12.1.12

A Pobra: o Psoe presenta moción para que arranxen as chapuzas dos campos da Alta e Cadreche

Moción arranxo da Alta.docx Download this file

Media_httpfarm7static_zcsun

A Pobra non está tendo moita sorte cos seus campos de fútbol. Na imaxe, o de Cadreche recén inaugurado, e que xa fora criticado polo mesmo Psoe aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello unirase a Padrón e Rois nun futuro Consorcio de Servizos Locais

  • A Deputación da Coruña, que busca como tola a fusión de concellos, apoia esta iniciativa e fará "acompañamento institucional para facilitar a posta en marcha"
  • Diego Calvo cualificou o día de hoxe como "histórico" e buliu para afirmar que o consorcio non custará nada aos concellos implicados

O presidente da Deputación provincial da Coruña, Diego Calvo, anunciou esta mañá no Xardín Botánico-Artístico de Padrón o apoio ao futuro Consorcio de Servizos Locais “Terras de Iria” que formarán os concellos de Dodro, Padrón e Rois. O titular da institución provincial, que calificou o día coma “un deses que pasan á historia como un grato recordo”, realizou a presentación co alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza, o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o alcalde de Rois, Ramón Lojo Tens. 

Segundo explicou Calvo, esta iniciativa “que non suporá ningún custo para os concellos implicados” é o pistoletazo de saída a un proceso de cooperación intensa entre os municipios que a Deputación da Coruña pediu nos últimos meses. O principal obxectivo deste tipo de accións é o de compartir servizos sempre baixo os criterios de eficiencia, calidade e sustentabilidade. 

Nesta ocasión, ademais, a Deputación da Coruña formará parte do proceso de constitución deste novo organismo desde os seus inicios para axudar e apoiar o seu despegamento e posta en marcha. A institución provincial continuará vinculada a este CSL ata que esté desenrolado e poida funcionar cos seus propios medios. “Non só colaboramos coa nova entidade, senón que participamos directamente nela para apoiar a súa posta en marcha”, apuntou o presidente provincial. 

O principal papel do organismo provincial será o de impulsar a boa marcha deste novo CSL, "o que supón unha garantía para o bo funcionamento e o desenvolvemento do futuro Consorcio. O novo ente poderá estar rexistrado como tal, unha vez solucionados os trámites burocráticos, nun prazo aproximado de seis meses", asegura en nota de prensa a Deputación.


Primeiros en recoller a luva, disque


Os concellos de Dodro, Padrón e Rois foron os primeiros en recoller a luva lanzada polo presidente da Deputación Provincial que, desde a súa chegada ao goberno da institución, insistiu en que para garantir a estabilidade dos seus municipios é necesario que os concellos compartan servizos para xestionar de forma máis eficaz os seus recursos.

A colaboración entre o tres irase estendendo, de forma gradual, a todos os servizos municipais cos que contan os concellos. “Quero deixar moi claro que os alcaldes destes tres concellos son os protagonistas deste proxecto que busca a sostenibilidade, eficiencia e calidade da xestión dos servizos. Quero tamén agradecer a valentía de estos alcaldes por asumir o reto”, dixo Diego Calvo.

“Trátase de pensar noutra escala, nunha nova xeración de cooperación e nunha maneira nova de compartir os servizos, con maior calidade e eficiencia. E todo iso, baixo a premisa dunha nova cultura de cooperación intensa e fundamental e co obxectivo último de dar un mellor servizo aos cidadáns, que son os primeiros e últimos beneficiarios desta iniciativa”, insistiu o presidente provincial.

Terras de Iria

O proceso de constitución do novo CSL Terras de Iria seguirá uns pasos, como son a aprobación do novo CSL polos plenos dos concellos e da Deputación ou o nomeamento por parte de cada un dos seus membros dunha persoa que entrará a formará parte da comisión xestora. Esta comisión será a encargada de establecer os estatutos do novo consorcio.

A maior singularidade desta asociación é a do número de concellos que a integran, “un número suficiente pero non excesivo para empezar”, matizou Diego Calvo, que tamén adiantou que xa se está traballando con outros concellos da provincia para presentar iniciativas similares que suporían a colaboración de entre tres e cinco concellos como máximo que poderían ir vendo a luz nos próximos meses.


Explosión demográfica grazas ao consorcio?


O futuro CSL Terras de Iria sumará un total de 16.814 habitantes, con esperanza de chegar pronto aos 20.000, e abarcará un territorio de máis de 177 quilómetros cadrados, magnitudes que, segundo indicou Diego Calvo, “demostrarán o importante que é que os concellos poidan traballar xuntos nunha nova cultura municipal de cooperación intensa e cunha clara vocación de continuidade por parte da Deputación Provincial”. “Trátase de alcanzar masas de entre 15.000 e 20.000 habitantes que poidan xestionarse por si soas”, puntualizou Diego Calvo. O que non explicou é de onde van saír eses máis de 3.000 habitantes que faltan para os 20.000, cando en Galicia, sobre todo no interior, a recesión demográfica é evidente e moi difícil de solucionar, xa que o rural está case esquecido polos políticos.


Os rexidores de Dodro, Padrón e Rois agradeceron en todo o momento o apoio institucional que prestará a Deputación na posta en marcha de este CSL. Destacaron os beneficios dos que, en breve, favoreceranse os seus veciños.

A modo de exemplo, os rexedores cifraron en máis dunha vintena as instalacións deportivas que estarían ao dispor dos veciños do tres concellos, incluíndose aquí tanto piscinas climatizadas como ao aire libre e campos de fútbol de herba artificial e natural, e parques biosaudables.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical