O Sergas montou un dispositivo policial na entrada do edificio e non deixaron aos medios de comunicación recoller o momento de presentación dos escritos no Rexistro Xeral do Sergas.
Dende o Comité faise chamamento ao Sergas para que non discrimine aos usuarios de esta comarca xa que o Hospital do Barbanza non ten a mesma dotación de categorías que o resto dos Hospitais da rede Sergas.
Nota do Psoe:
Lage denuncia a utilización da Policía Autonómica por parte da Xunta para impedir a difusión das reivindicacións dos veciños do Barbanza que piden celadores para o Hospital Comarcal
Rexistra varias iniciativas no Parlamento para pedir explicacións ante "un feito grave, que conculca dereitos e que supón a utilización partidista da Policia Autonómica”
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2011. O portavoz da área institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage denunciou hoxe a utilización da Polícia Autonómica por parte do goberno de Núñez Feijóo, a partir dunha orde dada pola Consellería de Sanidade, para impedir a entrada no rexistro da consellería dos xornalistas dos medios de comunicación que cubrían a entrega de sinaturas pedindo a dotación de celadores para o Hospital do Barbanza. Lage Tuñas acudía esta mañá ás dependencias da consellería de Sanidade xunto aos membros do Comité de Empresa do Hospital do Barbanza co obxecto de entregar máis de 2000 firmas para pedir que se dote ao hospital do Barbanza con celadores, “xa que é xunto ao hospital de Cee, os únicos que non dispoñen de celadores”. “É un feito grave que conculca dereitos e o goberno galego terá que vir ao parlamento a explicar a utilización partidista da Policia Autonómica” asegura José Manuel Lage ao mesmo tempo que califica de “situación bochornosa” a presencia dun corpo policial diante dunha entrega de sinaturas de colectivos sociais da comarca do Barbanza. “Estamos en democracia e Feijóo debería saber que a utilización da policia para coartar as liberdades está fóra do ordeamento xurídico. O Presidente da Xunta terá tempo de reflexionar sobre estes graves feitos para tomar as decisións oportunas” afirmou Lage Tuñas. Os socialistas galegos recordan que a convocatoria foi feita pública polo Comité de Empresa e recordan que no mesmo acto participaron dous deputados do parlamento de Galicia (José Manuel Lage Tuñas do PSdeG-PSOE e Ana Bouza do BNG) Lage Tuñas relata como “cando nos dirixíamos á entrada da consellería na que se accede ao rexistro xeral, aparece un cordón policial da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia composto por seis policias que impide formalmente a entrada dos xornalistas que quería cubrir informativamente o momento no que se depositan as sinaturas no rexistro da Consellería por parte do Comité de Empresa do citado complexo hospitalario.” “Preguntado un axente de policia da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia por quén lles dou a orde contesta que foi Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, aínda que non ten ningunha orde escrita e recoñece que só foi verbal”. ”É unha vergonza a utilización da policia para poñer atrancos á libre expresión dos cidadáns, á difusión das reivindicacións de máis de 2.000 persoas que reclaman celadores para un hospital público”, asegurou José Manuel Lage. O Portavoz da Área institucional do Grupo Socialista xa rexistrou varias iniciativas parlamentarias para que o goberno aclare “quen deu a orde de enviar a unha unidade policial da Unidade Adscrita da Policia Nacional en Galicia á consellería de Sanidade o día 5 de abril de 2011 con motivo da entrega de máis de 2.000 sinaturas por parte do Comité de Empresa do Hospital do Barbanza.”Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario