3.2.11

Boiro: o venres 11 de febreiro, Festa da Xuventude en Escarabote

O Venres 11 de Febreiro terá lugar a I Festa da Xuventude, Escarabote 2011.
Orquestras (sen operación): París de Noia, Costa Oeste e Philadelphia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Altofalante organiza unha homenaxe a Castelao en Aguiño este sábado 5 de febreiro

Ribeira, 3 de febreiro de 2011. A asociación cultural ribeirense Altofalante comeza cunha homenaxe a Castelao en Aguiña a andaina do 125 aniversario do nacemento do ilustre rianxeiro. Será na rúa que leva o nome do homenaxeado, este sábado 5 de febreiro, ás cinco da tarde, baixo a placa da rúa, no cruce onde se atopa o bar Vitoria, na estrada que encara a Castiñeiras.
Leranse varios textos de Castelao relacionados coa lingua galega, textos que se entregarán aos asistentes nunha reprodución reducidad do cartaz do acto que acompaña a esta información.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: datas e horario das camiñatas saudables deste mes de febreiro


Saen todas dende a entrada ao Concello de Noia

Sábado, 5 de febreiro. 10:00 h.

Sábado, 12 de febreiro. 16:30 h.

Domingo, 20 de febreiro. 16:30 h.

Sábado, 26 de febreiro. 10:00 h.

Máis información no teléfono 609 82 31 34 ou saudenoia@gmail.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o sábado 5 de febreiro inaugúrase o centro de interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro

Porto do Son, 3 de febreiro de 2011. Este sábado 5 de febreiro, ás cinco da tarde, comezan os actos de inauguración do centro de interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro. Haberá unha camiñata dente a Ponte Vella ata o centro a inaugurar. Ao longo deste paseo irán dando explicacións expertos sobre a fauna e flora a coidar nestas lagoas, así como as diferenzas entre unhas e outras, segundo vivan en zona de area ou no humidal.
Unha hora despois, aproximadamente, terá lugar unha conferencia, titulada "Móllate polos humidais", a cargo de Ramsés Pérez e Fins Eirexas, ambos de Adega. Ao remate, haberá petiscos, ignoramos se con viño español ou galego.

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: máis de dez mil visitantes pasaron polo Museo adicado a Valle en 2010

Ribeira: un alumno de saxo do conservatorio participa no concurso de música "David Rusell" en Vigo esta fin de semana

Trátase de Martín Castro Tubío, de 13 anos. Ofrece mañá venres unha audición no salón de actos do conservatorio, como preparación para o certame

Martín Castro Tubío en acción, interpretando o Estudio nº 14 de W. Ferling

Ribeira, 3 de febreiro de 2011.- O Concello informa de que durante esta fin de semana vai ter lugar no Conservatorio Profesional de Música de Vigo o prestixioso concurso David Rusell e que en dito certame vai participar un alumno do Conservatorio Profesional de Música ribeirense. Trátase do alumno de saxofón Martín Castro Tubío, de 13 anos, que cursa o primeiro curso do grao profesional no centro local.

Para preparar a súa actuación neste importante concurso (no que actuará o sábado día 5, ás 19.30 horas), o alumno ofrecerá mañá venres, ás 19.45 horas no salón de actos do conservatorio, unha pequena audición coas obras que presentará: Sonata Nº 4 de J. S. Bach e a Sarabande et Allegro de Grabriel Grovlev.

Tanto na audición de mañá como no concurso do sábado, Martín estará acompañado ao piano polo profesor Luis Ignacio Blanco Picos, profesor de piano no conservatorio local.

David Rusell vive en Nigrán e ten adicada unha sala no conservatorio de Vigo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: cursos de Primeiros Auxilios e Soporte Vital Básico en marzo e abril


A Pobra do Caramiñal, 3 de febreiro de 2011. A academia de formación "El Muelle" anunciou hoxe a impartición de dous cursos relacionados cos primeiros auxilios, que terán lugar en marzo e abril.

O primeiro curso é de Primeiros Auxilios, e dura 40 horas. Farase os sábados, entre o 26 de marzo e o 23 de abril, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20. Custa 150 euros, bonificables polos créditos de formación de empresa para aqueles que estean a traballar, sen importar o sector. 

O segundo curso é de Soporte Vital Básico -DESA (desfibrilador externo semiautomático)- e dura 10 horas, que se farán un só día, o sábado 30 de abril. De 9 a 14 e de 16 a 21 horas. Custa 120 euros.

Ambos cursos serán impartidos por profesionais sanitarios na rúa Condado 1 baixo da Pobra. Hai prazas limitadas: 15. Para máis información sobre os cursos hai teléfono de balde, o 900 800 997.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello publica o informe da Concellería de Igualdade e Benestar do pasado ano


"Este ano 2010 xestionáronse 248.132 €, contando a financiación da Xunta, Deputación e fondos propios do concello. No ano 2006: 84.625. Esto supón un aumento na xestión do 194% respecto ó ano 2006. E esto co mesmo persoal, porque neste concello trabállase, MOITO máis que nunca. Este tamén é motivo para recoñecer o traballo e a profesionalidade das traballadoras de servizos sociais", sinálase nun párrafo do informe adxunto, que conclúe cun contundente:

"Esta é a miña resposta CLARA á campaña de mentiras e calumnias que rula por aí: MOITO TRABALLO E BEN FEITO polo BENESTAR no noso concello". A responsable da Concellería de Igualdade e Benestar de Dodro, e tamén tenenta de Alcalde, é a nacionalista Vitoria Rei.

Web de referencia:
http://www.concellodedodro.org

Pode que interese:

petróglifo Bouza-Abadín en Imo Dodro
Limpeza de petróglifo en Dodro: o sábado 5 de febreiro en Imo. Admítense voluntari@s


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: este sábado 5 de febreiro, Campionato Galego de Tiro con Arco no pavillón Venecia


Na imaxe, competición de arco 3D. A do sábado non será destas, senón arco espido e en sala


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical