Barbanza, 21 de xuño de 2012. Un grupo de veciños da bisbarra que forman parte da PLATAFORMA "STOP DESAHUCIOS" da comarca de Barfbanza presentan esta iniciativa popular, xa presentada en moitos municipios de España, por parte da PAH e STOP DESAHUCIOS. Xa foi aprobada en preto de 200 concellos de todo o país, que aceptaron os catro puntos básicos:1.- Dación en pago (que o que non poida facer fronte á hipoteca da súa vivenda quede liberado totalmente dela en canto lle dea a vivenda ao banco)
2.- Moratoria para aquelas familias en casos de extrema necesidade que queden sen vivenda (ben alongando os prazos da hipoteca, ben paralizándoos ata que algún membro da unidade familiar atope traballo digno)
3.- Estudar medidas a nivel municipal para realoxos dignos das familias afectadas
4.- Trasladar as medidas anteriores ao Consello de Ministros para que modifiquen as leis necesarias con estes obxectivosAntes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario