Miguel Louzao preside esta CoordinadoraDende a Coordinadora Equipos de Normalización e Dinamización
Lingüística do Barbanza (CENDLB), perante as comunicacións sobre o Borrador do proxecto de decreto para o plurilingüismo non ensino non universitario de Galicia quere informar do seguinte:1. O decreto proposto non serve para a promoción da lingua galega.
A diferenza dos textos anteriores nos que se establecían medidas en
positivo ao respecto da nosa lingua a proposta actual céntrase no
establecemento dun equilibrio horario e trata por igual dúas realidades
distintas.2. O decreto proposto é ineficaz pedagoxicamente falando. O feito de
que os alumnos/as poidan expresarse con independencia da lingua
da materia en calquera das dúas linguas oficiais dificultará a
aprendizaxe dos contidos curriculares, a aprendizaxe lingüística a
través de contidos e o desenvolvemento da competencia lingüística.3. O decreto proposto parece asentarse sobre un principio de
competencia entre linguas ao confrontar continuamente as dúas
linguas oficiais.4. O decreto proposto non garante un equilibrio real entre as dúas
linguas, xa que o equilibrio entre dúas linguas en situación desigual é desequilibrio.
Por esta razón, a lingua que debe protexerse é a lingua galega, tal e como establece
o Estatuto de Autonomía. Polo tanto, non permitirá que o alumnado acabe o ensino dominando
as dúas linguas oficiais, xa que o galego vai quedar discriminado tamén no ensino, cando xa o está socialmente.5. O decreto proposto non garante que os alumnos teñan o 50% da
carga lectiva en galego e o outro 50% en castelán. Nos cursos
superiores (3º e 4º da ESO e BAC) nos que existen materias optativas
vai ser imposible o equilibrio entre as dúas linguas, poderá facerse
unha distribución equilibrada de materias, pero non se garante que
logo da elección os alumnos teñan o 50% das horas en cada lingua.6. O decreto proposto establece unha distribución de linguas e materias
para a Educación Primaria e a ESO que afonda nos prexuízos cara
á nosa lingua. O galego vese apartado das materias e dos itinerarios
tecnolóxicos, os máis escollidos polo alumnado hoxe en día.7. O decreto proposto establece unha consulta ás familias que vai en
detrimento da calidade do ensino. As familias carecen da
información suficiente para poder determinar a lingua en que se debe
impartir cada materia (descoñecen os materiais pedagóxicos que hai
dispoñibles, a capacidade e dispoñibilidade do persoal do centro para
empregar unha ou outra lingua…).8. O decreto proposto contribúe a crear conflitos, complicar o funcionamento dos
centros tanto no que afecta á convivencia da comunidade escolar
como á xestión administrativa ao sobrecargar de traballo aos equipos
directivos.Garantímoslles que as reflexións que acaban de ler responden, xa que estes
son os obxectivos da nosa organización, ao rigor pedagóxico, á
profesionalidade e ao desexo de que a nosa lingua se manteña viva mil
primaveras máis.

O das "mil primaveras máis" deixouno escrito no seu epitafio este señor de Mondoñedo que perdeu moito tempo facendo xornalismo en Vigo
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario