- Xoves 18 de abril
- 16.30 a 20.30 horas - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
- OBRADOIRO PARA PERFORMERS DA PALABRA E DA ZANFONA Máis información
- Venres 19 de abril
- 21.00 horas - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
- CONCERTO DE MATTHIAS LOIBNER E GERMAN DÍAZ XUNTO CON ALEJANDRO VARGAS. Máis información
As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €.
- Sábado 20 de abril
- 17.00 horas - Rianxiño
- SERÁN DO PATROCINIO DE RIANXIÑO Máis información
Na xornada do domingo haberá alboradas a cargo do grupo Fogo Fatuo, misa cantada, procesión e actuación a Escola de baile e música tradicional Aleivosía.
Está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.
- 20.30 horas - Auditorio de Rianxo
- CONCERTO SOLIDARIO "BAIXO UN MESMO CEO" Máis información
As entradas poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto, e terán unha aportación 5 € que irán destinados ao programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz".
- 22.00 horas - Campo de Arriba
- FESTIVAL ANTROSPINOS MIÚDO Máis información
Coas actuacións de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix.
Está organizado pola Asociación Festival Antrospinos en colaboración co Concello de Rianxo- 22.30 horas - Camping de Rianxo
- PALCO ABERTO E FOLIADA. Máis información
Tanto nesta xornada do sábado coma na do domingo terá lugar Curso intensivo con Matthias Loibner.
- Domingo 21 de abril
- 17.00 horas - Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo
- LAB ZDZ: LABORATORIO DE IDEAS. AXÓUXERE EDITORA. Máis información
Ademais lembráselle que aínda poden visitar no Centro Cultural-Auditorio de Rianxo as seguintes exposicións:
- Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo - A Garda e a Asociación Mulleres en Acción
- De minimis da fotógrafa Marga Piñeiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia