Traballos de reforma en 32 centros de nove concellos da comarca, nos que está a realizar un total de 50 actuacións. Destacan as actuacións nos CEIP de Noia, cun investimento que supera os 300.000 euros; no CEIP de Cespón, en Boiro, con 75.495 euros para o acondicionamento do patio de xogos, ou as actuacións nos centros da Pobra, cun orzamento de máis de 150.000 euros
Barbanza-Noia, 9 de setembro de 2010.- A Consellería de Educación está a investir no 2010 preto de 1,6 millóns de euros na comarca do Barbanza en 50 obras de mellora en 32 centros de ensino de nove concellos da comarca, segundo fontes da Xunta de Galicia. En concreto trátase de 20 centros de Educación Infantil e Primaria e 12 de Secundaria dos concellos de A Pobra, Boiro, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Ribeira. Os traballos abranguen todo tipo de obras, dende substitución de cubertas, reparacións nos sistemas de calefacción, melloras do illamento térmico e da eficiencia enerxética ata construcción de aseos, pintado de fachadas ou melloras no saneamento e acometida de augas, entre outros.Colexio Rodríguez CadarsoDestacan os traballos nos CEIP de Noia A.Rodríguez Cadarso e Felipe de Castro, cun investimento conxunto de 315.542 euros. Estes fondos permiten á Consellería, entre outras actuacións, mellorar a accesibilidade no primeiro ou arranxar os falsos teitos e as instalacións eléctricas no Felipe de Castro. No CEIP de Cespón, en Boiro, o departamento autonómico destina 75.495 euros ao acondicionamento do patio de xogos, mentres que nos centros de A Pobra –o CEIP Salustiano Rey Eiras e o IES A Pobra- o investimento da Xunta ascende a 151.300 euros en diversos traballos de mellora como o pintado do patio exterior cuberto. As actuacións de mellora que leva a cabo a Xunta dan resposta ás vellas demandas destes colexios e institutos, moi necesarias e solicitadas en moitos dos casos. Ademais, algunhas das accións que se realizan con cargo aos fondos do departamento autonómico, como as melloras nos sistemas eléctricos, permitirán aos centros cumprir cos requerimentos técnicos para a implantación do Proxecto ABALAR, co que a Xunta está a promover o uso das TIC nos centros de ensino. No conxunto da provincia, o importe dos traballos de mellora supera os 16 millóns de euros e benefician a 177 centros. Actualmente, o 95 por cento das obras xa están rematadas, garantindo así a normalidade no inicio das clases. Relacionadas:
Os ultraportátiles non estarán a tempo Cambios nos colexios de Barbanza e Noia este curso
Noia: obras antes do comezo do curso
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario