9.9.10

A Pobra: o deputado Lage Tuñas pídelle á Xunta que reciba aos alcaldes de Ribeira e Boiro para abordar o conflito dos Grumir

Os socialistas agardan que Ribeira e Boiro conserven os Equipos Municipais de Intervención Rápida (Grumir) e piden que a Xunta non recorte en seguridade


Lage Tuñas en foto de arquivo

A Pobra do Caramiñal, 9 de setembro de 2010.- O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage manifestou hoxe a súa solidariedade cos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) de Boiro e Ribeira durante unha comparecencia de prensa en A Pobra do Caramiñal.

O PsdeG-PSOE considera “importante o esforzo que faga a FEGAMP por responder ás necesidades dos concellos e atender as reivindicacións que se formulan, pero é fundamental que o conselleiro da Presidencia, o Señor Rueda Valenzuela explique que solución poden dar ás demandas de Boiro e Ribeira”. Lage Tuñas dixo hoxe que “desexo que a Xunta non recorte orzamento nas políticas de seguridade dos veciños da comarca do Barbanza e agardo poida ter solución o problema existente”.

Neste sentido o Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage adiantou que se vai dirixir ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda “para solicitarlle que reciba á maior brevidade posible ao alcalde de Ribeira e tamén ao alcalde de Boiro co obxectivo de proporcionarlles unha solución que evite o recorte dos equipos de seguridade, dos Grumires no Barbanza”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: sácate os piercings e participa este sábado nun cásting en Ribeira para un documental sobre os celtas

Ribeira, 9 de setembro de 2010. Queres probar sorte este sábado no mundo do cinema documental? Pois se tes entre 16 e 70 anos, sácate todos os piercings e preséntate este sábado no bar Plaza de Ribeira, entre as dez e media da mañá e as sete e media da tarde.

A organizadora do cásting é Alén Filmes, aínda que a compañía que rodará o documental, titulado "El legado celta-gaélico", é Explora Films. Só tes que aparecer no lugar indicado, non hai que pedir cita previa. Se tes melena, bigote ou estás rapado, tes aínda máis opcións, sexas muller ou home.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os cursos de galego preparatorios dos Celga comezan o 20 de setembro no Grupo

Segue aberto o prazo para anotarse nesta acción formativa gratuíta 


Ribeira, 9 de setembro de 2010.– Os cursos gratuítos de galego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira para prepararse co fin de obter os CELGA (certificados de lingua galega) darán comezo o vindeiro luns día 20 de setembro. 

Neste sentido, a necesidade de obter unha formación adecuada no idioma galego leva ao Concello de Ribeira a animar a todos os maiores de 16 anos a que participen nestes cursos. Recórdaselles ademais a aquelas persoas que queren revisar e mellorar a súa competencia lingüística, aos que non cursasen estudos de galego na súa formación escolar, aos veciños que non nacesen en Galicia e polo tanto descoñecen o idioma, que tomen boa nota desta convocatoria e utilicen a oportunidade para a súa formación en galego. 

O prazo de matrícula segue aberto. Para anotarse ou obter máis información hai que poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística sito no Concello. Os cursos rematarán o día 25 de novembro e celebraranse no Colexio O Grupo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: los socialistas se quejan sobre el funcionamiento del Ayuntamiento y su "lejanía del ciudadano"


Ribeira, 9 de septiembre de 2010. El grupo socialista de Ribeira emitió una nota de prensa en la que expresa varias críticas sobre la forma de funcionar del actual grupo de gobierno, del PP, en el Ayuntamiento. Como es costumbre en Certo, se la transcribimos íntegra:

"El Ayuntamiento, como la Institución Pública más próxima al ciudadano, debe
ser una entidad eficiente y ejemplarizante. Una entidad merecedora de la confianza de
sus usuarios, independientemente de los representantes políticos que la dirijan en cada
momento. No sólo tiene que resolver las necesidades de los ciudadanos dentro de su
marco competencial, sino que debe hacerlo de la forma más transparente posible.

Desde el Partido Socialista de Ribeira, vemos con preocupación como los ciudadanos pierden progresivamente la confianza en las Instituciones. Vemos como, día tras día, el Ayuntamiento de Ribeira se aleja del ciudadano. Por poner un ejemplo. Cada vez que un ciudadano presenta un documento en el Registro Municipal, la copia del mismo es sellada, fechada y devuelta, pero no se especifica ni la hora ni el número de entrada.

Es evidente que el número de entrada en cualquier registro público es una garantía más que se le da al ciudadano de que la administración va a tramitar todas las solicitudes recibidas en riguroso orden. La numeración correlativa de las entradas y salidas de la administración está establecida en el artículo 38.4 de la Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común. El numerar los documentos correlativamente en el momento de su presentación es una práctica necesaria para mejorar la confianza del ciudadano.

Por ello, el Partido Socialista de Ribeira iniciará una serie de actuaciones con la intención de que el Ayuntamiento de Ribeira vaya mejorando progresivamente todos esos aspectos que con el tiempo han ido mermando la imagen de una institución que no pertenece a partido político alguno; sino que es una institución que pertenece a todos los ciudadanos y ciudadanas de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: viaxe a San Sebastián esta fin de semana para animar ás regatistas de Cabo de Cruz

Traíña entrenando na badía da Concha, en Donosti

Boiro, 9 de setembro de 2010. As concellerías de Turismo e Deportes do concello de Boiro organizan unha viaxe a San Sebastián para animar ás regatistas crucenses que participan na Regata da Concha, que se celebrará o vindeiro domingo, 12 de setembro ás 11.00 da mañá, sempre e cando se clasifiquen o sábado.

San Sebastián é, sen dúbida algunha, unha das cidades máis bonitas de España

No autobús de familiares e amigos non quedou ningunha praza libre. Un total de 55 persoas participan nesta viaxe, do 10 ao 12 de setembro. 


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: curso de 20 horas en Tallós para aprender a usar redes sociais de Internet


Dodro, 9 de setembro de 2010. A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello organiza un curso de 20 horas en Tallós aberto a todas/os as veciñas/os adultas/os do Concello sobre manexo das redes sociais.

No temario abordarase o coñecemento das redes sociais actuais, acceso e configuración con especial referencia ás cuestións de seguridade en redes sociais. Está destinado a un público preferentemente entre 18 e 30 anos e vaise impartir na casa de cultura de Tallós. Comeza o 20 de setembro e remata o 1 de outubro, impartido de luns a venres en horario de 19:30 a 21:30 horas.

Inscrición gratuíta chamando ao 981.802.466 ou acudindo aos Servizos Sociais en horario de 9.00 a 14.00 horas. Data límite para anotarse: o 16 de setembro). Hai prazas limitadas pero non especifican cantas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Xuventudes Socialistas denuncia o uso confesional da web do voluntariado galego

Barbanza-Noia, 9 de setembro de 2010. Xuventudes Socialistas de Galicia denuncia en nota de prensa que constatou que, dende antonte, a páxina en Internet coa que a Administración Pública autonómica apoia e coordina o voluntariado en Galicia "ten como evento máis destacado o recrutamento, por parte da Dirección Xeral de Xuventude, de galegos para darlle a benvida ao Papa. Asimesmo, estase a realizar un mailing masivo dende o mencionado organismo coa mesma finalidade".

     María Torres, Secretaria Xeral da organización xuvenil socialista, considera que esta utilización dos medios e cartos públicos (parte ou non deses tres millóns que a Xunta dixo aportar á cita) “excede do que podería ser razoábel para un acontecemento que promocione Galicia, e entra de cheo nunha colaboración cos obxectivos proselitistas dunha determinada confesión relixiosa”, xa que a visita do Papa é un evento que, a diferenza doutros, como unhas olimpíadas, non debería precisar, na súa organización e loxística, de máis persoal do que o que poida aporta-la propia Igrexa Católica e os traballadores, propios ou alleos, das Administracións públicas. 

     Pola contra, manteñen dende este colectivo político xuvenil, "os termos do chamamento para o que a Xunta aproveitou a web www.voluntariadogalego.org semellan coincidir máis coa necesidade da xerarquía eclesial de dar unha imaxe do seu líder como guía moral mobilizador de masas, con vistas a fortalece-las súas posturas, cada vez máis reaccionarias, politizadas e coartantes de múltiples liberdades públicas”, segundo María Torres.

     Para Xuventudes Socialistas,  “A Delegación de Pastoral de Xuventude da arquidiocese compostelana, acaba de facer un chamamento case idéntico, tanto na mensaxe, como na data e as formas usadas. Se este é irreprochábel como parte da liberdade da Igrexa, o clon da Xunta de Núñez Feijóo constitúe un incumprimento do mandato constitucional de aconfesionalidade do Estado".

     Xuventudes Socialistas demanda porén da Xunta a retirada do devandito chamamento, ou a modificación e/ou aclaración das funcións concretas dos voluntarios, para que a súa presenza "serva só para un correcto desenvolvemento dun acto que pode servir de escaparate de Galicia, e non sexa usada para carrexar, dende unha institución pública, masas que presentar propagandísticamente como devotas dunha confesión relixiosa concreta".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: organizan unha viaxe a Santiago para gañar o Xubileo o 2 e 3 de outubro

Dodro: presentado o programa deportivo para o inverno

Boiro: iniciativa gastronómico-turística para que se consuma mexillón e se visite a comarca durante todo o ano


Boiro, 9 de setembro de 2010. O Concello de Boiro, a través da súa Concellería de Turismo, vén de presentar un plano de acción destinado á desestacionalización turística e centrado na produción de mexillón no concello como recurso no que, a través de diversas actividades que se celebrarán ao longo de outono, pretenden ofrecerse alternativas formativas e de ocio para que os diferentes públicos (sector hostaleiro, turistas, veciños…) accedan ó coñecemento deste importante recurso desde perspectivas novidosas.

Toda a información na web http://mejillondeboiro.wordpress.com

Sobre os obradoiros, no folleto adxunto en pdf.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng cualifica de "abraiante castigo" á vila a falta de investimentos do PP en materia educativa

Os nacionalistas consideran un "abraiante castigo a Rianxo" pola Xunta do PP nas obras dos centros educativos e pedirá explicacións no Parlamento


Colexio Rural Agrupado de Rianxo, en Pazos


Rianxo, 9 de setembro de 2010. O Bng de Rianxo acaba de emitir unha nota na que considera que "a Consellería de Educación, que dirixe Xesús Vázquez, destinou segundo unha nota de prensa difundida case 1,6 millones de euros a reformas en 32 colexios de nove concellos da comarca (A Pobra, Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Ribeira). É espectacular a ausencia de Rianxo dese capítulo de investimentos: ningún dos seus tres centros escolares, nin o Colexio Rural Agrupado coas súas unitarias, nin o instituto aparecen no listado de obras acometidas. Incríbel cando as necesidades de reformas e obras son cando menos similares aos dos demais centros da comarca e cando un Colexio como o Brea Segade de Taragoña leva 27 anos sen unha man de pintura exterior, ou os xogos exteriores do colexio de Asados están abaneando e corren risco de virse abaixo, entre outros problemas de cubertas de uralita, falta de canaletas, humidades, amaños en peches, reformas en baños... Igual que os demais e merecedores o mesmo de recibir axudas da Consellaría".

O Bng rianxeiro trasladará á parlamentaria Ana Pontón esta protesta e preguntará os criterios seguidos para castigar a Rianxo no reparto das actuacións da Consellería de Educación. 

Relacionadas:
Os ultraportátiles non estarán a tempo

Cambios nos colexios de Barbanza e Noia este curso

Noia: obras antes do comezo do curso


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Educación: 1,6 millóns de euros para obras en colexios no Barbanza e Noia, segundo a Consellería

Traballos de reforma en 32 centros de nove concellos da comarca, nos que está a realizar un total de 50 actuacións. Destacan as actuacións nos CEIP de Noia, cun investimento que supera os 300.000 euros; no CEIP de Cespón, en Boiro, con 75.495 euros para o acondicionamento do patio de xogos, ou as actuacións nos centros da Pobra, cun orzamento de máis de 150.000 euros

Barbanza-Noia, 9 de setembro de 2010.- A Consellería de Educación está a investir no 2010 preto de 1,6 millóns de euros na comarca do Barbanza en 50 obras de mellora en 32 centros de ensino de nove concellos da comarca, segundo fontes da Xunta de Galicia. En concreto trátase de 20 centros de Educación Infantil e Primaria e 12 de Secundaria dos concellos de A Pobra, Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Ribeira.

Os traballos abranguen todo tipo de obras, dende substitución de cubertas, reparacións nos sistemas de calefacción, melloras do illamento térmico e da eficiencia enerxética ata construcción de aseos, pintado de fachadas ou melloras no saneamento e acometida de augas, entre outros.


Colexio Rodríguez Cadarso

Destacan os traballos nos CEIP de Noia A.Rodríguez Cadarso e Felipe de Castro, cun investimento conxunto de 315.542 euros. Estes fondos permiten á Consellería, entre outras actuacións, mellorar a accesibilidade no primeiro ou arranxar os falsos teitos e as instalacións eléctricas no Felipe de Castro. No CEIP de Cespón, en Boiro, o departamento autonómico destina 75.495 euros ao acondicionamento do patio de xogos, mentres que nos centros de A Pobra –o CEIP Salustiano Rey Eiras e o IES A Pobra- o investimento da Xunta ascende a 151.300 euros en diversos traballos de mellora como o pintado do patio exterior cuberto.

As actuacións de mellora que leva a cabo a Xunta dan resposta ás vellas demandas destes colexios e institutos, moi necesarias e solicitadas en moitos dos casos. Ademais, algunhas das accións que se realizan con cargo aos fondos do departamento autonómico, como as melloras nos sistemas eléctricos, permitirán aos centros cumprir cos requerimentos técnicos para a implantación do Proxecto ABALAR, co que a Xunta está a promover o uso das TIC nos centros de ensino.

No conxunto da provincia, o importe dos traballos de mellora supera os 16 millóns de euros e benefician a 177 centros. Actualmente, o 95 por cento das obras xa están rematadas, garantindo así a normalidade no inicio das clases.

Relacionadas:
Os ultraportátiles non estarán a tempo

Cambios nos colexios de Barbanza e Noia este curso

Noia: obras antes do comezo do curso

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical