O acto comeza ás oito da tarde, na sede do Liceo, sito na rúa da Paz, 27. Máis info en
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage esixiu hoxe á Xunta, na Comisión 1ª do Parlamento, que “non se vulnere a LOFAXGA, e se rectifique a política de acceso ao emprego público que está realizando o actual goberno galego”.
Mediante unha pregunta parlamentaria, o deputado socialista interesouse pola convocatoria dunha praza de xefe de área de xestión económica e persoal de Turgalicia, con carácter indefinido para a referida sociedade.
Lage Tuñas explicou hoxe que “da análise da convocatoria despréndese que non se cumpre o artigo 58 da Lei 16/2010, do 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia”.
O deputado do PSdeG engade que “o artigo 58 mencionado, establece que a selección do seu persoal, agás o directivo e demais excepcións previstas nesta lei, será realizada polo centro directivo competente en materia de función pública e seranlle aplicables as disposicións da lexislación galega sobre emprego público relativas a:
a) Composición e funcionamento dos tribunais ou das comisións de selección.b) Bases das convocatorias, ec) Probas de selección.”
Lage Tuñas sostivo que “debería ser logo a Dirección Xeral de Función Pública a que realizara a selección para cubrir esta praza ao non tratarse dun posto directivo e non a propia sociedade. Incúmprense polo tanto o artigo 58 da referida lei.”
O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE recordou hoxe que “convocaron unha praza para titulados superiores e soprendentemente só se esixe o coñecemento de dez temas, cando para prazas do mesmo nivel na administracción autonómica se solicitan entre 70 e 80 temas”.
Mentres nas probas selectivas do grupo I de persoal laboral ou do grupo A de funcionarios se fan 3 ou 4 exercicios, neste caso faise só unha simple proba teórica-práctica sen máis específicar.”
Lage Tuñas engade que “nas bases non se observa que se estableza ningunha garantía para asegurar o anonimato dos opositores nin garantía de que o exame, ese “suposto teóríco-práctico” non se vaia filtrar.”
Os socialistas galegos constatan que “dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia a existencia de continuas anomalías e irregularidades na función pública é habitual, sin que se pare esta sangría”
Lage TuñaS engade que “algo cheira mal, xa que é unha convocatoria para unha praza de persoal indefinido que se preve resolver con unha simple proba teórico-práctica, cando nas probas selectivas do grupo I de persoal laboral ou do grupo A de funcionarios se fan 3 ou 4 exercicios. Esto cheira mal insisto”.
Estamos diante dunha convocatoria que recorda as peores prácticas clientelares e caciquís que xa se producen nas Deputacións provinciais de Pontevedra e Ourense, son as mesmas prácticas na Xunta de Galicia que nas Deputacións Provinciais de pontevedra e Ourense”, expón Lage Tuñas, que engade que "porque se chamativas son as bases e o proceso de teórica oposición para esta praza, o que xa é indefendible é o previsto para a suposta fase de concurso, onde non se especifica en que categoría se valora a experiencia, e onde se valora máis a experiencia en sociedades públicas que na propia administración, e onde se dispón que se valora a experiencia ante a AEAT, pero non na propia AEAT (Axencia Tributaria do Estado).”
“Os tribunais ou comisións de seleccións deben ser nomeados polo Director Xeral de Función Pública, e non pola conselleira-delegada de TURGALICIA, como se establece nas bases desta convocatoria, que por outra banda vulnera o artigo 58 da Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia”, explica José Manuel Lage.
Lage Tuñas defendeu, na súa intervención, a necesidade de “respectar as leis”, e denunciou que dende a chegada de Feijoo á Xunta de Galicia “os procesos selectivos de acceso ao emprego público estanse vendo enturbados por malas prácticas por parte dos novos xestores da administración pública galega”.
Lembrou que “casos como o do SERGAS, onde un opositor chegou a corrrexirse él mesmo o seu propio exame, puxeron na picota ao goberno galego en materia de función pública”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 29 de novembro de 2011.- Ribeira viviu no mediodía de hoxe un acto multitudinario na praza de España, co descubrimento dunha escultura conmemorativa coa que o Concello quere honrar o medio século de traxectoria da empresa Frinsa no mesmo lugar que veu nacer a esta conserveira hai xusto 50 anos.
O alcalde, Manuel Ruiz Rivas; o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey; autoridades, traballadores da empresa e cidadáns en xeral acudiron a un evento que comezou coa interpretación por parte do profesor de violonchelo do conservatorio de música local, Ángel Blanco, do preludio da suite para violonchelo nº1 en sol maior, BWV 1007 de Bach.
Acto seguido, subiu ao estrado o autor da escultura, o malpicán Miguel Couto quen describiu a súa creación (dúas mulleres sostendo un cesto de peixe), para a continuación intervir o alcalde, quen destacou que “o pasado, o presente e o futuro de Riveira non se entende sen o mar, pero tampouco se entende sen Frinsa”. A este respecto, destacou o mérito dunha empresa que aposta firmemente por Riveira, “a pesares de que nin o produto co que traballa é de aquí nin tampouco o vende aquí”.
Pola súa parte, Ramiro Carregal Rey, tras narrar as orixes e a traxectoria de Frinsa, afirmou que a familia Carregal Varela non deslocalizará a súas factorías no estranxeiro como teñen feito outras industrias do ramo, senón que apostará pola innovación tecnolóxica.
Despois de que o rexedor lle entregara a este unha reprodución en pequena escala da escultura e un diploma, chegou o turno de descubrir a figura, de máis de 3 metros de altura e fabricada en bronce á cera perdida.
Para finalizar, a Coral Polifónica, dirixida por Enrique Paisal, cantou diversos temas e o colofón foi o himno galego.
Relacionadas:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 29 de novembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presidiu hoxe a posta en servizo da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Leiro, no Concello de Rianxo. Na visita tamén estivo presente o alcalde de Rianxo, Adolfo Francisco Muíños Sánchez.
O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, cos impostos de todos os galegos, realizou unha achega económica de máis de 1,5 millóns de euros para a execución desta infraestrutura hidráulica no concello rianxeiro. Trátase dunha depuradora biolóxica de fangos activados mediante o sistema de aireación prolongada con eliminación de nitróxeno e fósforo, estabilización e deshidratación de fangos. Para o tratamento primario, esta infraestrutura conta con reixas para a retención de sólidos, desareador e desengraxador; para o tratamento biolóxico, tanque de aireación; e para a liña de fangos, sistema de bombeo.
A nova EDAR beneficiará a preto de 670 habitantes dos núcleos de Cabanas, A Igrexa, Meiquiz, Or, Raño, Rial, Palleiro e Pedreira.
Plan de saneamento local
Por outra parte, no que se refire ao plan de saneamento local elaborado por Augas de Galicia para a marxe norte da ría de Arousa, Agustín Hernández explicou que no caso concreto de Rianxo o diagnóstico realizado revela que o colector interceptor e a EDAR actual son insuficientes, xa que a partir do inventario detallado da rede de saneamento detectáronse múltiples problemáticas. Hai un exceso de auga na rede, debida á elevada infiltración, sobre todo no rural, e á entrada de augas pluviais. Tamén se constataron fallos no funcionamento dos bombeos e inventariáronse verteduras industriais con cargas elevadas tanto á rede como directamente ao medio receptor. Isto afecta ao rendemento da depuradora, e no medio receptor, as verteduras prodúcense preto de zonas de marisqueo tanto a pé como a flote.
A Xunta de Galicia, como solución aos problemas citados anteriormente, está a traballar en propostas encamiñadas á redución dos caudais que se reciben na rede de saneamento, así como na ampliación do colector interceptor e a EDAR. Concretamente estanse a estudar as seguintes actuacións:
• Ampliación do colector interceptor nun tramo de 1 km de lonxitude, con diámetros comprendidos entre os 800 e os 1.200 mm.
• Construción dun depósito de retención de aproximadamente 800 m3, ao que se lle dará saída mediante un novo bombeo, que actuará como bombeo de cabeceira da EDAR.
• Ampliación da capacidade de tratamento da EDAR, mediante o desdobramento da súa liña de tratamento actual, dotándoa dun novo pretratamento, dado o mal estado do actual.
• Redución do caudal que chega á rede, eliminando auga pluvial e caudal procedente de infiltración. Para iso será necesaria a construción de novos pozos de rexistro estancos, substitución de tramos de colector, e construción de novos colectores para augas fecais, destinando os existentes a pluviais e eliminando as acometidas de fecais que reciban.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Os interesados deberán enviar o xustificante de pago, xunto cos seus datos persoais, así como as obras ou estudos que van traballar durante o curso ó seguinte mail: escolademusicaderianxo@gmail.com.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Presentación de libro: o xoves 1 de decembro, "Sempre Riveira"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia