Barbanza, 12 de novembro de 2010. A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza escolleu dous autocolanes para agasallar aos rapaces dos colexios da zona. Un deles é o habitual calendario, neste caso do 2011, pero coa frase reivindicativa no medio que reza "Non cales a boca". O outro, coa figura do Apalpador con deseño baseado na obra de Leandro Lama, ten como obxectivo potenciar o coñecemento desta tradición entre os nenos cando chegan as datas de Nadal, hoxe case esquecida. Pertencen á Coordinadora de Barbanza os seguintes centros:Rianxo: IES Félix Muriel, CEIP A.D.R. Castelao, CEP Brea Segade-Taragoña, CEIP Ana María Diéguez- Asados-Rianxo,CRA de Rianxo .
A Pobra: IES A Pobra, CEP Pilar Maestu-Cadreche,CEP Salustiano Rey Eiras, EEI da Angustia-Campo da Angustia-Posmarcos.
Ribeira:IES Coroso-Ribeira,IES Nº1,IES Leliadoura,CEIP de Artes,CEIP de Frións,CEIP Aguiño,CEIP O Grupo,CEP Carreira,CEIP Olveira,CPR Galaxia.Quen é o Apalpador ou Pandegueiro? Olla aquí ou aquí Vía Paraugas da Lingua

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario