7.4.10

Lingua galega: a Coordinadora de ENDL do Barbanza pronúnciase sobre o borrador de decreto para o plurilingüismo


Miguel Louzao preside esta Coordinadora

Dende a Coordinadora Equipos de Normalización e Dinamización

Lingüística do Barbanza (CENDLB), perante as comunicacións sobre o Borrador do proxecto de decreto para o plurilingüismo non ensino non universitario de Galicia quere informar do seguinte:

1. O decreto proposto non serve para a promoción da lingua galega.
A diferenza dos textos anteriores nos que se establecían medidas en
positivo ao respecto da nosa lingua a proposta actual céntrase no
establecemento dun equilibrio horario e trata por igual dúas realidades
distintas.

2. O decreto proposto é ineficaz pedagoxicamente falando. O feito de
que os alumnos/as poidan expresarse con independencia da lingua
da materia en calquera das dúas linguas oficiais dificultará a
aprendizaxe dos contidos curriculares, a aprendizaxe lingüística a
través de contidos e o desenvolvemento da competencia lingüística.

3. O decreto proposto parece asentarse sobre un principio de
competencia entre linguas
ao confrontar continuamente as dúas
linguas oficiais.

4. O decreto proposto non garante un equilibrio real entre as dúas
linguas
, xa que o equilibrio entre dúas linguas en situación desigual é desequilibrio.
Por esta razón, a lingua que debe protexerse é a lingua galega, tal e como establece
o Estatuto de Autonomía. Polo tanto, non permitirá que o alumnado acabe o ensino dominando
as dúas linguas oficiais, xa que o galego vai quedar discriminado tamén no ensino, cando xa o está socialmente.

5. O decreto proposto non garante que os alumnos teñan o 50% da
carga lectiva en galego e o outro 50% en castelán
. Nos cursos
superiores (3º e 4º da ESO e BAC) nos que existen materias optativas
vai ser imposible o equilibrio entre as dúas linguas, poderá facerse
unha distribución equilibrada de materias, pero non se garante que
logo da elección os alumnos teñan o 50% das horas en cada lingua.

6. O decreto proposto establece unha distribución de linguas e materias
para a Educación Primaria e a ESO que afonda nos prexuízos cara
á nosa lingua
. O galego vese apartado das materias e dos itinerarios
tecnolóxicos, os máis escollidos polo alumnado hoxe en día.

7. O decreto proposto establece unha consulta ás familias que vai en
detrimento da calidade do ensino
. As familias carecen da
información suficiente para poder determinar a lingua en que se debe
impartir cada materia (descoñecen os materiais pedagóxicos que hai
dispoñibles, a capacidade e dispoñibilidade do persoal do centro para
empregar unha ou outra lingua…).

8. O decreto proposto contribúe a crear conflitos, complicar o funcionamento dos
centros
tanto no que afecta á convivencia da comunidade escolar
como á xestión administrativa ao sobrecargar de traballo aos equipos
directivos.

Garantímoslles que as reflexións que acaban de ler responden, xa que estes
son os obxectivos da nosa organización, ao rigor pedagóxico, á
profesionalidade e ao desexo de que a nosa lingua se manteña viva mil
primaveras máis.



O das "mil primaveras máis" deixouno escrito no seu epitafio este señor de Mondoñedo que perdeu moito tempo facendo xornalismo en Vigo

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: demandan execución de obras "xa" no peirao de Taragoña para que non desapareza a partida orzamentaria


Porto de Rianxo... un día destes teremos foto do de Taragoña, non perdan a esperanza
(Nota do Bng)

O Bng de Rianxo insistirá diante da falta de resposta da Xunta a atender as súas eivas e o perigo de que desapareza a partida orzamentaria comprometida

      Rianxo, 7 de abril de 2010. O grupo municipal do BNG leva varios meses a través dos parlamentarios Ana Pontón e Bieito Lobeira agardando a resposta de Portos de Galicia perante os incumprimentos do Goberno da Xunta coa parroquia de Taragoña en Rianxo. No que atinxe ao porto de Taragoña non se actuou ao longo destes últimos anos malia contar cunha partida orzamentaria para acondicionar a zona portuaria, asfaltar o dique, hoxe con gravilla, e mellorar as instalacións para as mariscadoras que traballan na zona, dependentes da Confraría Rianxeira. A través dunha pregunta parlamentaria datada en xuño do 2009 se requiría novamente este compromiso. Un ano despois Portos de Galicia continúa esquecéndose desta instalación.


Reclámase xa que logo se acometa alomenos o investimento do orzamento asignado, con independencia se poidan realizar outras actuacións futuras que complementen e doten duns servizos ao porto que hoxe non se teñen.

Peor aínda: se nos anos anteriores figuraba explicitamente unha partida de 300.000 euros para financiar esta actuación, cos orzamentos en curso do 2010 desapareceu e incluso tivo que ser obxecto dunha emenda do BNG solicitando a súa concreción e non diluirse en partidas xenéricas que acaban destinándose a outros portos.

O tempo vai pasando e vemos como a Xunta anuncia outras obras menores e os responsábeis de Mar e Portos veñen de visita constante ao muncipio pero non traen debaixo do brazo o cumprimento dos orzamentos, o que se lle debe esixir a unha administración. O BNG presentará ao Concello tamén unha moción neste senso para que apoie esta demanda xusta e optimice as instalacións taragoñesas.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Xurxo Ayán denuncia ante Patrimonio as obras que destrúen o campo da festa de Neixón

Download now or preview on posterous
Carta a Patrimonio.pdf (287 KB)

Se só fora o campo para a Romaría... Nesas obras vai enterrada a dignidade e a vergoña dalgúns políticos e técnicos.
Este, o da denuncia, é o paso lóxico tralo que nos contou onte Xurxo Ayán na súa carta "J’Accuse" (Eu acuso), que poden ler aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical