11.2.13

Ribeira: comezaron as obras na rúa Pedra da Aiga en Palmeira

 

Palmeira, 11 de febreiro de 2013.- O Concello informa de que xa está en marcha a obra para renovar os servizos da rúa de Pedra da Aiga, na parroquia de Palmeira: unha actuación cuxo importe ascende a 44.740,88 euros e está sendo executada pola empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L. 

A rúa non dispoñía de rede de drenaxe de augas pluviais, razón pola cal en épocas de chuvia era frecuente que se producisen problemas de acumulación en fincas colindantes. O pavimento actual era de formigón.

Pluviais, auga e saneamento

O proxecto elaborado prevé a construción dunha rede para drenaxe de pluviais, ademais da renovación dos servizos de auga potable e saneamento.

 

A tal efecto, será colocada unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro para o abastecemento de auga potable e outra de PVC corrugado de 315 milímetros para pluviais. En canto a saneamento, instalarase unha tubaxe de PVC liso de 315 milímetros.

 

Pavimentación

Unha vez rematadas estas accións, a rúa será pavimentada con adoquín de formigón gris combinado con outro de cor vermella, ambos con dimensións de 20x10x8 centímetros.

A rúa contará coa pendente lonxitudinal e transversal suficiente para que a auga superficial sexa conducida ata as arquetas sumidoiro proxectadas. Na liña de pluviais disporanse arquetas cada 20 ou 25 metros.

Pode que tamén lle interese:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: lista de premiados no certame de disfraces de Entroido

Dodro, 11 de febreiro de 2013. O pasado sábado, 9 de febreiro, celebrouse en Dodro o Concurso de Disfraces con gran afluencia de veciños e de disfraces. A entrega de premios estivo a cargo do alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, Cristina Codesido.

Durante toda a xornada todos poideron disfrutar de doces típicos do entroido.

Os premiados foron: 

Categoría individual infantil (0-6 anos): Premio lote sorpresa

Caperuchiña vermella: Saleta Rivo Bugallo

Unha oruga moi larpeira: Antía Otero Blanco

 

Categoría individual infantil (7-12 anos): Premio entradas de cine 3D

Vampiresa: Marta Le Perez Boga

Bruxa: Carolina Calvo Perez

 

Categoría individual xuvenil – Deserto

 

Categoría individual adulto: Fin de semana en Casa Rural

Circo ao revés 1 e circo ao revés 2: Mª Isabel Ramos Ferro e parella

Categoría grupal xuvenil: Xornada na boleira con merenda

Barbies: Alba Baleirón, Ángela Castro e Paula Calvo

Categoría grupal adulto: Cea en restaurante

Contos de Lecras: Rita Bugallo, Cristina Blanco, Raquel Tubío e Mónica Castro


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os 25 participantes no obradoiro de cociña e repostería entroideira recibiron os seus diplomas

Clausura_cocia_e_repostera_nad

Relacionada:


Ribeira, 11 de febreiro de 2013. Un total de 23 mulleres e 2 homes tiveron ocasión de participar durante a semana pasada (do 5 ao 8 de febreiro) no Obradoiro de Cociña e Repostería de Entroido que organizou o Concello dentro da programación destas festas.

 

Ao concluír o curso, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, entregou cadanseu diploma aos 25 asistentes á acción formativa, así como á profesora, Ana Domínguez Chouza.

Entre as especialidades aprendidas polos alumnos e alumnas, figuraron pratos tan típicos como  cocido, lacón con grelos, resóns, bolos do pote ou carne ao caldeiro, ademais de bolicos doces en prebe de viño tinto quente, rosquillas, filloas, orellas, flores, tarta de queixo, touciño de ceo, cabelo de anxo, tronco de chocolate, flan biscoitado, etc

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical