30.8.12

A Pobra: a peña ciclista "A de Rosa" tamén se volcou con La Vuelta

A Pobra do Caramiñal, 30 de agosto de 2012. O presidente da peña ciclista "A de Rosa", na Covecha, Iago Hermo, informou hoxe do moito que está esta peña a celebrar o paso de La Vuelta a España por Galicia "aínda que botamos moito en falta a presenza de Ezequiel Mosquera na competición".

De feito, unha das imaxes é de Pontevedra, co citado Mosquera, ciclista galego que fora o segundo en La Vuelta a España do pasado ano. A outra que acompaña esta información foi tirada diante do restaurante "A de Rosa", no paso desta competición ciclista española pola Pobra. Alí estaban parte dos integrantes da peña, namentres os outros se desprazaron ao mirador do Ézaro, en Dumbría, para ver a fin de etapa.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: charla sobre mediación xuvenil e asociacionismo o vindeiro xoves, 6 de setembro

Charla_asociacionismo

Rianxo, 30 de agosto de 2012. O vindeiro xoves, 6 de setembro, ás 16:30 horas, no Auditorio de Rianxo, terá lugar o obradoiro "Mediación xuvenil para a participación", que versará sobre a constitución e xestión dunha asociación. 


O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 12 a 35 anos, aínda que poderán participar  todas aquelas persoas interesadas no tema, ata cubrir prazas.

Os temas a traballar son:

  • Introducción ó asociacionismo
  • Función dunha asociación xuvenil
  • Trámites para a súa creacion
  • Acta constitucional
  • Estatutos
  • Rexistro
  • Facenda
  • Rexistro de xuventude
  • Regulamento e funcionamento interno
  • Financiamento.

Para máis información e inscricións, hai que pasarse polo Auditorio de Rianxo, ou no teléfono 981 100 688 e no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.es.

Pode que tamén lle interese:


Sanidade: martes 4 de setembro, información sobre recortes




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a entrega de diplomas marca o remate dos obradoiros de verán

  •  Os de Xoga con Nós despedíronse cunha xornada multixogos
  • A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, entregou os diplomas de fin de curso aos 15 participantes dos obradoiros de Inforxogos e Foto Dixital

 

Ribeira, 30 de agosto de 2012.- A concelleira de Cultura Elvira Pisos entregou uns diplomas e uns agasallos (unha bolsa con chucharías e unhas pás de praia) aos 15 participantes dos obradoiros de Inforxogos e Fotografía Dixital que se enmarcaban dentro do programa Verán Cultural.

 

O obxectivo dos cursos foi proporcionar aos pequenos coñecementos informáticos nun ambiente lúdico e de divertimento, a través de dinámicas de xogo e participación activa. Segundo salientou a edil “son os propios rapaces o que lles piden aos pais que lles leven aos obradoiros, xa que están entretidos, xogan cos seus compañeiros e aprenden dunha forma amena.”

 

Espérase que os próximos cursos que se fagan sexan no Nadal mentres os rapaces están de vacacións, co fin de facilitar ós pais a conciliación laboral e familiar.

 

Xornada Multixogos

Por outro lado, os nenos do obradoiro Xoga con Nós despediron hoxe nos colexios de Frións e Aguiño, o verán da mellor forma posible: divertíndose ao máximo.

 

Os responsables do curso, que se levou a cabo durante os meses de xullo e agosto, quixeron que os rapaces quedaran con bo sabor de boca, polo que organizaron unha Xornada Multixogos e unha merendiña con chuches. 

 

Ao longo da mañá, realizáronse as actividades que máis éxito tiveron entre os miúdos, como xogar cun paracaídas, circuítos de obstáculos e a diana de lanzamento.






 

Ademais, practicaron os bailes que van realizar mañá no festival de despedida dos obradoiros do Verán Cultural, que terá lugar no auditorio de Riveira ás 12 horas e onde se lles entregará uns diplomas por teren participado no curso.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: este sábado, 1 de setembro, Festa do Carme no Freixo

Cart

Outes, 30 de agosto de 2012. Este vindeiro sábado, 1 de setembro, terá lugar unha festa na honra do Carme, na parroquia do Freixo no concello de Outes.

O programa é o seguinte:

09:00 Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas “ Salgueiriños ”

14:00 sesión Vermut coa Orquesta Breixa  18:00 Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme, cantada pola coral polifónica “O Peirao do Freixo”. Ao remate, procesión e tirada da xa tradicional traca de fogos. 20:00 Concerto da Banda de Música de Outes no adro da Igrexa.

22:30 gran verbena amenizada polas Orquestras Breixa e Costa Dorada, "con parón ás 00:30 para a tirada de fogos de luces", informou Manolo Seijas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical