10.1.13

Noia: este domingo 13, no Liceo, "En Cabárceno se oye cantar"

Cartel-teatro

Noia, 10 de xaneiro de 2013. Este domingo 13 de xaneiro ás 18:00 horas terá lugar a presentación das cancións e coreografías do novo traballo de Susa Herrera, "En Cabárceno se oye cantar". Para nenos maiores de 6 anos, acompañados por un adulto, e todo aquel interesado en asistir a este espectáculo familiar.

Que é Cabárceno?


Un pobo de Cantabria, do municipio de Penagos, a 20 quilómetros de Santander, famoso por acubillar un enorme parque da natureza, con moitas especies impropias de climas europeos.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: xa se pode ver o acueduto medieval musealizado na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso

Media_httpfarm9static_rwutt

Media_httpfarm9static_wpbur

Media_httpfarm9static_yidur

  • O acueduto apareceu nas obras de reurbanización das rúas Porta da Vila e Carreiriña de Escultor Ferreiro en 2010

 

Media_httpfarm9static_ugmei

Media_httpfarm9static_acbjj

Media_httpfarm8static_wzpco

Así estaba almacenado o acueduto antes da musealización

  • O traballo de musealización foi autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
  • A exposición pública destes restos será permanente na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso, esquina Porta da Vila. Os tramos do acueduto, que miden un metro de longo por peza, van colocados sobre soportes de aceiro que á súa vez están ancorados sobre o pavimento da rúa, arrimados aos muros existentes. A totalidade do tramo exposto suma oito metros. 
  • A información escrita colócase sobre dúas das prismas cuadrangulares que compoñen a totalidade da tubaxe. A instalación conta cun sistema de iluminación indirecta que se proxectará sobre os paramentos dos muros existentes, para o cal foi preciso o seu enfoscado e acabado en cor branca. 
  • Con esta actuación, a Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, que dirixe o nacionalista Bieito González, pretende materializar a idea primordial de incorporar as pezas individualizadas da canle extraída, de tal maneira que fiquen expostas á cidadanía onde se pensa que o acueducto penetraba na cidade intramuros e abastecía de auga a todas as fontes públicas das que logo se servía a veciñanza. 

Tamén, en Certo:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: o Bng pide axudas para o sector marisqueiro polos recentes danos das choivas

  • O Bng sinala a masiva mortandade de berberecho na ría de Arousa nesta tempada de marisqueo como un dos motivos para estas axudas


Barbanza-Noia, 10 de xaneiro de 2013.- A deputada do BNG, Montse Prado, vén de instar ao goberno da Xunta a que articule medidas para paliar os danos ocasionados polas últimas choivas no sector marisqueiro, entre outros nos bancos de Arcade, inda que tamén está afectada de xeito importante a ría de Arousa e a de Muros e Noia. Nesta última, a escaseza de berberecho e ameixa é tal que a confraría noiesa decidiu suspender a campaña marisqueira de extracción ata o 11 de febreiro. 

Prado rexistrou unha batería de iniciativas alertando dos danos sofridos no sector e do impacto económico que vai ter sobre o mesmo, de ahí a necesidade de articular axudas canto antes e outras medidas “que eviten maiores prexuízos a un colectivo que xa se atopa nunha situación difícil”.

Neste sentido, a deputada do BNG explica que este impacto económico é obxectivo, porque o actual contexto é de prezos moi baixos en primeira venda, unha masiva mortandade de berberecho na ría de Arousa, a prohibición de extracción de reló e a posibilidade real de desaparición da cría, entre outros factores.

“E este escenario coincidiu –engade a parlamentar- co pico de nadal, un momento comercial no que se esperaban uns ingresos que podían paliar en certo sentido o panorama estructural descrito”. 

Avaliou a Xunta os danos? Tivo en conta a apertura de comportas de encoros?

Montse Prado quer saber, en consecuencia, que avaliación fai na Consellería dos danos das últimas choivas, cales son os bancos máis afectados e se esta situación vai afectar a campañas vindeiras.

Asemade, a deputada pregunta que control, en colaboración coas entidades do sector marisqueiro, se establece nos casos de apertura de comportas de encoros, que nalgúns casos, pola súa falla de planificación, contribuiron á diminución da salinididade nas rías pola achega de auga doce. 






POC_danos choiva_sector marisqueiro.pdf Download this file

PRE_danos_Choiva_marisco.pdf Download this file

PRE_danos_marisqueiro_Arcade.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Semana cultural de Aguiño será en memoria de Mariscal o 18 e 19 de xaneiro

Ribeira, 9 de decembro de 2013.- A oitava edición da Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño xirará en torno ao añorado José Manuel Pérez Sampedro, “Mariscal”, quen será nomeado socio de honra a título póstumo como recoñecemento á súa estreita colaboración con cantas actividades emprendeu a asociación que leva o nome do que fora párroco de Aguiño. Así o deu a coñecer Unai González, presidente da entidade, durante a presentación dun evento que conta coa colaboración do Concello de Riveira, representado hoxe pola súa concelleira delegada de Cultura, Elvira Pisos (tamén estivo a secretaria da Asociación Francisco Lorenzo, Pilar Millet).

Unai González informou que a xunta directiva, reunida en sesión extraordinaria o pasado decembro, decidiu por unanimidade nomear a “Mariscal” socio de honra a título póstumo en base a uns méritos dos que se darán conta nas propias xornadas, pero que son sobradamente coñecidos: entre os mesmos, o de crear a páxina web de Aguiño (www.aguiño.com) e o documental sobre os 50 anos da parroquia.

Os actos celebraranse durante os días venres 18 e sábado 19 de xaneiro. No primeiro día e tras a inauguración do alcalde Manuel Ruiz (ademais do himno galego con música de gaitas de A Gandaina), desenvolverase unha xornada titulada “José Manuel Pérez Sampedro, “Mariscal”, In Memoriam”, que contará coa participación de Jorge Pérez Sampedro en representación da familia, Luis Aparicio Ramírez en representación dos amigos, Segundo Durán Guillán, polos compañeiros do Concello; Alberte Villaverde Fernández, polo Atlético Riveira; e Silverio Sobrido Álvarez, da Peña Madridista Amancio.

Acto seguido entregarase un diploma conmemorativo e un agasallo institucional de socio de honra aos pais do homenaxeado, para proxectar a continuación un documental no que se recollerán algúns dos momentos máis significativos da vida de Pérez Sampedro.

Todos estes actos terán lugar a partir das 20.30 horas na Casa do Mar de Aguiño.

Ofrenda floral

En canto á programación do sábado, comezará  ás 17.30 horas cunha ofrenda floral e lectura de manifesto no Cemiterio de Porto do Son, lugar onde está enterrado Francisco Lorenzo. Acompañará o Grupo de Gaitas A Gandaina de Palmeira.

Ás 20 horas terá lugar na Igrexa de Aguiño a misa do noveno aniversario do deceso de “Don Paco” que será oficiada polo actual párroco David Mohedano.

E ás 20.45 horas, a Casa do Mar de Aguiño será escenario da actuación e monólogo cómico de Isabel Risco (coñecida pola súa participación en programas como Tourilandia ou Luar, ademais de infinidade de series de TVG) que porá en escena o seu espectáculo “Nabiza Girl”. Todas estas actividades son gratuítas e de entrada libre.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical