17.12.10

Ribeira: recepción no Concello ao equipo local de taekwondo, que marca un novo fito ao proclamarse campión de España de Clubs por cuarto ano consecutivo

Ribeira, 17 de decembro de 2010. O alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, en compaña do edil de Deportes Miguel Ángel Vidal Tomé, recibiu hoxe na Casa Consistorial a unha nutrida representación do Natural Biomeganutrición Riveira tras proclamarse a pasada fin de semana Campión de España de Clubs en Alfaz del Pi, en Alicante.

O Natural Sport,  dirixido por Juan Luis Martínez Queiruga, quedou campión por cuarto ano consecutivo, sendo a primeira vez que un club español acada semellante fazaña na historia do certame. Ademais, o club resultou campión nas categorías senior, junior e cadete masculino, e segundo en senior feminino. 

Os deportistas que acudiron ao Salón de Plenos da Casa Consistorial foron: 

Na categoría ABSOLUTA: 
- ESTEFANÍA HERNÁNDEZ (CAMPIONA DE EUROPA) 
- LARA OUVIÑA (CAMPIONA DE ESPAÑA) 
- PABLO CAROU (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- ÁNGEL PARADA (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- RAUL BOUZAS (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- ÁLEX VIDAL (SUB CAMPIÓN PARAMUNDIAL) 
- SUSANA OLIVEIRA 
- JUAN FERNÁNDEZ (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- JOSÉ FERNÁNDEZ (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- JAVIER SIEIRA (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- SABELA LONJA (SUB CAMPIONA DE ESPAÑA) 
- GERARDO ORTIZ (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- JOSÉ RAMÓN LOUZAO (TERCERO DE ESPAÑA) 
- JUAN RAMÓN MILLARES (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
 
En categoría CADETE: 
- MANUEL PARADA (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- PEPE VÁZQUEZ (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- SARAI SAMPEDRO (TERCEIRA DE ESPAÑA) 
- TOÑO RAMA (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- IRENE REY 
- UXÍA OLVEIRA 
- CARMEN GÓMEZ 
- AINARA BRIÓN 
 
E na categoría JÚNIOR: 
- CARLOS FRANCISCO MALLO (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- ISMAEL CASTRO (TERCEIRO DE ESPAÑA) 
- MIGUEL MARTÍNEZ (CAMPIÓN DE ESPAÑA)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: Antón Ageitos, independente, alcaldable polo Bng en 2011

Lousame, 17 de decembro de 2010. Antón Ageitos foi elixido a pasada semana como o cabeza de lista da agrupación nacionalista en Lousame en substitución do actual portavoz municipal, José Manuel Rial.

Ageitos, natural da parroquia de Tállara, non é afiliado ao BNG l"pero leva colaborando coa nosa formación dende hai varios anos, apoiando aos compañeiros desta localidade", explicaron os frentistas. Aseguran que  Antón Ageitos conta "cunha ampla experiencia de traballo en colectivos veciñais de diversa índole. A eleición de Ageitos realizouse por consenso do conxunto da militancia de Lousame e irá acompañado na lista por Sonia Ares".

O obxectivo do BNG, sinalan, "é darlle un novo pulo a acción política da formación no concello de Lousame co obxectivo de recuperar o apoio social obtido hai uns anos e disputarlle a alcaldía ao Partido Popular. Antón Ageitos preséntase a estas eleccións ilusionado pola tarefa que ten por diante e desexoso de compartir cos veciños de Lousame as proposta do BNG para este concello". 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Unicef xa abreu a súa tenda solidaria de Nadal e organiza o V Campionato de Fútbol Base o 27 e 28

Ribeira, 17 de decembro de 2010. UNICEF Comité local de Ribeira xa abriu esta semana unha tenda con produtos navideños (postais, xoguetes, lotería, etc) que permanecerá aberta ata o mércores 5 de xaneiro de 2011. Está situada na rúa Santa Uxía nº 5. O horario será de luns a venres de 18:30 a 20:30 e os sábados de 11:00 a 13:00.


Ademais, esta institución benéfica organiza un Campionato de Fútbol Base o luns 27 e martes 28 de decembro, segundo informou a presidenta local, Cruz Rivadulla, que tamén enviou o cartel do mesmo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o grupo "EntreLíneas" actúa hoxe no Campus Fest de A Coruña

Ribeira, 17 de decembro de 2010. A Concellería de Xuventude informa de que o grupo Entrelíneas, gañador no pasado verán do Primeiro Concurso de Grupos de Música Local Concello de Riveira, vai actuar no día de hoxe no CampusFest Galicia University Festival: a maior festa universitaria do 2010 que terá lugar en Galicia, ao esperarse que acudan a este evento (desenvolvido no recinto ferial ExpoCoruña) arredor de 25.000 estudantes procedentes de 91 facultades. 

A actuación de Entrelíneas foi posible grazas á proposta dos internautas que votaron pola banda ribeirense no concurso de música convocado a través da páxina web www.campusfest.es

Cabe lembrar tamén que este grupo actuará o próximo 2 de xaneiro no Auditorio Municipal ás 21.30 horas, dentro do programa de Nadal que organiza o Concello.

MySpace de EntreLíneas:

http://www.myspace.com/entrelineasrock


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rehabilitación: Muros, Noia, Rianxo e Padrón, entre as áreas beneficiadas polo novo convenio asinado entre Xunta e Fomento

En total prevense 1.750 actuacións en vivendas de núcleos e cascos históricos fronte ás 1.000 incluídas no último convenio, asinado o pasado 22 de febreiro na Coruña


Oficina de Rehabilitación de Noia

Barbanza-Noia, 17 de decembro de 2010. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informou hoxe que rehabilitará 1.750 novas vivendas nas áreas de rehabilitación declaradas no seu territorio, segundo establece o convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento no marco da reunión bilateral que tivo lugar hoxe na Coruña. Asemade, no marco da reunión bilateral declarouse a nova área de rehabilitación do Camiño de Santiago, que inclúe tódalas rutas do mesmo que transitan por Galicia.

En Noia, as vivendas afectadas por este convenio no casco histórico elévanse a 22, mentres en Rianxo (núcleo, Rianxiño e A Fincheira) e Padrón, as vivendas afectadas son a metade en cada municipio. No que atinxe a Muros, resulta ser a localidade destas bisbarras máis beneficiadas, ao poder acollerse a este convenio un total de 33 vivendas do núcleo histórico.

Tamén se asinaron acordos referidos a catro promocións de aloxamentos protexidos en varias localidades galegas, así como os correspondentes a cinco áreas de urbanización prioritaria, co obxectivo de que os promotores non perdan as axudas estatais que van desaparecer no ano próximo.

Finalmente asinouse un acordo no que se establece a achega do ministerio ao financiamento das oficinas de rehabilitación na súa faceta de portelo únicos.

Áreas de rehabilitación

O convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio contempla un total de 1.750 actuacións en vivendas e edificios de vivendas emprazados nun total de corenta e catro áreas de rehabilitación declaradas en Galicia, polo que a cifra de obxectivos, en número de vivendas, incluídos neste convenio supón un incremento do 70 por cento respecto do anterior convenio, asinado na Coruña o 22 de febreiro pasado, no que se acordaron 1.000 actuacións de rehabilitación nas áreas galegas.

Oficinas de rehabilitación-portelos únicos

No ámbito das oficinas de rehabilitación, as reclamacións da Xunta de Galicia deron como froito que o Ministerio manteña parte do financiamento das mesmas como portelos únicos, aínda que cunha importante redución respecto de anos anteriores.

Desta maneira, a achega do Ministerio de Fomento para compensar os gastos municipais de ditos portelos únicos en 2010 acadará 1.050.000 euros, que supón unha redución do 54,55 por cento respecto dos 2,31 millóns de euros do ano anterior. A Xunta non indica o que deixou de axudar pola súa banda, cargándolle gastos aos Concellos.

Concello
Nome área
Obxectivos 2010
A Coruña
 

Grupo vivendas O Birloque

40

Grupo vivendas Sta. Cristina

52

Grupo vivendas Os Mariñeiros

54
Betanzos
Conxunto Histórico
14
Ferrol
Conxunto Histórico
27
A Graña
8
Neda
Núcleo Histórico
14
Noia
Conxunto Histórico
22
Mugardos
Casco antigo de Mugardos
15
Muros
Conxunto Histórico
33
Padrón
Núcleo Padrón
11
Rianxo

Rianxo, Rianxiño, Punta Fincheira

11
Santiago Compostela
 Conx. Histórico
82
Pontepedriña
55
 Vista Alegre
22
Chantada
Chantada
22
Lourenzá
Lourenzá
11
Lugo
 Conx. Histórico
82
Mondoñedo
Mondoñedo
22
Monforte Lemos
Monforte Lemos
22
Quiroga

Praza Maior e Pazos de Mondelo

22
Ribadeo
Ribadeo
27
Rinlo
16
Sarria
Sarria
14
Vilalba
Vilalba
16
Viveiro
Viveiro
27
Castro Caldelas
Castro Caldelas
16
Celanova
Celanova
16
Ourense
 Conx. Histórico
27
Seixalbo
10

Polvorín, Camelias e Carballeira

77
Ribadavia
 Conx. Histórico
16
 San Cristovo
10
Verín
Verín
10
Cambados
Cambados
19
Cangas
Cangas
27
Pontevedra

Pontevedra: Estribela

27
Tui
Tui
16
Vigo
 Casco Vello
82
 Bouzas
27
Vilagarcía Arousa
 Carril
14
Vilaxoán
14
Casco Vello
28
GALICIA (Varios)

Camiños de Santiago

573
 

TOTAL OBXECTIVOS

1.750

Nota de prensa e fotos do Ministerio (en castelán)

</object>

Comisión bilateral de Vivienda con la Xunta de Galicia 

Las ayudas del Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación llegarán a 11.654 familias gallegas en 2010

  • Beatriz Corredor compromete a través de 11 acuerdos hasta cerca de 20 millones de euros para que 3.079 familias de Galicia puedan acceder a un hogar o mejorar el que ya tienen
  • La secretaria de Estado de Vivienda destaca que “la política de vivienda es una prioridad para el Gobierno” por lo que, “pese a la obligada austeridad, su presupuesto se mantiene en máximos”
  • Las ayudas a la vivienda del Gobierno central ya han llegado a 87.470 hogares de Galicia y ascienden a 430 millones de euros

A Coruña, 17 de diciembre de 2010 (Ministerio de Fomento).  

Las ayudas a la vivienda del Ministerio de Fomento llegarán en 2010 a 11.654 familias gallegas. Así lo han acordado hoy la secretaria de Estado de Vivienda y Actuaciones Urbanas, Beatriz Corredor, y el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras de la Xunta, Agustín Hernández, en la Comisión Bilateral de seguimiento del Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012. Desde 2004 un total de 87.470 hogares de Galicia se han beneficiado de estas ayudas.

Según el acuerdo sellado hoy por la secretaria de Estado y el conselleiro, el Gobierno central prestará especial atención en 2010 a unas de las líneas más demandadas por los ciudadanos de Galicia y que son prioritarias para el Ministerio de Fomento: el alquiler y la rehabilitación.

De este modo, se mantiene tanto la cifra de familias gallegas que podrán recibir la ayuda estatal para el pago del alquiler (hasta 700); como la de hogares que podrán obtener ayudas Renove para la rehabilitación energética (hasta 5.355). Además, se incrementa hasta 567 las familias que podrán obtener una ayuda del Estado para comprar una vivienda usada.

Igualmente se mantendrá la ayuda de 210 euros mensuales para el pago del alquiler destinada a los jóvenes, la Renta Básica de Emancipación, que en Galicia ya han percibido 19.275 jóvenes, a los que el Ministerio ha destinado un total de 65 millones de euros.

La reunión bilateral se ha saldado también con la firma de 11 acuerdos (ver explicación de acuerdos más adelante) para facilitar a 3.079 familias acceder a una vivienda o rehabilitar la que ya poseen y para mantener las Ventanillas Únicas de información y gestión de ayudas a la vivienda en Galicia. El Ministerio ha comprometido destinar a todo ello hasta 19,5 millones de euros y la Consellería 5,6 millones.

Además, en la bilateral se ha aprobado declarar el Área de Rehabilitación Integral de los Caminos de Santiago, que incluirá a unas 100.000 viviendas situadas en los municipios por los que discurren dichos caminos. Esta declaración abre la puerta a su futura rehabilitación con apoyo de la financiación del Estado.

Las ayudas estatales para los gallegos alcanzan los 430 millones

Todas estas actuaciones se suman a las ya financiadas por el Gobierno de España, que desde 2004 ha destinado cerca de 430 millones para fac

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Partido Popular lanza na Rede a súa primeira revista municipal "Somos a túa voz"

Dodro, 16 de decembro de 2010. O Partido Popular de Dodro, como fan outros grupos políticos en toda a bisbarra dende hai tempo, lanza a súa propia revista na Rede. O número que acaban de colgar pertence  a febreiro de 2008. Pódese ollar nesta ligazón ou vela directamente nesta nova, se teñen a paciencia de deixala cargar (é un pdf bastante pesado, de 30 megas).
<a title="View Revista Nº 1 - Febreiro 2.008 on Scribd" href=" " style="margin: 12px auto 6px auto; font-family: Helvetica,Arial,Sans-serif; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: normal; font-size: 14px; line-height: normal; font-size-adjust: none; font-stretch: normal; -x-system-font: none; display: block; text-decoration: underline;">Revista Nº 1 - Febreiro 2.008</a>                                                             </object>


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a asociación AntrosPinos organiza unha festa de fin de ano "de lareira"

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical