17.11.09

Turismo: Ribeira figura (con v) na Guía Turística Internacional do Eixo Atlántico

Cen mil exemplares en papel. A maiores, vostede pode descargala (42 megas en pdf) premendo aquí. Esta guía de 120 páxinas en tres idiomas vai ser distribuída a nivel internacional e chegará ata Bruxelas. Madrid, Barcelona e as oficinas de turismo de Galicia e Norte de Portugal.

Promociona o Xacobeo 2010 (o Camiño de Santiago en termos xerais) e inclúe roteiros diversos, incluso o Camiño Portugués da Costa, que se asemella na súa parte final ao Marítimo de Arousa (o ano pasado falámoslle dun libro relacionado, aquí). Por suposto, tamén sae Vilagarcía de Arousa e a Ría de Arousa. Agardamos que traia moitos turistas e interese a moita xente.

En canto ao de Riveira con v, o concello galego barbanzán é o único que vai contracorrente con este topónimo. Iso si, en Google se buscas Ribeira a secas, o primeiro que sae é a web do Concello, con V. Nin unha soa páxina máis, nin galega (Ribeira Sacra) nin portuguesa (Ribeira Grande) nin brasileira (Ribeira do Pombal, por poñer unha das numerosas) sae con v.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: Propostas do Bng para os orzamentos do 2010

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: o 20 presenta o seu E.P. en Rianxo AreavastA


Se non coñeces AreavastA, en Certo temos unha entrevista onde case se definen: http://certo.es/index.php?page=areavasta

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe pregunta que foi da escola de hostalería

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: contedores para aceite usado en vindeiras datas

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Turismo cultural: carreiráns co león do Pasatempo en Betanzos

A pesares das inclemencias meteorolóxicas que se presaxiaban para o pasado domingo 15 de novembro, unha vintena de veciños da parroquia ribeirense de Carreira (carreiráns entón) visitaron a vila de Betanzos nunha excursión de índole cultural organizada pola Asociación de Veciños.

 

Finalmente, a outonal climatoloxía non foi impedimento para que disfrutasen dunha agradable xornada na que coñeceron os principales monumentos betanceiros: a praza do Campo, as igrexas de Santiago, Santa María de Azogue, e sobre todo a de San Francisco, na que se asombraron da magnitude do sartego de Fernán Pérez de Andrade “o Bóo”; as casas góticas, a pintoresca rúa da fonte da Unta, ou mesmo tomar un café no que foi a mansión de Juan García Naveira. Outro elemento que lles causou fonda sorpresa foi o lavadoiro de As Cascas.

 

Logo dunha farturenta comida, a comitiva, acompañada da súa presidenta, Ana Gómez Hermo, paseou polo parque do Pasatempo, abraiados polo labor realizado polos irmáns García Naveira hai máis de 100 anos. Diversas historias e anécdotas relativas á vila brigantina fixeron máis amena unha xornada que todos consideraron de grande interese.

 

Así o viviron. E así nolo contaron, tal cal, en Certo.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Faranji: o capítulo III titúlase España'82

E Xurxo Ayán trae a esta entrega, como estrela invitada, a Manuel Fraga Iribarne. Entre outros, claro, pero é que nos sona tanto ese nome, e máis nestas datas...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical