29.11.11

Rianxo: curso de trompa do 3 ao 6 de decembro no auditorio a cargo de Benjamín Iglesias

Benjamin_Iglesias_trompa

Rianxo, 29 de novembro de 2011. O curso de trompa impartido por Benjamín Iglesias terá lugar no auditorio de Rianxo os días 3, 4 e 6 de decembro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, cun concerto de clausura o último día ás 20.30h. O curso está dirixido a trompistas de tódolos niveis, sen límite de idade. O curso dispón de 14 plazas para alumnos activos e para os alumnos oíntes non hai límite de prazas. O prezo para os alumnos activos socios da Escola de Música de Rianxo: 50€, alumnos activos non socios: 60€, alumnos oíntes socios da escola 10€ e alumnos oíntes non soncios 15€. (CCC: 2080 5495 95 3040106048)

Os interesados deberán enviar o xustificante de pago, xunto cos seus datos persoais, así como as obras ou estudos que van traballar durante o curso ó seguinte mail: escolademusicaderianxo@gmail.com.

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical