31.10.09

30.10.09

Lingua galega: anécdotas á orde do día

Madrugada do sábado 24 ao domingo 25 de outubro do 2009, WestSaloon, Ferrol, 5 e pico da madrugada (ou se cadra 6 e pico, co conto do cambio de hora), local ateigado. Un rapaz baixiño e xeitos femininos achégase a min.

Fulanito: Hola, mira, te quiero presentar a mi amiga.
Eu: (sorrindo por fóra e por dentro) Vale...
Fulanito: ¿Cómo te llamas?
Eu: Zitanito

Fulanito: Menganita, este es Zitanito. Zitanito, esta es Menganita.

Protocolarios dous bicos

Menganita: Hola, ¿de dónde eres?
Eu: De Mugardos, ¿e ti?
Menganita: ¿Eh, hablas gallego?
Eu: Falo ruso se queres.
Menganita: ¡Uf! Mira, es que de Mugardos y hablando gallego, no puedo, ¡eh!
Eu: Estás de coña...
Menganita: Es que yo soy del centro de Ferrol, ¿sabes? Paso dese rollo del gallego.

Miro para Menganita, miro para Fulanito, que abre os ollos como dicíndome "eu tamén estou flipando" e logo volvo a mirar para Menganita.

Eu: Si, es lo malo que tenemos las minorías. Unos nacen negros, otros homosexuales, otros hablando gallego... yo soy peor aún, que no te lo hablaba hasta el instituto, fíjate... Cuanta chusma, ¿verdad?

Fulanito tenta disimular un sorriso

Eu: Bueno, guapita, marcho a hablarles en gallego a mis amigos de la aldea. Deica. Oes Fulanito, encantado, eh.
Fulanito: ¡Igualmente!

Anécdota, tamén real, escoitada nunha cea de estudantes de Dereito:

"A mí no me molesta que estas chicas hablen gallego o lo que quieran. A mí lo que me molesta es que suelan llevar las bragas de color carne. Eso si que no lo aguanto".

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Valle-Inclán: calquera tempo pasado foi anterior

XENIO AROUSÁN

O director xeral de Cultura enxalza a Valle Inclán como "un xenio singular, personaxe único, artista sublime e orixinal"

[28/10/2009] Tras asistir na Deputación de Pontevedra á reunión do xurado que fallou o premio Valle Inclán, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura eloxiou o labor do escritor.


Vilanova de Arousa (Pontevedra).- Francisco López, enxalzou a figura de Valle Inclán como "fabulador e creador de personaxes que perviven cunha forza única e misteriosa no noso imaxinario, no imaxinario de cantos aquí estamos, no de toda a sociedade que o le ou o escoita subxugado por un máxico recendo que non somos quen de explicar, que nunca o seríamos de repetir. "Un xenio singular, personaxe único, artista sublime, orixinal", resumiu.

Na homenaxe floral en Vilanova de Arousa no aniversario do nacemento de Valle Inclán, organizado polo concello e a Deputación de Pontevedra, Francisco López eloxiou a singularidade e excepción do xenio de Vilanova de Arousa insistindo en que "xa non hai artistas como os de antes porque algunha razón haberá para que xa non se repitan, para que saibamos ademais que non se van repetir figuras como a de Don Ramón del Valle Inclán". "Xa nunca máis haberá outro don Ramón del Valle Inclán", finalizou.

Respecto a súa escritura e a visión que adoitaba presentar da realidade, Francisco López apuntou que de Valle Inclán "quédanos o recordo, a obra, a imaxe impactante, a frase fermosa, adecuada, a humanidade agochada na miseria ou na crueldade, a forza dun Deus nitscheano, alleo ó sufrimento, artista sempre sen embargo nas máis duras ou nas máis débiles das súas criaturas, das súas invencións". O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura cominou que detrás de todo este legado deixado polo escritor arousán "é onde aínda podemos atopar ao propio Valle Inclán, como unha invención máis da súa fantasía, como a mellor e máis grande das súas creacións".

Finalmente, Francisco López, lembrou a pegada da obra de Valle Inclán que non deixa indiferente de ningún modo a aquel que o le, "todos cantos en certo modo deixamos de ser os mesmos despois de lelo sabemos perfectamente porqué. E esta convicción interna, este sentimento de admiración agradecida estou seguro é compartido por cantos hoxe estamos aquí", rematou.

  • O director de Cultura asegura que as imaxes de Ruth Matilda Anderson exemplifican o traballo "para crear lazos co exterior desde unha marca de calidade de Galicia"
    [30/10/2009]
  • Asinado o Plan de competitividade turística de Vigo, turismo urbano e de ría por un importe total de 3.900.000 euros
    [29/10/2009]
  • Varela presenta uns orzamentos "adecuados á realidade e dinamizadores da economía galega a través da cultura e do turismo"
    [29/10/2009]
  • Galicia rexistrou este mes de setembro un 3,8% máis de viaxeiros aloxados en hoteis que no mesmo mes en 2008
    [28/10/2009]

  • O director xeral de Cultura ten que saír máis á rúa. E dicir menos obviedades. Ou escoitar máis a Les Luthiers.

    Se pasan por Pontevedra, non se perdan a exposición de caricaturas de Valle-Inclán: http://museo.depo.es/noticias/notas.de.prensa/ga.02010157.html

    Xa se coñece o nome dos gañadores do premio Valle-Inclán de Investigación:
    http://www.depontevedra.es/?1,561,19275

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Aguiño: o premio Xoán Manuel Pintos foi para a Romaxe de Crentes Galegos

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Tecnoloxía: crean un localizador de barreiras arquitectónicas

    32 - Prueba de Sitio Libre de Barreras!!!

    Creada el 23 de Junio de 2009 por admin

    Provincia: Granada
    Localidad: Granada

    BIEN!!! Hemos conseguido arreglar una barrera. Poco a poco esperemos ver el mapa lleno de iconos verdes.

    Acera

    Libredebarreras.es é un novo servizo (aínda en fase beta) que promove a eliminación de barreiras arquitectónicas en España. Coa colaboración de voluntarios que estean sensibilizados con esta tarefa esperan mobilizar conciencias e que pouco a pouco as rúas deste país sexan accesibles para todos e non só para os que camiñan sobre dúas pernas.

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    A Pobra: Moción sobre Cambio Climático do PSOE

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Dodro: programa das Xornadas de Saúde e Benestar

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Curiosidades: hai asociacións para todo, tamén de cemiterios singulares

    Aquí na bisbarra non temos ningún nisa "catejoría". Pero hainos ben guapos, coma o de Noia. Pablo Portero, de Ferrol, abre a súa curta experimental con el. Vexa a entrevista en Certo.


    O de Queiruga, en Porto do Son, ten unhas vistas fabulosas a Baroña.

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Mar: o Bng pide a limpeza dos fondos mariños no litoral

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Medicina: un buscador de especialistas

    Pode ser xenial pero tamén pode ter o lado malo: que lle collan manía a alguén e o crucifiquen a comentarios negativos. Iremos probando...
    http://masquemedicos.com

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    A Pobra: Homenaxe a Anxo Rei Ballesteros

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    29.10.09

    Rianxo: Fogo Fatuo remata o cursiño de teatro con Expresión Corporal e Improvisación

    O seu cursiño gratuíto e intensivo de formación en Teatro. Sábados ás cinco da tarde en Rianxo

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Boiro: Jesús Torrado Vidal, primeiro premio de fotografía Murchante 2009

    Jesús Torrado Vidal, aka Suso Marañas (mitilicultor e foteiro) por se non o coñecedes aínda:
    http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=suso-maranas-2
    Só sae en Certo gañando premios... E sae cada pouco!

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Música: Google tamén se pon as pilas buscando cancións e grupos

    Probámolo co último grupo que entrevistamos (AreavastA) e si, como un tiro: saíunos o seu MySpace, as webs relacionadas e mesmo vídeos colgados en YouTube. Google está en todo e non hai que lle facer...

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Boiro: os máis pequenos son tamén os máis preparados para a festa das cabaceiras

    Levan unha semana entrenando, así que imaxínense: uns auténticos expertos! Para o Samaín, o Halloween, a Festa das Cabaceiras, a Festa dos Mortos ou como lle queiran chamar...

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Fotografía: Galicia nos anos 20, unha mostra que ninguén debe perderse

    Ata o 28 de febreiro na Fundación Caixa Galicia de A Coruña. Pode que alí atopen ás súas avoas ou bisavoas. A imaxe que ilustra esta entrada é de labregas e leiteiras de Muros. Moitas destas imaxes foron recuperadas dun soto da Hispanic Society of America sito no barrio do Harlem en New York. Foron feitas por unha muller, Ruth Matilda Anderson, que percorreu Galicia a pé, a cabalo e en ferrocarril nos anos 20 do século pasado.

    Coas imaxes que Meninheira colgara en Flickr fixemos esta expo:
    http://www.flickr.com/photos/certo/galleries/72157622564727601/

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Rianxo: estes son algúns dos "suertudos" que se van a Navarra

    E ameazan con contarnos o ben que o pasan na súa inmersión de inglés!
    Estamos entre soltar un WTF! ou ser bos e dicir... LOL!
    De todos xeitos, a viaxe ten que ser toda unha experiencia.
    Se non saben de que lles falamos: http://certo.es/index.php?page=inmersion_no_brea_segade

    A imaxe é unha das colgadas no blog de inglés deste colexio de Taragoña:
    http://www.enormouscrocodile.blogspot.com

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Arte rupestre: Petróglifos de A Gurita en Baroña, Porto do Son

    Outra estupenda imaxe de Lansbricae, un divulgador do patrimonio galego en toda canta TIC pode (sospeitamos que é o mesmo Lansbricae da Galipedia).

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Rianxo: rogo sobre clínica en Taragoña do Bng

    Download now or preview on posterous
    rogoclinica.pdf (160 KB)

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    28.10.09

    Ribeira: conferencia e libro sobre o protestantismo en Galicia

    Cóntanos José Urbano Mariño, da Igrexa Evanxélica, que o interesante desta conferencia é que a Historia do Protestantismo vai ser impartida por un SACERDOTE CATÓLICO.

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Noia: un blogueiro especialista en márketing e dirección comercial

    Antonio Castro

    Mi nombre es Antonio Castro Hermida y como podéis comprobar por mis apellidos, soy gallego, concretamente de Noia (A Coruña).
    Estoy casado con María y desde hace 4 años vivimos en Pontevedra, donde nació nuestro hijo Mateo, que es lo mejor que me ha pasado.
    Anteriormente he estado trabajando fuera, primero en Pensilvania (EE.UU) y posteriormente en Madrid

    Desde hace años, me dedico a la Consultoría de Empresas, la cual he alternado con puestos Directivos y actualmente también con la Dirección externa de empresas.
    Actualmente soy el Socio Director de la empresa Consultoría y Dirección y Gerente de Giro180, una Central de Compras y Servicios de tiendas de deporte y moda.

    Las áreas en las que desarrollo mi actividad son la Dirección general, estratégica, comercial y de marketing, en colaboración con empresas Fabricantes y Distribuidoras del sector de Gran Consumo, Farmacia, Tecnología, Cerámica, Muebles, Calzado, Consultoría, Deportes, etc.

    En todos estos proyectos de colaboración, lo que intento siempre aportar a estas empresas, es una visión práctica y realista de los asuntos que abordamos y con un lenguaje sencillo

    Esto es lo que voy a intentar en este Blog y por lo tanto espero que mis comentarios sean de vuestro interés

    Bienvenidos y espero vuestros comentarios

    Por cierto, para el que esté interesado, la foto es de la playa de Carnota (A Coruña), un pequeño paraíso que se mantiene todavía bastante vírgen y donde veraneo desde hace unos años

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Mar: el Bng pide a la Xunta información sobre el rescate del "Cunchiña"

    Download now or preview on posterous
    12114-asinado.pdf (63 KB)

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Ong´s: Survival hace campaña en favor de un pueblo de India

    Si puedes colaborar de alguna forma: http://www.survival.es

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Fotografía: unha metáfora aplicable a moitos asuntos

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Air Compostela: razóns dunha desilusión co Concello de Santiago

    Download now or preview on posterous
    nota de prensa.pdf (254 KB)


    Ävanzábamolo o outro día aquí

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Lousame: "ai meniño, o camiño que hai está moi mal"

    Os montes de Aldariz, aldea de Lousame, como meta cicloturística.
    Crónica destes ciclistas en http://branilin.blogspot.com/2009/09/ruta-sabado-12092009.html

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Motor: co título do vídeo é normal o de "e logo puuuuumm!"

    Na manga de entrenos. Como cambia o choio visto dende dentro do vehículo!

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    27.10.09

    Medios: nace El Jelou, a revista para os que queren ser famosos

    Xa estamos vendo a Dani Gestoso de colaborador...

    Quen será a Isabel Pantoja de Barbanza?

    E a Belén Esteban de Noia? Noia era terra de picadores, teremos algún Fran Rivera ao xeito? Haberá algún Paquirrín en Lousame? A Pobra ten toda a pinta de aloxar a algunha Cayetana de Alba! E que nos dicides de Porto do Son? Algún vividor tipo Álvaro de Marichalar?
    Ribeira, que xa é Centenaria, ten que dar moito xogo, pero xa nos sacaron todas as ideas os da Dorna, que son moi ocurrentes coa súa publicación "La Vos de Jalisia". Sabemos que en Dodro se agocha algún cantante casposo e que en Rianxo hai varios exemplares coma Pipi Estrada.
    Anímense! Nunca se sabe!

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Arte: Monica Cook, ou polbos como bufandas

    Peculiar técnica hiperrealista que conxuga gastronomía e corpo humano...

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Medios: Pecha Soitu.es

    E nós que, de grandes, queríamos ser coma eles!

    Nós mirabamos Soitu cada día. Eran unha fonte inesgotable de información actual, rigorosa, mesmo ilusionante e creativa.

    En fin, calquera día dicimos nós o mesmo. Polo de pronto, bo martes e boa sorte. Grazas e sentímolo, en serio. Ler novas coma esta sacan as gañas de facer nada...

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Porto do Son: encomiable iniciativa dos comuneiros de San Pedro de Muro

    recollida de lixo

    O domingo pasado (18 de outubro), xuntámonos un reducido grupo de persoas coa finalidade común de manter os nosos montes limpos de lixo. E é que, tralos desbroces destes últimos días, a retirada da maleza deixou ao descuberto as vergonzas da parroquia. 

    lixo 1

    lixo 2

    sorpresa!

    Ao vermos estas accións "espontáneas" un recobra a súa fe no xénero humano. Felicitacións!

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Boiro: programación cultural de outono

    Datos técnicos do informático: en dúas imaxes froito de capturas de pantalla metemos o pdf que colga o Concello de Boiro na súa web. O pdf pesa oito megas e pouco e estas imaxes, que se ven igual nunha pantalla normal, pesan un mega e pouco.

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    26.10.09

    Mar: a Xunta presentou en Barbanza os orzamentos para este eido

    A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou no Barbanza as liñas principais que sustentan a elaboración dos orzamentos para 2010 do departamento que dirixe


    Rianxo (A Coruña), 26 de outubro de 2009.- O orzamento da Consellería do Mar incrementarase nun 7% con respecto ao presentado o ano anterior pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. O total do que disporá será de 221,7 millóns de euros que son o “resultado da coordinación administrativa” defendida hoxe pola conselleira Rosa Quintana.

    “Conxugamos unha rebaixa do 20% en gastos correntes que sumados á incorporación aos orzamentos do ente público Portos de Galicia demostran o compromiso do Goberno da Xunta por potenciar un dos principais sectores económicos do tecido galego: o da pesca”, sentenciou a Conselleira. O departamento de Mar medra así un 7% nas súas inversións nun momento de crise económica xeralizada. O dato contrasta co descenso dun 11,8% dos orzamentos da anterior Consellería de Pesca en comparación co exercizo 2009 cando os presupostos xerais do bipartito medraban ese ano un 4,2%.

    Os orzamentos de 2010 “xorden do traballo en conxunto co sector cumprindo cos compromisos de xeito coordinado coa lexislación e a súa administración”, asegurou a conselleira, quen incidiu en que os obxectivos primordiais pasan por “reforzar o sector nas súas debilidades e fortalezas, reordenar aqueles aspectos que axuden a definir as liñas de futuro e garantir a competitividade nos mercados”.

    Mar fará, a través dos orzamentos que manexa, especial fincapé en potenciar a pesca artesanal e marisqueo e a industria e a comercialización, á par que contempla unha elevada inversión en materia de salvamento e seguridade das xentes do mar.

    Na rolda de prensa de hoxe, a conselleira Rosa Quintana, presentou os investimentos que fará a Consellería en materia de pesca artesanal e marisqueo e que, “se fixeron xirar arredor do triple equilibrio: social, económico e ambiental”.


    Eido social
    As prioridades da Consellería en materia social pasan por potenciar a ordenación do sector contribuíndo á cooperación, funcionamento e desenvolvemento das confrarías como entes que, “como demostra o compromiso deste Goberno a través da Lei de Pesca que está en trámite parlamentario, se deben apoiar”. Así, á súa cooperación, funcionamento e desenvolvemento destínanse máis de 800.000 euros para convenios coas federacións, xestión de auditorías e xuntanzas e encontros.

    A conselleira incidiu na importancia de investir no capital humano a través do apoio aos traballadores destinando máis de 1,5 millóns de euros en apoio á cotización de seguros sociais que garantan as prestacións por xubilación para mariscadoras dentro da segunda fase dun proceso iniciado nos principios desta década e que “trouxo seguridade e autoafirmación ao sector”.

    Rosa Quintana tamén lembrou que se destinarán 1,2 millóns de euros para o seguro de accidentes e puxo como exemplo de xestión eficaz os 300.000 euros que se reservan para o seguro de mal tempo tendo en conta que nos orzamentos pasados “por unha mala previsión” se destinaron 1,7 millóns de euros cando tan só se executaron 111.000 euros.

    A Xunta contempla ademais 10,9 millóns en medidas socioeconómicas derivadas do abandono da actividade pesqueira e que serán destinadas a prexubilacións, impulso de novas actividades ou mellora da capacitación profesional.

    Á formación naútico-pesqueira serán destinados máis de 3 millóns de euros que inclúen o plan integral de formación, a promoción de ensinanzas, o apoio á formación e adecuación dos coñecementos dos profesionais do mar. Este campo complétase coa inversión na diversificación e complementación das actividades extractivas cos 6,8 millóns de euros entre apoio a proxectos de plans estratéxicos e funcionamento dos Grupos de Acción Costeira, desbloqueados pola Xunta en agosto deste ano cando se asinou o convenio para a súa posta en marcha.

    A seguridade marítima é outro dos compromisos que cumpren os orzamentos cunha partida de máis de 16 millóns de euros que irán destinados a mellorar a operatividade dos helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, no mantemento e inversión en embarcacións e na vixilancia e seguridade no mar.

    Eido económico
    A Consellería do Mar, fomentará a continuidade da ordenación produtiva procurando a adecuación entre a explotación económica e o estado dos recursos contemplando unha partida de máis de 6,3 millóns de euros en proxectos colectivos de xestión pesqueira e marisqueira, dos que unha parte irá destinada a proxectos de rexeneración e ampliación de espazos marisqueiros que foron xa analizados e de probada viabilidade.

    Tamén se contemplan máis de 1,1 millóns de euros para as asistencias técnicas como medidas que leven ao control e definición de procesos extractivos sostibles acordes cunha explotación económica tamén sostibles.

    Ademais, destinárase un importante apoio orzamentario aos avances en diversificación e innovacións na pesca costeira artesanal tanto nos aspectos técnicos coma nos sociais, polo que se achegarán máis de 950.000 euros en axudas a empresas e máis de 239.000 euros en axudas a familias.


    Eido ambiental
    Os orzamentos da Consellería prestan atención, ademais, á conservación dos recursos como piar fundamental do futuro da pesca potenciando unha pesca responsable e un maior control sobre as actividades extractivas ilegais polo que investirá 2,5 millóns de euros en convenios de vixilancia.

    Deste xeito, e como compromiso de aposta pola sustentabilidade destinará 1,2 millóns de euros (un 20% máis) á protección de hábitats significativos e dotados de valor piscícola, marisqueiro ou natural senlleiros como son as reservas mariñas. Ao mesmo tempo apostará por continuar avaliando cientificamente o impacto das pesquerías no medio cunha partida de máis de 430.000 euros e por seguir avanzando nas repoboacións de especies de gran valor comercial, destinando 70.000 euros a este fin.

    Así mesmo, un dos principais esforzos será aplicado na mellora do medio produtivo marisqueiro, especialmente nas zonas C para o que se destinarán case 15 millóns de euros en medidas de rexeneración, dinamización e adecuación desas áreas.

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Curiosidades: crean en Facebook o grupo "La Maquina expendedora de consoladores de Noia"

    Non imos comentar absolutamente nada... xa hai máis de 60 seareiros que o fan máis brillantemente ca nós!

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Mar: II Xornada da Construción Naval en madeira

    Detalle da quilla do Nieves

    Download now or preview on posterous
    091023 tripticos.pdf (1193 KB)

    Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Opinión: os lectores quéixansenos do que non di David Fdez W.

    Nós non temos que defendelo, que é maiorciño, pero non lle tiren tantos tomates ao mensaxeiro!

    O artigo en cuestión é este

    Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical