Mostrando entradas con la etiqueta festivais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festivais. Mostrar todas las entradas

14.12.12

Rianxo: o venres 28 de decembro, Festival de Nadal de Aleivosía

  • Organiza A.S.C Fogo Fatuo
  • Promove a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo

Nadal_aleivosia

  • Participan:

 

  1. Coral polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro
  2. Agrupación de baile e música tradicional Fouliada da Asociación de amas de casa de Mazaricos
  3. Agrupación de baile e música tradicional ALEIVOSÍA da A.S.C Fogo Fatuo
  • No auditorio de Rianxo ás 21:00 horas
  • Recollida de entradas ás 20:00 h

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.12.12

Boiro: a Anpa Loureda organiza o seu festival o vindeiro sábado 15 no centro social de Cabo de Cruz

  • Comeza ás seis da tarde e está aberto a todo o público
  • O recadado irá para a excursión de fin de curso

Boiro_festival
https://twitter.com/amnistiaespana/status/277913511823298561

O mesmo sábado, en Boiro cidade:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.11.12

Boiro: concerto solidario o sábado 15 de decembro, "Solidariedade X Música"

  • A Asociación Cultural Borobó organiza o festival benéfico en colaboración con Cáritas
  • A Banda de Música Municipal de Boiro e o estudio de ballet Va’Lontano serán os que actúen
  • Xa se pode comezar coas doazóns

Boiro_concerto_15
https://twitter.com/pacodomartelo/status/274217324679163906

Boiro, 30 de novembro -Santo André de Cures- de 2012. A Asociación Cultural Borobó ven de presentar o festival benéfico “Solidariedade X Música” que terá lugar o sábado 15 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Boiro, a partir das sete e media da tarde, no que levará a cabo un concerto da Banda de Música Municipal de Boiro e unha actuación de teatro musical do
estudio de ballet Va’Lontano, de O Grove.

A finalidade é recadar distinto tipo de material e enseres para axudar ás numerosas familias boirenses que se encontran nunha difícil situación como consecuencia das circunstancias económicas actuais. Con este evento, o colectivo cultural fai efectiva unha colaboración con Cáritas Boiro quen será a encargada de levar a cabo o reparto do material donado recaudando dende
alimentos non perecedeiros, roupa (especialmente de abrigo), material escolar e xoguetes (que non teñen por que ser novos, pero que se atopen en bo estado). As doazóns pódense facer dende hoxe mesmo no local de Cáritas Boiro, situado na rúa Principal nº 24 (antigo comercio Xefa) —conseguindo a cambio entradas para o festival— ou ben no mesmo día do evento na Casa da Cultura.

Boiro_borobo

A Presidenta de Borobó, Silvia García Mirón, quixo solicitar “a axuda de tódolos boirenses para mellorar nestas datas a situación de moitas familias do municipio que precisan dende alimentos básicos como leite ata algún xoguete para poder facer felices aos máis pequenos do fogar, polo que entre todos, aportando cada un o seu gran de area, podemos construir unha gran montaña de axuda solidaria”. Dende o colectivo incideron no seu interese en organizar iniciativas de carácter solidario, non só en momentos puntuais que así o precisen, tal e como fixeron coa organización do “Concerto Solidario por Haití” senón tamén ao traverso da colaboración con outras entidades que exercen de xestoras de axuda á sociedade, como foron as colaboracións con Ámbar e Amicos co concerto “Capaces” ou coa ONGD Contacto nas dúas edicións previas de “Xoguetes por Música”.




Solidaridade en Ribeira: o partido deste domingo 2, para Cáritas. Colabora en metálico ou especie!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.11.12

Rianxo: o venres 23 de novembro, I Festival Solidario a prol de Cáritas

  • Actuarán Tonhito de Poi, Xurxo Souto, o gaiteiro Xosé Romero con Maruxa, Esther Carrodeguas, a Escola de Música rianxeira, Silvia Ferré e Alfredo Susavila e Mariú
  • Módico prezo de entrada: 5 euros

Rianxo_festival

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

3.10.12

Porto do Son: o sábado 13 de outubro, o I Festival Furnas Music promete dez horas de música sen parar

Furnas_music
https://twitter.com/PSdGBarbanza/status/253204416361021440

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

14.7.10

Ribeira: confirmados os grupos para o "Rockandorna", que traen dende metal ata música surf

miércoles 14 de julio de 2010

Rockandorna

Xa chega a Festa da Dorna e como todos os anos hai rockandorna, por fin temos todos os grupos confirmados, non é sin tempo!!!


O Xoves 22 de Xullo contaremos coas actuacións de:  Kolapz, Talón de Aquiles, Siberets, Piruflauticos, Krasta, Generazion Perdida, 8 Ferrados+TresU+Mordaz.

O Vernres 23 todos diremos, que ACDC non vai o Xacobeo, é a min que. Na Festa da Dorna

 O sabado 24 pola ruta do grelo chegan á LXII Sinjladura da Festa da Dorna:
nos contaran historias da súa infancia a ritmo de rockanroll.
A continuación a marea dorneira vivirá un maremoto coa chegada de


co seu surf-rock nós farán vibrar e non deixaran a ninguen indiferente.

Referencias videograficas:
Los Coronas-secret agent man
Los Coronas-Maremoto
Los Coronas-Rumbaleros
Los riffraff
kastomä-infancia

O vintecatro de xullo
Chejou a chea a ribeira
Enchendo ruas e prazas
Sube a marea dorneira

Bota o risón compañeiro ....

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

1.7.10

Cinema: o noiés Luís Avilés Baquero presentará "Retornos" en Montreal

Estabamos agardando a confirmación pero é tontería: escoiten a Serafín Marcos -o que orina do lado esquerdo- no segundo 28 (falei con Luís...).
Luís Avilés Baquero leva a súa última película, Retornos, ao prestixioso Festival Internacional de Cinema de Montreal (http://www.ffm-montreal.org).

Bobina de Luis Avilés Baquero from luis on Vimeo.

Quen é Luís Avilés? Ficha no AVG en http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=748&busca=luis%...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

28.1.09

26.12.08

Festival Para Gente Sentada 2009

Festival Para Gente Sentada 2009

É en Portugal, en Santa María da Feira, pero o nome chegounos á alma. E o cartel pode estar ben...

16.11.08

21.5.08

Benvidos a Galiwood



O que queria seguir o Festival de Cans (o de Porriño) case nin ten que achegarse. Teñen un montón de recursos web.

A páxina é http://www.festivaldecans.com

O blog é http://festivaldecans.blogspot.com

A canle en MySpace é http://www.myspace.com/festivaldecans


E a canle no YouTube é http://es.youtube.com/festivaldecans

Aínda que o mellor é achegarse, por iso de cheirar o glamour de Galiwood.

8.5.08

Morrissey e Leonard Cohen

Festival Internacional de Benicàssim = FIB Heineken

ide sacando entradas, amijiños, carrosas varios, que esto prometeeee
Blogged with the Flock Browser

10.4.08

Para Setembro

REPERKUSION'08

Se non che chegou o de xuño, recunca e volta en setembro. Música para todos en Allariz
Blogged with the Flock Browser

13.3.08

Aínda non paramos de rir

Sperm Donation, Fertility Clinic - Sperm For Tickets

Non sabemos por qué, pero á redactora progre deulle un ataque de risa contaxiosa e aínda non paramos de rir. Pero aínda lle quedou tempo a dicir: "isto é discriminación da muller!". Que xenio!

Para os que non entendan inglés, a noticia xa está comentada, e moito, en Chuza!
Blogged with the Flock Browser

16.2.08

Cita Viña Rock 2008

1, 2 y 3 de Mayo en Villarrobledo (Albacete), Viña Rock...Viña Rock 2008

Lugar: Auditorio Municipal de Villarrobledo (Albacete).Fechas: 1, 2 y 3 de Mayo de 2008.
Entradas: 70 euros anticipada y 80 euros en taquilla a partir del 31 de Enero.
.Web: www.vinarock.com

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical