Mostrando entradas con la etiqueta seguridade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta seguridade. Mostrar todas las entradas

8.10.12

Ribeira: novos trámites para facer dúas rotondas que melloren a seguridade viaria

Media_httpfarm5static_vlhue

O actual sistema de rotondas é unha chafallada, case tanto como as que dan á autovía dende a Espiñeira en Boiro

  • O 18 de outubro, a tres días das eleccións, faranse os pagos aos afectados pola rotonda do Vilar
  • A Xunta aprobou hoxe a declaración de utilidade pública dos terreos do cruce entre AC-305 e Avenida da Paz, que enlaza coa autovía AG-11

 

Ribeira, 8 de outubro de 2012. O Concello informa de que –co obxectivo de seguir afianzando a seguridade viaria - estes días estanse a dar distintos trámites administrativos que veñen a axilizar a construción de dúas glorietas no termo municipal: unha no chamado cruce do Vilar e outra que mellorará a ordenación do tráfico na confluencia da estrada AC-305 coa avenida da Paz, que sirve de enlace coa autovía da Barbanza.

Pagos a tres días das eleccións: casualidade?

Así, cabe informar en primeiro lugar de que o vindeiro xoves día 18 de outubro efectuaranse os pagos dos terreos afectados polo proxecto de construción dunha glorieta no cruce do Vilar: un dos últimos trámites administrativos antes da materialización efectiva desta rotonda, tan demandada por veciños e usuarios nun punto estratéxico no que se entrecruzan ás vías procedentes de Aguiño e Carreira, da cidade de Ribeira, á rotonda de Xarás, de Frións e do Vilar.

En segundo lugar, e tal e como figura no DOG de hoxe, a Xunta de Galicia vén de declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da rotonda no punto quilométrico 38+060 da estrada AC-305.

Así, a Axencia Galega de Infraestruturas (entidade dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) resolveu aprobar con data de 11 de setembro de 2012 o proxecto de construción da devandita glorieta, que estará situada nese punto.

O obxecto do proxecto reside no desenvolvemento das actuacións necesarias para a mellora da intersección, substituíndo a actual disposición en T pola “construción dunha glorieta de dimensións adecuadas, o cal optimiza o deseño dende o punto de vista da seguridade viaria”. Así mesmo, esta actuación contribuirá a mellorar a conectividade entre o concello de Riveira e a autovía da Barbanza.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

18.6.12

Noia: policía e garda civil locais alíanse para mellorar a seguridade cidadá

  • Dende principio deste mes os corpos da Policía de Noia e a Garda Civil do Posto de Noia veñen incrementando a coordinación e xa obtiveron bos resultados

Media_httpfarm3static_gldbg

Noia, 18 de xuño de 2012. Segundo anunciou hoxe o alcalde, o socialista Rafael García Guerrero, entre as medidas adoptadas por estes corpos de seguridade oficiais está a realización de accións conxuntas como controis, operativos de seguridade e intercambio de información para poder poñer coto á inseguridade cidadá. "A coordinación e colaboración entre ambos corpos xa deu os primeiros froitos como a resolución de varios furtos nos que foron postos a disposición xudicial os autores dos mesmos en apenas corenta e oito horas. Estas investigacións levadas a cabo por parte da Garda Civil contaron coa colaboración da policía local", explica en nota de prensa o rexedor noiés.

Detectados vehículos sen seguro

Tamén se teñen desenvolvido varios controis conxuntos de tráfico, onde participaron varios axentes da Policía Local e a Garda Civil. Neles controlouse documentación oficial de vehículos e mesmo se practicaron rexistros, co que se detectaron varios coches sen seguro a cuxos propietarios se aplicou a correspondente sanción e retención do vehículo.

O alcalde noiés Rafael Garcia Guerrero agradece a dispoñibilidade da Garda Civil, "que está dando todo tipo de facilidades para colaborar e mellorar a seguridade cidadá. Agardamos nos vindeiros días incrementar a coordinación para dar aínda mellor servizo".

Contratación de auxiliares de policía con recursos propios

Ademais, informouse tamén de que o Concello de Noia, ante a eliminación da convocatoria de subvencións para a contratación de auxiliares de policía por parte da Xunta de Galicia, iniciará o proceso de contratación con recursos propios de cara a tempada estival, na cal se incrementa notablemente a poboación por efecto do turismo e da volta a casa de estudantes e emigrantes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical