O actual sistema de rotondas é unha chafallada, case tanto como as que dan á autovía dende a Espiñeira en Boiro
- O 18 de outubro, a tres días das eleccións, faranse os pagos aos afectados pola rotonda do Vilar
- A Xunta aprobou hoxe a declaración de utilidade pública dos terreos do cruce entre AC-305 e Avenida da Paz, que enlaza coa autovía AG-11
Ribeira, 8 de outubro de 2012. O Concello informa de que –co obxectivo de seguir afianzando a seguridade viaria - estes días estanse a dar distintos trámites administrativos que veñen a axilizar a construción de dúas glorietas no termo municipal: unha no chamado cruce do Vilar e outra que mellorará a ordenación do tráfico na confluencia da estrada AC-305 coa avenida da Paz, que sirve de enlace coa autovía da Barbanza.
Pagos a tres días das eleccións: casualidade?
Así, cabe informar en primeiro lugar de que o vindeiro xoves día 18 de outubro efectuaranse os pagos dos terreos afectados polo proxecto de construción dunha glorieta no cruce do Vilar: un dos últimos trámites administrativos antes da materialización efectiva desta rotonda, tan demandada por veciños e usuarios nun punto estratéxico no que se entrecruzan ás vías procedentes de Aguiño e Carreira, da cidade de Ribeira, á rotonda de Xarás, de Frións e do Vilar.
En segundo lugar, e tal e como figura no DOG de hoxe, a Xunta de Galicia vén de declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da rotonda no punto quilométrico 38+060 da estrada AC-305.
Así, a Axencia Galega de Infraestruturas (entidade dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) resolveu aprobar con data de 11 de setembro de 2012 o proxecto de construción da devandita glorieta, que estará situada nese punto.
O obxecto do proxecto reside no desenvolvemento das actuacións necesarias para a mellora da intersección, substituíndo a actual disposición en T pola “construción dunha glorieta de dimensións adecuadas, o cal optimiza o deseño dende o punto de vista da seguridade viaria”. Así mesmo, esta actuación contribuirá a mellorar a conectividade entre o concello de Riveira e a autovía da Barbanza.
Ribeira: o pintor Antonio Pérez doa ao Concello "Xeiteiros na rambla do Colón" post.ly/9Wi19 Medio Ambiente: Licenzas de caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos adega.info/info/090121joo… Isto cheira mal: desfalco e corrupción! Fotografía: Alfonso Novo presidiu a inauguración da súa mostra "Memorias de China" en Ribeira [pic] ff.im/15HGJs
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario