21.6.12

A Pobra: esixen á Xunta que Torre Xunqueiras abra ao público alomenos catro días ao mes como marca a lei

  • Lage Tuñas cre moi grave que o goberno galego, como xa fixo antes co pazo de Meirás, "ningunee o acordo unánime do Parlamento Galego en marzo de 2010 e sexa cómplice do incumprimento da Lei de Patrimonio Cultural"
  • O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage rexistrou hoxe unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia “para esixir o cumprimento dun acordo parlamentario, unánime, no que se instou ao goberno galego a facer cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e posibilitar a apertura ao público do Pazo Torre de Xunqueiras alomenos catro días ao mes ”.
  • ”O Goberno debe facer cumprir a lei de Patrimonio Cultural de Galicia e facilitar a apertura ó conxunto da poboación do Pazo de Torre de Xunqueiras, un Ben de Interese Cultural (BIC) recoñecido dende o ano 1981.” explicou o deputado socialista nunha rolda de prensa no concello da Pobra.

Media_httpfarm4static_acsql

A Pobra do Caramiñal, 21 de xuño de 2012. O deputado e Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista; José Manuel Lage, rexistrou hoxe unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia “para esixir o cumprimento dun acordo parlamentario, unánime, no que se instou ao goberno galego a facer cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e posibilitar a apertura ao público do Pazo Torre de Xunqueiras alomenos catro días ao mes ”.

O acordo alcanzado polo parlamento por unanimidade dos grupos políticos e a proposta do deputado socialista José Manuel Lage, o pasado 11 de marzo do ano 2010, foi o seguinte:

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1) Realizar as accións necesarias para o establecemento do réxime de visitas do pazo Torre de Xunqueiras conforme o establecido na lexislación vixente, buscando o acordo co Concello da Pobra do Caramiñal e co titular ou titulares do pazo.

2) Impulsar un programa de difusión e coñecemento dos bens de interese cultural de Galicia, entre os que se atopa o pazo Torre de Xunqueiras, co obxecto de que o conxunto da poboación galega coñeza e goce do importante patrimonio histórico-artístico do noso país."

Lage Tuñas considera “moi grave” que o goberno galego non cumpla os acordos adoptados polo Parlamento de Galicia e ve “un claro ninguneo” o incumprimento da Xunta, pasados xa dous anos dende o acordo parlamentario, no que os tres grupos políticos (PSdeG-PSOE, PP e BNG) apoiaran unha proposición non de lei presentada polo deputado socialista.

Cabe recordar que este Pazo Torre de Xunqueiras, ubicado no concello de A Pobra do Caramiñal foi declarado monumento histórico artístico o 27 de marzo de 1981, e “na actualidade sigue sen darse cumprimento á lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, xa que entre outras cousa non está aberto catro días ao mes para a súa visita pública”.

O Goberno debe facer cumprir a lei de Patrimonio Cultural de Galicia e facilitar a apertura ó conxunto da poboación do Pazo de Torre de Xunqueiras, un Ben de Interese Cultural (BIC) recoñecido dende o ano 1981.” explicou o deputado socialista nunha rolda de prensa hoxe pola mañá no concello da Pobra.

Lage Tuñas recordou que o artigo 26.3 da lei do patrimonio cultural de Galicia di con claridade que “os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural deberán de facilitar a visita pública ós mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuíta durante catro días ó mes, en días e horario prefixado. Esto é o que pedimos, que se cumpla a lei

“Agora o que esiximos é que o goberno galego faga cumprir a lei e cumpla el mesmo o acordo parlamentario xa que ningunha persoa ou familia pode estar ao marxe da lei. Débese facilitar con urxencia a confección dun calendario con datas e horarios prefixados para que os cidadáns coñezan de antemán cando poden visitar este ben de interese cultural tal e como recolle a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.”

Lage Tuñas explicaba que esto “non é un capricho dun grupo político senón un acordo adoptado polo Parlamento, por unanimidade dos lexítimos representantes da soberanía popular galega. As leis deben de cumprirse e o goberno debe velar porque se cumpra a lei e atender os acordos adoptados polo Parlamento”.

O PSdeG recorda que na actualidade estase infrinxindo o deber legal de establecer un réxime de visitas a un inmoble dun inmenso valor histórico e que pola súa catalogación contou co amparo e a axuda do Estado para a súa conservación e restauración.

É impropio dun réxime democrático que as decisións adoptadas polos representantes lexítimos da cidadanía, elexidos como deputados e deputadas, poidan ser ninguneadas polo poder executivo tal e como está pasando co citado acordo”, afirmou Lage Tuñas.

bizhub_C20_120621075949_0001.pdf Download this file

84721-PNP Torre de Xunqueiras-xuño 2012.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Panos Brancos contra a Droga", pandeiretada interxeneracional, o San Xoán de Palmeira e un concerto no conservatorio, todo este sábado 23

Ribeira, 21 de xuño de 2012.- A cidade de Riveira é o escenario elixido para desenvolver este sábado 23 de xuño, a partir das 11.30 horas, da sétima edición da campaña de sensibilización social Panos Brancos Contra a Droga: unha actuación promovida conxuntamente pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico, a Asociación Renacer e o Concello de Riveira, co obxectivo de por unha parte de posicionarse contra o tráfico de drogas e, doutra, de concienciar á sociedade sobre a importancia de levar unha vida libre de adiccións.

Para explicar os pormenores do evento déronse cita na Casa Consistorial o xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Fernando Alonso; a presidenta de Renacer, María González; e o alcalde local Manuel Ruiz Rivas.

Este último proclamou a satisfacción que supón para o Concello de poder acoller este acto en Riveira para sensibilizar á poboación sobre “a lacra que supón a droga na saúde das persoas e os nocivos efectos do tráfico ilegal” e quixo aproveitar tamén para subliñar o labor que se está a prestar dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), dirixida por Jesús Cartelle.

Fernando Alonso explicou que Riveira recolle a testemuña doutras localidades nas que se celebrou esta acción, como Vilargarcía, Pontevedra, Santiago ou Lugo. En canto ao programa de actos do sábado, explicou que comezará ás 11.30 horas na praza do Concello coa lectura compartida do manifesto institucional da Fundación por parte do presidente da institución, Manuel Couceiro; do alcalde Manuel Ruiz, e de María González, de Renacer.

Como novidade tamén se lerá un segundo manifesto, de carácter máis xuvenil, que por primeira vez se vai facer dun xeito rapeado por parte dunha serie de artistas que colaboran no evento.

Marcha dos abandeirados

Despois se vai celebrar un dos principais atractivos do acontecemento: unha marcha de abandeirados na que se irán relevando unha bandeira branca distintas autoridades e distintos estamentos do municipio e da comarca (en eidos como a sanidade, o deporte, a educación, o tecido empresarial ou o sector do mar, entre outros) nun percorrido que irá dende a praza do Concello ata a praza de Compostela pola rúa de Galicia para despois regresar no sentido inverso.

Unha vez de volta á praza consistorial, e tras a firma da bandeira por todos os implicados, realizarase unha solta de pombas brancas, uns graffiteiros realizarán un mural relativo a esta ocasión e haberá unha exhibición de breakdance co fin de recabar tamén a participación da mocidade local. Está prevista que a iniciativa finalice ás 12.30 horas.

Para poñer fin a esta actividade interveu a presidenta de Renacer, quen fixo fincapé na importancia de aunar a colaboración de todos para loitar contra o abuso de substancias tóxicas e o contrabando, tal e como fai a súa asociación dende hai 22 anos.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

A actividade terá lugar na praza Uxío Novoneyra

 
Palmeira: é o San Xoán, pero na cidade hai Noite Meiga

Tres son as actividades que, dentro do programa Xuño da Cultura e as Artes, van desenvolverse mañá no municipio.

Así, cómpre salientar que a iniciativa da Asociación Riveira Escríbese con V, a cidade de Santa Uxía vai vivir unha verdadeira “Noite Meiga”: denominación coa que se vai celebrar, entre as 21.30 e as 00.00 horas na céntrica praza Uxío Novoneyra, unha iniciativa que combina música e canto tradicional, cunha queimada na que non podía faltar o clásico esconxuro. 

Un pouco antes, ás 20 horas no Conservatorio Municipal, terá lugar o Concerto de Fin de Curso que pon o punto e final á serie de audicións que se estiveron a prolongar durante esta semana. Será no salón de actos e como sempre a entrada é libre. Promove a Concellería de Educación.

Por último, a parroquia de Palmeira vivirá a celebración das Festas de San Xoán. Ao longo do día sucederanse ruadas, inchables, pau ensebado, festa da escuma e unha verbena na que actuarán Azalea e Assia. O pregón, programado para as 00.00 horas, correrá a cargo do veciño da localidade Plácido Betanzos. Organiza a Comisión de Festas de Palmeira.

SANXOANDEIRADA

Con motivo da chegada do san Xoán distintos grupos de pandeireteiras e pandeireteiros de distintas idades interpretan pezas tradicionais na chamada “Sanxoandeirada”: unha acción que promoven, no marco do Xuño da Cultura e as Artes, o Departamento de Servizos Sociais do Concello e o Obradoiro de Pandeireta do Colexio Bayón, coa colaboración das asociacións Alfaia e Amas de Casa de Riveira.

A actividade terá lugar este sábado, de 11.30 a 13 horas, na rúa de Galicia. Ao redor da actividade principal tamén repartiranse doces tradicionais  aos participantes (roscas, rosquillas, pan de ovos,…).

Os participantes levarán vestimenta en branco e negro. Haberá un obradoiro de herbas aromáticas e repartiranse os ovos de san Xoán para poñer nas fiestras pola noite. Pode participar calquera veciño ou veciña de negro e branco e que estea disposto/a a cantar, bailar e tocar a pandeireta ou outra percusión tradicional.

A actividade interxeracional iniciarase na rúa peonil onde irán incorporándose a modo de “flash mob” pandereteiros e pandereteiras de distintas idades  ao redor dun maio , “Ara das herbas”. Alí interpretaranse distintas pezas para logo ir en pasa rúas ata o cruceiro da Virxe da Saúde onde realizaranse uns bailes ao agarrado con pezas de música tradicional, para logo achegarse ata a chamada Fonte do Rueiro (ou do Areal, ou da Praza de Ourense- distintas posibles denominacións da mesma fonte) onde collerase auga da sétima fonte para incorporar ao rito de elaboración do cacho (auga de San Xoán)  que se fará de seguido na rúa peonil xunto á “Ara das Herbas”, no rito incluiranse as “Palabras de San Xoán retorneadas” para ceibarse do demo, explicación dos poderes máxicos de cada unha das herbas que conformarán o cacho e distribuiranse  distintos motivos escorrenta bruxas e escorrenta demos, así como bolsas de herbas para os participantes.

Todo na compaña de música tradicional, da participación dos pandereiteiros e pandereiteiras e de veciños e veciñas en festa que continuará ata as 13:00 con cantigas e bailes populares de modo informal e participativo.

Durante a actividade distribuirase tamén o “grimorio” “Sanxoandeirada” coa apartación de veciñas participantes no Obradoiro da Memoria coas súas lembranzas de ritos e ditos do San Xoán, así como outros textos relativos as tradicións e maxias e feitizos ao redor de tan sinalada data.

Asociacións e entidades que  participarán e colaborarán:

      Grupo de pandeireteiras do obradoiro da 3ª idade do Concello de Riveira.

      Alumnos/as das clases de pandeireta do Colexio Bayón.

      Alumnos/as dos obradoiros de pandeireta da Asociación de AA de Casa.

      Artistas ornamentais da Asociación Alfaia.

      Integrantes do Programa de Voluntariado Social.

      Equipo Técnico do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Riveira.

O Grupo de gaitas tradicional Os Jalochos  acompañará e interpretará tamén distintas pezas.

Cóntase tamén coa colaboración das Concellerías de Cultura, de infraestruturas e urbanismo e de Seguridade e Mobilidade cidadán.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro. este venres 22, concertazos e gala de Olloboi

  • Novedades Carminha + O Jran Fran no Dralion

Boiro, entrada do verán de 2012. Este venres 22 de Xuño o Pub DRALION, de Boiro, organiza unha espectacular benvida ao verán desde as 23.00h na que contarán coa actuación de Novedades Carminha, de banda de garaje-punk tropical! Que despois de presentar Te vas con cualquiera (2010) e ser aplaudidos en todo o Estado, incluindo as grandes salas de Madrid, Barcelona e tendo gran acollida no sur, chegando a participar no Monkey Week (Cadiz) estarán en Boiro para dar un dos seus xa famosos explosivos directos, a noite continuará ao cargo de "O Jran Fran" (Heredeiros da Crus) que pinchará ata o fin da noite.

Festa Olloboi con Ataque Escampe na Pousada das Ánimas

 Despois da gala de entrega de premios OLLOBOI que se desenvolverá na Casa da Cultura "Ramón Martinez Lopez" (Boiro) desde ás 21 horas co lobeiro Tonhito de Poi, organizarase unha festa na Pousada das Ánimas na que actuará a banda compostelana ATAQUE ESCAMPE, presentando o seu terceiro disco: Violentos anos dez (2011, A Regueifa). O concerto comezará por volta das 00.30 polo que se compatibilizará co concerto de Novedades Carminha que citamos anteriormente.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: entran nos baixos dun edificio da rúa Miguel Rodríguez Bautista para arranxar o saneamento

  • Había un problema de insalubridade e o Concello abreu expediente

 
Ribeira, 21 de xuño de 2012.- O Concello deu no día de hoxe un paso decisivo cara á resolución do problema de insalubridade que, dende hai anos, se rexistra nos baixos do edificio situado na avenida Miguel Rodríguez Bautista, esquina con Mariño de Riveira, na cidade de Santa Uxía: insalubridade derivada de que o sistema saneamento do inmoble non conecta adecuadamente coa rede xeral, senón que verte nos locais comerciais.

Ás 10.30 horas de hoxe, operarios dunha empresa especializada procederon á apertura dos mesmos co obxecto de dar aplicación ás medidas cautelares adoptadas no marco dun expediente aberto polo Concello.

Máis concretamente, estas medidas consisten na instalación dunha rede provisional de evacuación de tubos de PVC colgadas do teito de tal xeito que conecte as tres baixantes do edificio existentes. A rede de saneamento embocará e evacuará á arqueta xeral do inmoble que conecta á rede de sumidoiros pública. Con carácter previo a esta actuación, estase a achicar e eliminar as augas residuais e as feces depositadas nestes locais.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o concerto de fin de curso de grao elemental ateiga o conservatorio

Media_httpfarm8static_zvmia

Ribeira, 21 de xuño de 2012.- O salón de actos do Conservatorio quedouse pequeno durante a celebración do Concerto de Fin de Curso impartido polos alumnos de Grao Elemental.

Media_httpfarm9static_fjoas

Se o pasado martes foi dedicado o concerto aos rapaces da Escola de Música Municipal (de 2 a 7 anos) no día de onte os protagonistas foron medio centro de alumnos e alumnas estudantes dos tres primeiros cursos do Grao Elemental, que estiveron acompañados na súa maioría polos pais e outros familiares ata ateigar o salón.

Media_httpfarm9static_feaaf

Todo tipo de instrumentos soaron onte neste recinto, como o saxofón, a viola, a gaita, o clarinete, o piano, a trompeta ou o violín.  Ao igual que o pasado martes tamén asistíu ao acto a Concelleira de Educación Dña Mari Carmen Vizcaya. Despois do concerto os rapaces recibiron as cualificacións finais do curso.

O ciclo de actuacións proseguirá esta tarde con outro novo concerto, esta vez a cargo dos alumnos de Grao Profesional. Será a partir das 20 horas e a entrada é libre.

https://twitter.com/Certo/status/215858566521827328




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: organizan un seminario para deixar de fumar o xoves 5 de xullo

Noia_deixar_fumar

Noia, 21 de xuño de 2012. A Concellería de Benestar e Igualdade organiza un seminario para axudar aquelas persoas que desexen deixar de fumar. No devandito seminario darase información do que é o tabaco e dos riscos que o seu consumo leva consigo para a saúde. Así mesmo tratarase sobre os tratamentos efectivos máis actuais e eficaces para deixar de fumar, darase información sobre cales son os máis adecuados para deixar de fumar, podendo elixir as persoas que así o desexen o que máis se adapte ás súas circunstancias.
O primeiro dunha serie de seminarios encamiñados a axudar ás persoas que queiran a deixar de fumar estará impartido por Antonio Busto, licenciado en farmacia. O devandito seminario terá lugar o xoves, 5 de xullo de 20:00 a 21:00 h. no edificio administrativo da Rúa do Curro, 4 - 2ª planta.

Posteriormente darase continuidade con outros seminarios que tratarán sobre adeshabituación e técnicas conductuais para deixar de fumar. Para inscribirse as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a infodrogas@gmail.com ou chamar o 609.82.31.34


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: actividades e obradoiros para nenas e nenos durante este verán

Noia_obradoiros_de_vern_12


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este sábado 23 de xuño presenta Boiroverde o seu calendario de cultivos

http://www.scribd.com/doc/97417172/Calendario-de-Cultivos-Boiroverde-2012

Boiro, 21 de xuño de 2012. O colectivo Boiroverde levará a cabo a presentación do Calendario de Cultivos o vindeiro sábado 23 de xuño ás 12.00 horas no Centro Social de Boiro. Á presentación asistirán os membros de Boiroverde, os participantes e colaboradores do calendario e o Concelleiro de Medioambiente, Antonio Moledo. Trataráse da presentación do modelo definitivo de calendario, así como da proxección do video da sesión realizada.

A actividade do Calendario de Cultivos naceu neste proxecto Boiroverde 2012 coa intención de involucrar ás persoas maiores nesta acción, e realizar algo que fose útil e didáctico para tod@s. Así foi como naceu a idea principal, que os vellos de Boiro  ensinaran as nocións máis básicas da agricultura, os tempos en que se sementa e se colleita cada cultivo. Para a elaboración deste calendario contouse coa colaboración dos participantes dos Talleres de Memoria que imparte Cruz Vermella Boiro nas parroquias de Boiro, que mediante un simple exercicio debateron nunha sesión esta cuestión, as épocas de semente e recolleita dunha longa lista de cultivos. Pero isto non foi todo, para achegarse a eles organizouse no Centro Social de Boiro un pequeno debate entre unhas dez persoas voluntarias para recoller toda a información que se precisaba e tentar solucionar algúns puntos conflitivos. O resultado desta sesión foi un vídeo de 20 minutos que recolle os aspectos tratados máis importantes, e un calendario (dispoñible para descargar no blog; http://www.boiroverde.blogspot.com.es ). Con este traballo os de Boiroverde dan  por cumprido o obxectivo de tomar contacto con persoas doutro grupo de idade, relacionarse con elas e ademais de aprender delas, elaborar un material que quedará a disposición de todos e todas aqueles que o precisen.

Pode que tamén lle interese:





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: "Stop Desahucios" presenta unha moción ante todos os concellos

Moción Stop Desafiuzamentos.pdf Download this file

Barbanza, 21 de xuño de 2012. Un grupo de veciños da bisbarra que forman parte da PLATAFORMA "STOP DESAHUCIOS" da comarca de Barfbanza presentan esta iniciativa popular, xa presentada en moitos municipios de España, por parte da PAH e STOP DESAHUCIOS. Xa foi aprobada en preto de 200 concellos de todo o país, que aceptaron os catro puntos básicos:

1.- Dación en pago (que o que non poida facer fronte á hipoteca da súa vivenda quede liberado totalmente dela en canto lle dea a vivenda ao banco)
2.- Moratoria para aquelas familias en casos de extrema necesidade que queden sen vivenda (ben alongando os prazos da hipoteca, ben paralizándoos ata que algún membro da unidade familiar atope traballo digno)
3.- Estudar medidas a nivel municipal para realoxos dignos das familias afectadas
4.- Trasladar as medidas anteriores ao Consello de Ministros para que modifiquen as leis necesarias con estes obxectivos

Antes, en Certo:


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 23 entrégase o XI premio de relatos "Avilés de Taramancos" a Xosé Alfredo Naz

Certamen_avils_11_premio_1

Noia, 21 de xuño 2012. O escritor Xosé Alfredo Naz Fernández (Vigo, 1972, profesor de Matemáticas que xa gañou o certame Ánxel Fole, o XXXVI de narracións curtas "Modesto Figueirido" e o "Ciencia que conta" de 2009) recollerá este sábado, 23 de xuño, no salón de plenos da Casa do Concello, o seu premio como gañador do XI Concurso de relatos de aventuras "Antón Avilés de Taramancos". O acto comezará á unha da tarde e está aberto ao público en xeral.

O fallo dérase a coñecer xa o pasado mes de abril. Naz gañou co relato "O sorriso de Hitler" e vai recoller 3.000 euros este sábado, ademais de ver publicada a súa obra.

Antes, en Certo:


Cultura: Naz, gañador do certame de relatos "Avilés de Taramancos"




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este domingo 24, xornada de xogos tradicionais

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical