unha baralla que se le de diferentes maneiras segundo como se ordenen os naipes.

Escribir collage foi xogar e ler collage é xogar. Iso é o mellor: non permite que non xogues con el.

A escritora sae de diante do ordenador para enfrontarse aos seus lectores cara a cara.Un espectáculo literario que dura non moito máis de media hora. Esther F. Carrodeguas no papel de sí mesma.Raquel Nogueira como Alicia.E coa colaboración especial de Luis Martinez!!
Durante o espectáculo a autora dramatizará a creación da historia de amor entre Alicia e Alberto. Mais a pequena Alicia non pode ficar calada namentres a escriben, e sairá das letras canto faga falta para protestar, pedir que sucedan cousas interesantes, decepcionarse coa súa escritora, rirse dela ou berrarlle ata se fartar.

  • SÁBADO 9 DE ABRIL. 20.30 h: MAXIA SOLIDARIA: gala a prol de INTERMÓN OXFAM.

A Gala está dirixida e coordinada por Alán Golias que tamén fará de presentador xunto con Rodrigo Vegas. Participarán os seguintes ilusionistas:

  • Eloy Mateos (Santiago)
  • Julián Prieto (A Coruña)
  • Oscar Fernández (Vigo)
  • Mago Adry (Santiago)
  • Pedro Bugarín (Santiago).

Haberá un stand informativo da labor de INTERMÓN OXFAM  e sensibilización e apoio á Taxa Robin Hood.

Para poder acceder ao espectáculo hai que mercar unha rifa, dispoñibles a partir das 19.00 h e os fondos destinaranse á Campaña de Emerxencia Sequía en Somalia.


cartel collage.pdf Download this file

cartel maxia solidaria - rianxo.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: o comité do Hospital da Barbanza entregou sinaturas para pedir celadores

O Psoe denuncia a utilización da Policía autonómica neste acto de entrega para amedrentar aos traballadores e conculcar libertades

Ribeira, 5 de abril de 2011. O Comité de Empresa do Hospital da Barbanza presentou hoxe, ás 11 horas, no Rexistro Xeral do Sergas, os escritos recollidos entre a poboación do Barbanza para reclamar a dotación de celadores para este centro hospitalario xa que, xunto a Hospital Virxe da Xunqueira de Cee,  son os únicos centros do Sergas que non contan con esta categoría polo que as funcións de este colectivo asúmenas o resto de profesionais do Hospital.  Na entrega das sinaturas estiveron presentes a parlamentaria do BNG  Ana Luisa Bouza e o parlamentario do PSOE Lage Tuñas.

O Sergas montou un dispositivo policial na entrada do edificio e non deixaron aos medios de comunicación  recoller o momento de presentación  dos escritos no Rexistro Xeral do Sergas.

Dende o Comité faise chamamento ao Sergas para que non discrimine aos usuarios de esta comarca xa que o Hospital do Barbanza non ten a mesma dotación de categorías que o resto dos Hospitais da rede Sergas.

Nota do Psoe:

Lage denuncia a utilización da Policía Autonómica por parte da Xunta para impedir a difusión das reivindicacións dos veciños do Barbanza que piden celadores para o Hospital Comarcal

Rexistra varias iniciativas no Parlamento para pedir explicacións ante "un feito grave, que conculca dereitos e que supón a utilización partidista da Policia Autonómica”

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2011. O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage denunciou hoxe a utilización da Polícia Autonómica por parte do goberno de Núñez Feijóo, a partir dunha orde dada pola Consellería de Sanidade, para impedir a entrada no rexistro da consellería dos xornalistas dos medios de comunicación que cubrían a entrega de sinaturas pedindo a dotación de celadores para o Hospital do Barbanza.

Lage Tuñas acudía esta mañá ás dependencias da consellería de Sanidade xunto aos membros do Comité de Empresa do Hospital do Barbanza co obxecto de entregar máis de 2000 firmas para pedir que se dote ao hospital do Barbanza con celadores, “xa que é xunto ao hospital de Cee, os únicos que non dispoñen de celadores”.

“É un feito grave que conculca dereitos e o goberno galego terá que vir ao parlamento a explicar a utilización partidista da Policia Autonómica” asegura José Manuel Lage ao mesmo tempo que califica de “situación bochornosa” a presencia dun corpo policial diante dunha entrega de sinaturas de colectivos sociais da comarca do Barbanza.

“Estamos en democracia e Feijóo debería saber que a utilización da policia para coartar as liberdades está fóra do ordeamento xurídico. O Presidente da Xunta terá tempo de reflexionar sobre estes graves feitos para tomar as decisións oportunas” afirmou Lage Tuñas. Os socialistas galegos recordan que a convocatoria foi feita pública polo Comité de Empresa e recordan que no mesmo acto participaron dous deputados do parlamento de Galicia (José Manuel Lage Tuñas do PSdeG-PSOE e Ana Bouza do BNG)

Lage Tuñas relata como “cando nos dirixíamos á entrada da consellería na que se accede ao rexistro xeral, aparece un cordón policial da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia composto por seis policias que impide formalmente a entrada dos xornalistas que quería cubrir informativamente o momento no que se depositan as sinaturas no rexistro da Consellería por parte do Comité de Empresa do citado complexo hospitalario.”

“Preguntado un axente de policia da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia por quén lles dou a orde contesta que foi Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, aínda que non ten ningunha orde escrita e recoñece que só foi verbal”.

”É unha vergonza a utilización da policia para poñer atrancos á libre expresión dos cidadáns, á difusión das reivindicacións de máis de 2.000 persoas que reclaman celadores para un hospital público”, asegurou José Manuel Lage.

O Portavoz da Área institucional do Grupo Socialista xa rexistrou varias iniciativas parlamentarias para que o goberno aclare “quen deu a orde de enviar a unha unidade policial da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia á consellería de Sanidade o día 5 de abril de 2011 con motivo da entrega de máis de 2.000 sinaturas por parte do Comité de Empresa do Hospital do Barbanza.”


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o Concello colga "A Fiestra" cos logros do equipo de goberno, contravindo a reformada Lei Electoral

Media_httpfarm6static_idcsy

Captura de pantalla da web de Lousame

Lousame, 5 de abril de 2011. Na web do Concello de Lousame vese de xeito claro o incumprimento da lei electoral por parte do alcalde, Santiago Freire, pois, como se pode ver na captura de pantalla adxunta, a revista "A Fiestra", que recolle todo o feito polo equipo do PP nesta lexislatura no municipio, foi colgada (Data publicación: 30/03/2011 18:38:13 - REVISTA A FIESTRA) o 30 de marzo ás seis menos dezaoito da tarde. Segundo a nova lei electoral, nada disto se podía facer logo do 28 de marzo.

Media_httpfarm6static_haxan

A revista foi pagada cos impostos de todos os veciños, como se observa ao levar o escudo do concello

A reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg), que entrou en vigor o pasado 30 de xaneiro, impón restriccións ao Goberno, Xunta, Deputacións e Concellos a partires do día en que se convoquen as eleccións (28 de marzo neste caso) e ata a súa celebración (22 de maio). O texto indica que a partires da convocatoria de eleccións "queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, direta ou indiretamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos ou que utilice imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas concorrentes ás eleccións". A este artigo compleméntao outro que sinala prohibición de "calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos destes sen prexuízo de que ditas obras ou servizos poidan entrar a funcionar en dito periodo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical