3.9.10

Solidaridade: Unicef pide axuda para a emerxencia no Pakistán

Sanidade: o Bng suxire que se cree a categoría de celadores no Hospital da Barbanza pero sen reducir outras prazas


Concentración de traballadores do Hospital para reclamar celadores

A deputada nacionalista Ana Pontón lamenta o voto en contra do PP e a “cobardía” do deputado popular da comarca, que non asistiu ao debate

Barbanza, 3 de setembro de 2010.- O grupo parlamentario do BNG, a través da súa deputada Ana Pontón, defendeu hoxe na Cámara, a través dunha emenda, a incorporación do persoal celador á relación de postos de traballo do Hospital do Barbanza, sen que isto supoña a redución de prazas doutras categorías.

A deputada nacionalista, durante o debate dunha proposición non de lei do PSdeG neste sentido, lembrou que se trata dunha reivindicación do Comité de Empresa, dos traballadores e traballadoras dese Hospital perante a discriminación que sofren respecto a outros centros, “inxustiza que está a repercutir na calidade asistencial do centro”.

Ana Pontón deu o seu apoio á iniciativa, complementándoa coa emenda, toda vez que existe fundamento xurídico para crear a categoría profesional demandada, pois o decreto 91/2007 do 26 de Abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade supuxo a equiparación do persoal das antigas fundacións sanitarias ao persoal estatutario, tendendo a evitar discriminacións derivadas da existencia de réximes xurídicos distintos.

"O PP sacou a careta ao votar en contra"


Para a parlamentaria, o PP, votando en contra da proposta, “quitou por fin a careta”, pois durante o pasado curso, no que o BNG xa levou á Cámara diferentes iniciativas sobre este asunto, a súa resposta foi sempre “que se estaba estudando o caso”, o que, na súa opinión, era realmente unha escusa para dilatar no tempo a negativa.

Asemade, Pontón cualificou de “cobardía” que o deputado popular da comarca eludira participar na Comisión e, por tanto, no debate, e advertiu que vai ter que dar explicacións públicas do voto do PP. Concluiu anunciando que o BNG vai seguir pelexando para que finalmente si se produza o recoñecemento da categoría, garantindo que non se reducen outras prazas, iso si.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: agardan máis de 200 corredores na decimoterceira edición da carreira popular de Santa Uxía, este domingo 12

O triatleta Antón Ruanova, subcampión de España tras Gómez Noya, recibiu unha placa durante a presentación da proba

Ribeira, 3 de setembro de 2010.- A 13ª edición da Carreira Popular de Santa Uxía volta ás rúas o vindeiro domingo día 12 de setembro, coincidindo coa festividade da patroa. A día de hoxe xa hai 114 inscritos na competición, se ben o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 9 de setembro e a organización espera superar os 200 participantes. 

A cita dará comezo ás 11 horas na Avenida do Malecón e rematará no mesmo sitio despois de pasar por algunhas das principais arterias da cidade. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, no acto de presentación, no que estivo acompañado do tenente de alcalde Vicente García e do triatleta galego Antón Ruanova, quen vén de proclamarse Subcampión de España Elite de Triatlón o pasado domingo en Almería, sendo só superado polo laureado Javier Gómez Noya. Antón Ruanova, que milita no clube Atletismo Sar A Poutada, quixo acudir ao acto para amosar o seu apoio á organización e explicou que intentará por todos os medios estar presente no certame aínda que vai estar condicionado pola súa preparación anual. O triatleta recibiu unha placa en conmemoración do seu éxito en terras almerienses. 

A proba está organizada polo Concello de Ribeira, coa colaboración doutras firmas comerciais, a asociación As Miñoteiras e os organizadores das carreiras populares da Guía, Corgo e Artes: as outras tres citas, xa disputadas, que xunto á de Santa Uxía integran o Terceiro Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira. 

O certame terá  unha distancia de 10.000 metros distribuídos en dúas voltas de 5.000 metros cada unha. Partirá da avenida do Malecón para chegar ata o paseo das Carolinas, retornar ata o Parque García Bayón, pasar por General Franco, rúa de Galicia, Manzanares, alcanzar o cruce do Touro coa estrada que vai cara Castiñeiras e, por primeira vez, pisar o peirao comercial do porto antes de desembocar de novo no Malecón. Haberá 11 categorías tanto masculinas como femininas: pitufos, benxamín, alevín, infantil, cadete, junior, senior, preveteráns, veteráns A, veteráns B e máster. 

Ás 12.45 horas terá lugar a saída da proba dos pitufos, cunha distancia de 100 metros. Ás 12.30, á das modalidades benxamín e alevín (600 metros), ás 11 horas, infantil e cadete (2.000 metros) e ás 11.15 junior e master, xa con 10.000 metros. 

Circuíto Concello de Ribeira: Vieito e Muñiz mandan

Esta proba servirá  para dirimir o resultado do Segundo Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira, tanto no seu apartado masculino como feminino. 

Especial interese terá  o apartado masculino, no que dous corredores que ao igual que Antón Ruanova forman parte do club Atletismo Sar A Poutada, disputaranse o primeiro posto. Trátase de José Manuel Vieito, que manda na clasificación con 2.920 puntos e o riveirense Ramón Folgar, que suma 2.910. 

No apartado feminino, Shaila Muñiz é a actual líder con 2.860 puntos, seguida de Serafina Pereira.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng aposta polo diálogo para que todos participen no deseño da fachada marítima rianxeira

Os nacionalistas din que están "Sen noticias do plan de accesos ao porto, do destino que se lle pretende dar a determinadas parcelas desocupadas e da ordenación final portuaria. O Concello debe participar deste debate no que se barallan tamén implicacións tamén urbanísticas e de modelo de vila que se quere".

Rianxo, 3 de setembro de 2010. Segundo o Bng, "Portos de Galicia redactou no ano 2006 o ‘Estudo de ordenación de atracadas no porto de Rianxo’, que propón a separación do usos deportivo e pesqueiro, coa creación dunha nova dársena para uso náutico deportivo e construción dunha nave para mariña seca nun terreo gañado ao mar a rentes da capela de San Bartolomeu. Posteriormente o Plan de Instalacións Náuticas previa o tamaño de varios campos de fútbol (10.000 metros) para este recheo. Unha proposta que desde o BNG cremos debe ser analizada no seo do Concello e dadas as súas implicacións estenderse ao resto dos colectivos sociais e veciñais para que se opine e debata pormenorizadamente".


Desde o BNG de Rianxo subliñan ademais a necesidade de abrir o debate "pois entendemos existen outras posibilidades e alternativas ao proxecto deseñado por Portos no seu inicial Plan de Instalacións Náuticas e Deportivas e que implican o recheo dunha considerábel extensión para un almacén de naves recreativas ou mariña seca. É tamén un troco brutal no deseño da fachada marítima e compre valorar esa ocupación de toda a superficie de auga comprendida entre a T no Portiño e o actual porto. O BNG de Rianxo fixo alegacións ao Plan para que se valorasen outras alternativas ao recheo. Emprazóusenos entón a agardar polo proxecto concreto definitivo que vemos afondar nesa mesma idea inicial. Estamos nunha zona portuaria onde se desenvolven diferentes actividades de descarga de mexillón, de reparacións de embarcacións, actividades deportivas dos clubes de remo e piragüismo e mesmo de marisqueo. Unhas actividades que serían suprimidas ao privatizar a zona cun valado e restrinxir o acceso veciñal. Ao BNG non lle afean as actividades pesqueiras perto da vila, ao contrario, danlle vida e lembran o seu pasado e agardamos o seu futuro pesqueiro. Por que agachalo?", argumentan.


"O calado actual deste espazo implica tamén unha obra importante de dragado para garantir o paso en calquera marea das embarcacións deportivas, como se sabe de moita máis orza que as embarcacións pesqueiras, algo que na actual ubicación xa estaría garantido", sinalan.

Necesidade evidente dun novo edifico para o Náutico

"O BNG entende e apoia a potenciación das actividades náuticas e deportivas, con instalacións insuficientes na súa ubicación actual, aumentando as prazas dispoñíbeis e os servizos, mais tamén cre que se poden barallar opcións de ampliación in situ das instalacións recreativas que non pasen por afastar necesariamente as actividades pesqueiras da vila. E, en todo caso, ben dimensionado e sen pasar por un novo recheo do tamaño de varios campos de fútbol que afaste aínda máis a vila do mar. No marco actual existe unha cantidade de terreo dispoñíbel público que permita abordar unha construción dun novo Náutico acorde ao que Rianxo merece", rematan os nacionalistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: dous mozos do Concello viaxan a Rumanía como voluntarios no programa "Xuventude en Acción"

Boiro, 3 de setembro de 2010. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, acompañado pola Concelleira de Xuventude, Dores Torrado Ares, e a técnica municipal Margarita Sampedro, presentaron onte aos dous mozos de Boiro que estarán durante un ano en Rumanía traballando como voluntarios, no marco do programa “Voluntariado Europeo. Xuventude en Acción”, no que participa o Concello de Boiro.

Os voluntarios son Cristina Abeijón e Jorge Triñanes, e ambos levarán a cabo un programa de integración social no que traballarán con grupos de poboación como nenos hospitalizados, rapaces con síndrome de Down ou persoas maiores con esclerose múltiple. Ambos se mostraron entusiasmados con esta nova experiencia que iniciarán a finais deste mes. Cabe sinalar que, a maiores destes dous voluntarios, hai outros tres mozos da comarca barbanzana seleccionados para o proxecto, aínda que irán a Irlanda e Italia.

O Concello de Boiro sumouse aos programas europeos de voluntariado en novembro de 2008, e no 2009 iniciouse a primeira acción coa chegada da voluntaria Camila Brandao, de Padua (Italia), que estivo un ano, ata xuño do 2010, traballando no Centro Social boirense. A vindeira experiencia que se levará a cabo desde o Concello de Boiro, no marco deste programa, é a participación nun congreso europeo de boas prácticas en materia de xuventude, que se celebrará en outubro en Holanda, e na que participará un técnico responsable dos programas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o PP ataca a xestión "absolutamente irresponsable" do Concello que está a levar o bipartito


Dodro, 3 de setembro de 2010. O Partido Popular de Dodro emitiu hoxe unha nota de prensa na que critica con dureza ao goberno bipartito (Psoe-Bng) deste Concello por varios asuntos. Como é habitual en Certo, ofrecémoslla íntegra:

      "O Partido Popular de Dodro quere denunciar a xestión absolutamente irresponsable que está a levar o equipo de goberno PSOE-BNG no Concello de Dodro. De resultas desta xestión, só  no ano 2008 o Concello de Dodro tivo unhas perdas de 130.000 euros, e un descenso na súa tesorería de 28.000 euros. A iso, hai que engadir que terá que devolver ó Estado 108.000 euros tras o axuste ó que obriga ó goberno do Sr. Zapatero polo déficit de ingresos da Administración do Estado nese período.

      A considerable reducción de ingresos por parte do Estado, que para o ano 2010 supón un 15 %, e os gastos sen ningún tipo de control que está a acometer o goberno bipartito, suporá  sen dúbida que o déficit municipal se incremente nos anos 2009 e 2010. Tal situación non fará senón conducir a unha parálise das inversións necesarias e ó aumento do endebedamento do Concello. Ó goberno PSOE-BNG bastoulle tan só un ano para levar ó Concello de Dodro á perda económica sen posibilidade real de recuperación. A pesar diso non teñen ningún reparo en seguir aumentando os gastos, aínda sendo por todos coñecido que os ingresos das administracións públicas veranse reducidos.

      Esta situación contrasta notablemente co mandato do anterior goberno do Partido Popular, que pechou os seus últimos exercicios económicos cun lixeiro superávit, que permitía facer fronte ó pagamento das facturas dos provedores, e mantiña unha situación económica saneada. Actualmente, o Concello de Dodro ten sen pagar facturas do ano 2008, mentres que segue gastando sen un mínimo control.  Así, o propio alcalde do PSOE, sr.Díaz, recoñeceu no último pleno no mes de agosto que “para facer novas contratacións de persoal non lle facía falta ningún tipo de informe económico que asegurase a existencia de crédito suficiente para esas contratacións”.  Segundo o Sr. Díaz, “xa fixeron deste xeito noutras ocasións, polo que tampouco fai falla agora”.

A Casa de Cultura, usada pola dona do tenente de alcalde


      Por outra banda, o Partido Popular de Dodro quérese facer eco das denuncias feitas por veciños de Dodro polo uso particular da dona do tenente-alcalde Sr. Franco (cabeza de lista do BNG en Dodro) da Casa da Cultura do Concello. Segundo puido saber o Partido Popular, a Casa da Cultura quedou aberta durante dúas noites e cas luces prendidas despois de que a dona do Sr. Franco estivera nela, e fóra do horario laboral dos funcionarios responsables. Para o Partido Popular esta é unha situación extremadamente grave, polo que supón a utilización persoal dunha instalación pública sen ningún tipo de control. Se ben o Partido Popular requiriu unha explicación no pasado pleno ó Sr. Franco, este optou por non respostar.


Barra de bebidas en Lestrobe

      Noutro orden, tamén queremos denunciar o uso doutro centro cultural do Concello para poñer unha barra de bebidas durante as festas de Lestrobe. Así, e a pesar de que o Concello de Dodro paga un aluguer do local para uso social, este local durante as festas de Lestrobe foi utilizado por persoas particulares para almacén de bebidas, mentres que na porta do local puxeron unha barra para servir bebidas.  Resulta totalmente surrealista que o Concello de Dodro este a pagar o aluguer dun local social e por outro lado se permita que sexa utilizado por particulares para beneficio privado.  Pero tendo en conta que a dona do Sr. Franco usa a Casa da Cultura de xeito particular, non se pode esperar que lle importe o máis mínimo ó Sr. Franco que outras persoas usen outros locais do Concello tamén para o seu uso privado.

Ave ao paso por Dodro

      Xa por último, sinalar que o goberno bipartito PSOE-BNG a día de hoxe aínda non informou sobre as obras do Tren de Alta Velocidade ó seu paso polo Concello de Dodro. Se ben as últimas noticias parecen apuntar a un considerable retraso na súa execución, o goberno PSOE-BNG segundo a voceira do PSOE, Sra. MENE, non ten “notificación oficial” polo que non pode dicir si se retrasarán ou non. Tal resposta non mostra senón o absoluto desinterese do PSOE-BNG por unhas obras que están a causar importantísimos estragos no Concello de Dodro, e que tal e como sucedeu coas obras da Autovía do Barbanza, previsiblemente van a provocar importantes inundacións no inverno aparte de dificultar o tránsito polas pistas municipais practicamente desfeitas polo continuo paso de camións de gran tonelaxe".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: Juancho Armental titula este artículo "Manteneos alocados, manteneos hambrientos"

Juancho Armental (foto D. Gestoso)

Hace unos días completé mi último reto deportivo de los propuestos para este 2010. Atravesé a nado los casi 22 kilómetros de toda la ría de Arousa en aproximadamente siete horas y media, y por ello mi equipo y yo hemos recibido felicitaciones, halagos y supongo que también alguna crítica por parte de la gente. Exponerse es lo que tiene; tanto te aman como te odian, pues sólo lo que cada uno entiende como extraordinario provoca admiración.  

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Continuando el camino que es de lo que se trata, ahora toca sacar lecturas útiles de todo lo que he pasado en esta “experiencia límite”, pues un reto sin conclusiones es como una película sin argumento; no tiene sentido.  

Un amigo y fantástico periodista me hizo el otro día una entrevista de esas que provocan reflexiones profundas. Una de sus preguntas me pedía que encontrara, dentro de lo que pasé en esta última travesía, conclusiones que nos puedan servir a todas las personas en nuestro día a día. Orientándonos al ámbito laboral y/o empresarial, lecturas que nos puedan servir en el trabajo o para nuestra empresa. 

Os defino la situación. La experiencia fue horrible casi desde el principio aunque no era lo que esperaba. Cuando llevaba transcurrida sólo una hora de trayecto y debido al continuo sube/baja que provoca el mar de fondo, ya estaba mareado. Tampoco voy a explicar lo que es un mareo, pero fue de esos que se llevan y terminan mal, muy mal. El problema es que el clímax del mareo se dio cuando me quedaban por delante más de 15 kilómetros por recorrer, por lo que nos da una idea de cómo estaban las cosas. 

Mis planes antes de la ruta se centraban en dosificar mis fuerzas y dejarme llevar por mis sensaciones en el agua, encontrando un ritmo cómodo y tratando de estar cerca de los dos kilómetros cada media hora. Pero el plan ya no valía, había que cambiar el chip porque la situación había cambiado. Creo que sé por qué llegué hasta el final y os lo quiero contar. De un modo ordenado por importancia, creo que mi “coco” fue valorando estas cuestiones que creo nos pueden servir a todos a la hora de abordar algún reto sea cual sea el ámbito en el que nos los planteemos: 

  1. Merecía la pena. Cuando abordé la travesía, como hago en mi trabajo, en mi empresa o en mi vida ante algo relevante, empiezo por pensar si las consecuencias de lo que voy a afrontar realmente me van a merecer la pena teniendo en cuenta las dificultades, las inversiones y las improbabilidades de que las expectativas al final se cumplan. Me imagino la realidad después de alcanzar el objetivo y valoro si merece la pena emprender el duro camino. El proceso no reviste dificultad. Hago un estudio de costes y beneficios pero siempre empiezo por ilusionarme y pensar en lo que me reportará el éxito más que en lo que voy a sufrir. Si el resultado de esa negociación entre el Juancho soñador, el que piensa en el final feliz e ideal, y el Juancho conservador, el que piensa en las trabas, en los posibles problemas, en las dificultades que abordar y en que a lo mejor no se consigue lo que pretendo, es satisfactoria, arranco el proyecto. Si no creo que merezca la pena, no tengo fuerzas para arrancar.Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
  1. Era posible. Dentro de esta negociación de la que os hablo valoro si estoy capacitado o tengo recursos, no los óptimos, pero si por lo menos los mínimos o suficientes para abordar la aventura. Me refiero a recursos generales, tanto personales, personas o medios materiales. Querer no es poder por mucho que nos quieran convencer, así que es necesario conocer nuestras posibilidades reales ante todas las dificultades que se van a poder dar no sólo para cumplir el plan, sino también para conseguir los objetivos tras alcanzar la meta. Trato de “Loitar contra o Imposible”, así he definido mi proyecto, pero empiezo por descifrar si existe posibilidad. Si no es posible hacerlo, sé que no lo conseguiré.Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
  1. Estaba comprometido. En este 2010 llevé mi compromiso a niveles insospechados. Primero implicando en esta historia a más gente de la que seguro podría contar. Segundo movilizando a toda la prensa a mi alcance para devolver protagonismo a todos los que apostaron por mi idea, desde mi equipo técnico hasta los patrocinadores e instituciones. Tercero luchando a capa y espada por no fallar en mi pronóstico de nadar esa distancia y por no caer en el contravalor de “ser un bocas” ante los demás. Más que tener en consideración las inversiones realizadas en tiempo y dinero, más que haber ido cumpliendo las expectativas en la preparación, lo que fue definitivo a la hora de no decidir pararme fue “no querer fallar” una vez más. Por todo esto tenía que llegar hasta el final. Si no estuviera en cuestión mi crédito, no soportaría el mareo de mi vida.
  1. Sabía  cómo hacerlo. Ya he hecho travesías con anterioridad bajo esta misma óptica. Esta estaba dentro de mis posibilidades porque he escalonado bien las metas hasta el momento. Empezar de menos e ir a más conociendo las dificultades y los pasos según vamos evolucionando, es esencial. A lo largo de toda mi experiencia en esta aventura de retos he sido muy sensible a los posibles errores cometidos, y uno de ellos ha sido pararme a contemplar demasiado tiempo las metas, los finales. Sé qué necesito y a quien necesito exactamente a medida que aumento las dificultades, sé qué debemos controlar y qué valorar, sé a qué me deben ayudar, qué reglas establecer y cómo proceder para alcanzar éxito, etc., por lo que seleccionar el equipo y asignarles misiones es básico. Pero lo que resulta crucial en los momentos más difíciles es saber fragmentar la dificultad para poder digerirla con éxito, como decía mi maestro Pep Marí. Si no supiera cómo hacerlo, seguro que me habría equivocado en cosas básicas.
  1. Atendí  a lo más importante. El plan inicial no valía. Creo que parte del éxito partió de cambiar la estrategia y cambiar la atención a las cuestiones más relevantes del plan en cuanto las cosas se pusieron mal. Daba igual el mareo, pues Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. no lo podíamos subsanar. Sólo nos quedaba asegurar la temperatura del cuerpo y los niveles de glucosa en sangre, que por otra parte había sido lo que en un intento anterior me había mandado al hospital. Si no me centrara en lo relevante, lo irrelevante no me socorrería de un abandono forzado.Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

En la vida las grandes decisiones deben basarse en las respuestas a estas cinco preguntas: 1, ¿merece la pena hacerlo? 2, ¿es posible que lo consigamos? 3, ¿estoy o me siento comprometido? 4, ¿sé lo que tenemos que hacer? y 5, ¿sé a qué atender prioritariamente? A medida que crecen las dificultades las últimas respuestas serán básicas para alcanzar las metas, siempre siguiendo este orden, y siempre que las anteriores obtuvieran respuestas positivas. 

En su día Steve Jobs, Director Ejecutivo de Apple Computer y Pixar Animation Studios, concluía magistralmente su exposición en un acto de graduación en la Universidad de Stanford diciendo lo siguiente: “manteneos alocados; manteneos hambrientos”. Alocado por hacer lo que para muchos es imposible, hambriento por crecer y mejorar en cada momento. 

Hasta pronto. 
 Juancho Armental

   Consultor de RRHH y Rendimiento

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe acusa á Xunta de seguir agochando información ao Valedor sobre as graves irregularidades nas oposicións

Os socialistas galegos destaparon fai oito meses a existencia de sospeitas de graves irregularidades nas oposicións do SERGAS e no mes de abril dirixíronse ao Valedor do Pobo para pedirlle que abrira unha investigación


Noia, 3 de setembro do 2010. O Viceportavoz e coordenador da Área Institucional do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, denunciou hoxe “o ocultismo e a falta de colaboración do goberno galego co Valedor do Pobo” para clarexar as sospeitas de anomalías en diferentes procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). O Grupo Socialista recibiu hoxe comunicación por parte do Valedor do Pobo onde o propio Valedor lles informa da negativa da consellería de Sanidade a enviar a documentación requerida, xa que envian un informe que nada ten que ver cos datos que lles pedira o Valedor do Pobo durante o mes de maio.

Lage Tuñas ve “moi grave o desprezo co que trata o goberno galego a unha institución como a do Valedor do Pobo, que está cumplindo coa súa obriga ao requerir datos concretos sobre as posibles irregularidades nas oposicións do SERGAS”. “Hai que respectar o control democrático das institucións, e polo que se ve ao goberno que preside Núñez Feijóo non lle gusta nada o cumprimento da legalidade, e moito menos a transparencia informativa”, explicaba hoxe José Manuel Lage, deputado socialista, quen tamén recordaba hoxe que "existen denuncias sindicais sobre fallos na custodia de exames, producíronse bastantes "casualidades" en diferentes procesos selectivos do SERGAS, hai sospeitas de graves irregularidades, e o goberno galego négase a depurar responsabilidades e intenta torear ao Valedor do Pobo ao negarlle a información que lle solicita”.

"A alarma social xerada é froito da pasividade do goberno galego que non atallou as anomalías e sospeitas de graves irregularidades con contundencia e agora négalle ao Valedor do Pobo a existencia dos feitos", asegurou o deputado do PSdeG. Lage Tuñas explica que “as denuncias non remitiron senón que se foron incrementando e nas últimas semanas téñense recibido denuncias de opositores sobre grupos como o de celadores onde tamén se teñen detectado anomalías. É un constante goteo de anomalías, sospeitas, e casualidades en procesos selectivos nos que participan máis de 35.000 persoas”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista recorda que “o propio persoal do SERGAS facía público o pasado 28 de marzo a existencia de “fallos na custodia dos exames” dos procesos selectivos deste organismo da Xunta de Galicia. Esta denuncia sindical debe ser tida en conta xa que está en xogo a imparcialidade e as garantías de limpeza nos procesos selectivos”. O parlamentario socialista considera que “hai gato encerrado cando a consellería de Sanidade está obstruindo a labor do Valedor do pobo ao negarlle por segunda vez en catro meses a información requerida” e  “o goberno de Feijóo está mofándose do Valedor do Pobo, xa que os datos requeridos por éste no pasado mes de maio son negados e obviados pola Xunta na súa resposta”.

OPOSICIÓNS BAIXO SOSPEITA

Lage Tuñas pídelle ao presidente da Xunta “que tome decisións contundentes e poña fin ao cúmulo de irregularidades e anomalías que vive a función pública galega dende a súa chegada ao goberno galego”. “En tan poucos meses non se pode coleccionar unha cantidade tan abultada de conflictos, anomalías, filtraccións, sospeitas de irregularidades ou sentencias que poñen en dúbida o sistema de selección dos tribunais das oposicións para acceder ao emprego público na Xunta de Galicia.”, argumentou, e "“Feijóo debería ter cesado ao director da función pública xa fai moitos meses, non o fixo daquela e agora e iso fai que se convirta en cómplice absoluto da situación”, remata Lage Tuñas.

Antes, en Certo, sobre o mesmo, aquí

Download now or preview on posterous
valedor 2.PDF (245 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: "Comunicar para conservar", curso sobre interpretación do Patrimonio en Vigo este mes


O curso terá lugar no Museo do Mar de Vigo

Barbanza-Noia, 3 de setembro de 2010. O curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo "A INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO: COMUNICAR PARA CONSERVAR" terá lugar neste mes de setembro, organizado por Ambientarte en colaboración con Hidria.

 A súa duración é de 35 horas na semana do 20 ó 24 de Setembro. O curso está validado con dous créditos de LE ou 1 crédito de ECTS. Tamén poderán acudir ó curso non universitarios. Está aberto a todas aquelas persoas que traballen, ou queiran traballar, en lugares con interese patrimonial.

Terá lugar no Auditorio do Museo do Mar de Vigo. No tríptico adxunto en formato pdf está toda a información de xeito máis detallado


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical