20.8.12

Ribeira: o Psoe cre que a compra da biblioteca a NovaGalicia Banco é un rescate encuberto cos cartos dos veciños

Ribeira, 20 de agosto de 2012. Segundo denuncia hoxe o Psoe de Ribeira nun comunicado, "Manuel Ruíz anuncia la posible compra y ampliación de la biblioteca de Ribeira a NovaGalicia Banco por 432.000€ ¿Operación de rescate financiero con dinero público o fomento de la cultura?".

Polo visto, no pleno de Ribeira do 30 de xullo, o alcalde solicitou a modificación dun crédito no que se inclúe unha partida de 20.000 euros para arrendar durante un ano unha entreplanta anexa á biblioteca. O alcalde sinalou que case está pechado un acordo con NovaGalicia Banco para comprar un local de case 1.000 metros cadrados que permitirá ampliar a biblioteca. O prezo de compra sería de 432.000 euros e, se non se merca "nos quedamos sin
biblioteca".


Segundo os socialistas de Ribeira, "efectivamente, el Partido Popular propone utilizar 432.000€ de dinero de todos los vecinos de Ribeira, en una operación inmobiliaria (compra de una entreplanta) que según el propio Alcalde afirma, se trata de un buen negocio. Es poco más que esperpéntico que en el mismo pleno en el que anunció tan singular operación inmobiliaria, aprobara la subida de tasas, guardería incluida, pues como dijo: “El que pueda pagar pagará y el que no, no pagará” claro que, tampoco lo disfrutará, habría que recordarle".

Para o Psoe, "está claro que en el Ayuntamiento de Ribeira hay dinero para hacer negocios y no para ofrecer servicios. También es bastante curioso que no contemplara en los presupuestos del 2012 semejante operación y que pida una modificación del presupuesto para incluir “in extremis” el arrendamiento por un año del mencionado inmueble por 20.000 euros. ¿Fomento de la cultura o improvisación? Todo parece indicar que la improvisación del Partido Popular está a punto de costarle a los vecinos una importante suma de dinero con la que tranquilamente podríamos construir una biblioteca en condiciones. Puestos a ampliarla o cambiarla, hay que reconocer que no está instalada en el mejor sitio posible: una entreplanta comercial en un edificio de viviendas. También se podría
barajar la idea la reubicación de la biblioteca en alguno de los infrautilizados edificios públicos del Concello, que no sería mala opción en tiempos inciertos para las arcas públicas. Nada se ha mencionado sobre que el Concello de Ribeira llevaba disfrutando de forma gratuita de la actual entreplanta. Y nada se ha comentado respecto a la posibilidad de negociar la prórroga de la cesión. ¿Tenía fecha de caducidad? Pensábamos que no, y si el acuerdo tenía fecha de caducidad ¿cómo no se estudió con más antelación el problema? Realmente el acuerdo parece un
buen negocio, pero para NovaGalicia Banco: le compramos una entreplanta que disfrutábamos gratuitamente, gran negocio, y en un momento en que no se vende nada y menos entreplantas comerciales".

Mala xestión do PP neste asunto

O PSdeG-PSOE de Ribeira cre que este asunto da ampliación da biblioteca "no se está gestionando de manera adecuada. Vemos que la improvisación del Partido Popular nos va a costar mucho dinero a todos los Ribeirenses, y que existen otras opciones que no se están barajando. El Alcalde debería explicar a todos los Ribeirenses por qué no se ha podido ampliar la cesión gratuita y porqué no ha barajado otras posibilidades".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello advirte á veciñanza que hai que pedir licenza para calquera movemento de terras

  • O goberno local detectou que moitos veciños están a pedir á empresa que fai a variante que lles proporcione materiais de recheo para arranxar predios en solos rústicos e urbanos
  • O Concello advirte que non se deben alterar os espazos comprendidos no solo rústico e que hai que pedir licenza para calquera actuación que signifique movemento de terras, sexa cal sexa o solo no que se actúe

Media_httpfarm7static_gzfij

As obras da variante noiesa supoñen enormes movementos de terra e recheos na ría

 

Noia, 20 de agosto de 2012. Segundo informa hoxe o concelleiro de Urbanismo e alcalde en funcións, Bieito González, "a semana pasada, o Goberno Local de Noia, a través deste concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Solo, mantivo un encontro de traballo coa empresa que está a construír a estrada variante de poboación, a fin de manter un cambio de impresións no relativo ás noticias chegadas a dita concellería de que un número indeterminado de propietarios e veciños estaban a demandar da mesma, material sobrante de desmonte e explanación para utilizar de recheo nas propiedades particulares".

 

Bieito González sinala que nos últimos anos "volveuse unha práctica habitual entre a veciñanza o de aproveitar a realización das obras públicas, sobre todo aquelas que levan aparelladas grandes movementos de terras, para utilizar logo de recheo nas fincas e parcelas particulares o material sobrante".

 

Á citada xuntanza acudiron os representas da empresa "Puentes y Calzadas Infraestructuras", empresa que se encarga da construción da citada obra, tamén representantes de "Enmacosa", encargada da asistencia técnica da mesma así como persoal técnico adscrito á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galiza. No transcurso da xunta o Concello lembroulle aos asistentes que, ante as posibles peticións desta natureza, lle informen aos solicitantes que teñen que contar coa preceptiva licenza municipal. Por parte dos responsables de "Puentes y Calzadas", informaron ao concello que xa desbotaron algunha petición de veciños e propietarios por non contar coa autorización das administracións sectoriais competentes, nomeadamente Costas e Medio Ambiente, e comprometéndose a non atender ningunha das posibles peticións que lle cheguen.

 

O concelleiro de Urbanismo noiés lembra que a actual lei do solo "prohíbe expresamente, en solo rústico, a apertura de camiños e movementos de terras, agás que estean contemplados nos distintos instrumentos de ordenación urbanísticos ou autorizados pola Administración galega, segundo detalla a citada lei; sendo tamén de obrigado cumprimento a necesidade de previa licenza municipal para calquera actuación que leve aparellado movemento de terras, con independencia do tipo de solo do que se trate".


Pode que tamén lle interese:


San Bartolomeu 2012: do xoves 23 ao domingo 26 de agosto


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Concello remite telegrama de condolencia polo pasamento Avelino Pousa Antelo, "gran amigo desta vila"

Media_httpfarm3static_llxud

Avelino Pousa Antelo, en 2008, cando se anunciou a catalogación da esparexida obra de Castelao, cuxa Fundación creou e presidiu ata o seu pasamento, hoxe mesmo

Rianxo, 20 de agosto de 2012. Segundo acaba de comunicar o alcalde de Rianxo, o nacionalista Adolfo Muíños, "ante a noticia do pasamento do ilustre galeguista Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao e gran amigo de Rianxo desde o Concello temos previsto remitir un telegrama de condolencia á familia de Avelino Pousa Antelo e á Fundación Castelao.Enviarase tamén unha coroa de flores e imos asistir membros da Corporación a Teo para honralo e saudar persoalmente aos seus familiares".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este venres 25, a Banda anfitriona, no concerto de clausura do Ciclo de Bandas

Ciclo_de_bandas_2012_rianxo

  • Baixo o título da única peza musical que nos deixou Castelao, dentro da obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse"
Rianxo, 20 de agosto de 2012. Como xa publicamos, a Escola de Música de Rianxo organiza este verán xunto co Concello de Rianxo o seu VIII Ciclo de Bandas - Concello de Rianxo.

O concerto de clausura terá lugar este fin de semana dentro da programación do Verán Cultural 2012.

  • UNHA NOITE DE AMOR CON LELA
  • CONCERTO DA BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
  • Director: Rafael Collazo
  • Voz: Silvia Ferre
  • Arranxos: Alfredo Susavila
    • DÍA: venres 25 de agosto
    • HORA: 21:30 h
    • LUGAR: Praza Rafael Dieste

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: avance da programación de Servizos Sociais de setembro ata novembro

Dodro, 20 de agosto de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro que dirixe Marisol Boga Grela, sacou á rúa a programación para os meses de setembro, outubro e novembro que se enviou a todos/as os/as veciños/as do Concello por carta.

Todas as actividades son gratuítas para a veciñanza de tal modo que calquera veciño/a pode participar nelas en igualdade de condicións.

 

No mes de setembro ten programado un fin de semana “Só Mulleres” en Santa Cruz, unha estancia de fin de semana de ocio e lecer e aprendendo en igualdade.

A fin de semana será o 15 e 16 de setembro e está destinada ás mulleres maiores de idade do concello. Dentro da fin de semana haberá charlas e mesa redonda sobre igualdade e prevención da violencia de xénero nas que participarán psicólogos e especialistas recoñecidos na temática, saídas culturais como a visita ao castelo de Santa Cruz, xornadas de ocio como unha saída en catamarán e un rato de compras en Marineda e noite de risas coa humorista Isi e unha xornada de taper sex.

Esta actividade esta subvencionada polo Concello e pola Secretaría Xeral de Igualdade. É totalmente gratuíta e as prazas son limitadas. As inscricións serán do 3 ao 11 de setembro no departamento de servizos sociais do concello.

 

Do 18 de setembro ao 13 de novembro haberá un “Curso de Restauración e Pintura Decorativa” de 18h a 20h no local de uso múltiple de servizos sociais. Está aberto a toda a poboación, é gratuíta e as inscricións poden realizalas do 3 ao 12 de setembro no departamento de servizos sociais.

 

No mes de outubro comeza un Obradoiro de Iniciación ao Teatro dirixido ás persoas maiores de 50 anos do concello. Dentro deste obradoiro haberá introdución ao teatro, relaxación, creatividade, traballo de rostro e corpo, técnicas de preparación corporal e expresiva e interpretación. Será do 17 de outubro ao 7 de novembro, os mércores de 18h a 20h nas aulas da Paxareira. O obradoiro é gratuíto e poderán inscribirse do 17 ao 28 de setembro no departamento de servizos sociais. Está financiada integramente polo Concello.

Tamén en outubro terá lugar o programa “Quedamos e tomamos algo?”, dirixido a toda a poboación. Dentro deste programa traballarase a importancia de educar en igualdade con charlas, coloquios, mesas redondas etc. Realizarase en distintos puntos do concello:

Bexo o día 22, Imo o 23, Teaio o 24, Traxeito o 25 e Lestrobe o 26 de outubro. Serán de 20h a 21,30h. As inscricións do 1 ao 10 de outubro no departamento de servizos sociais.

 

O 1 de outubro comezan os “Talleres de Memoria e Alfabetización de adultos”, dirixido ás persoas do concello con 60 anos ou máis. As inscricións poden realizarse do 3 ao 20 de setembro no departamento de servizos sociais. Esta actividade está financiada pola Deputación da Coruña e o Concello e gratuíta para todos os participantes.

Os obradoiros realizaranse en 7 puntos distintos do concello, Bexo, Vigo, Lestrobe, Imo, Traxeito, Tallós e Teaio cunha duración de 2 horas semanais en cada lugar.

 

Xa para o mes de novembro esta concellería ten programada a Semana contra a violencia de xénero “Déixame que che conte...” dirixida a toda a poboación.

Dentro desta semana o luns 19 de novembro na Casa da Cultura ás 20,30h terá lugar a charla “Estereotipos da violencia de xénero, e mesa redonda”

O martes 20 de novembro haberá “Contacontos” ás 18h na Casa da Cultura para os nenos/as do concello.

O mércores 21 terá lugar un video foro aberto a toda a poboación ás 20,30h na Casa da Cultura.

O xoves 22 “Contacontos” ás 18h na Casa da Cultura

O venres 23 Teatro a cargo do grupo Airiños de Rianxo ás 20,30h na Paxareira e unha exposición dos traballos realizados polas persoas participantes no obradoiro de restauración e pintura decorativa. Para rematar a semana o domingo 25 haberá unha concentración e lectura de manifesto en contra da violencia de xénero.

 

Esta concellería está ultimando ademais destas actividades, unha viaxe a Salamanca, unha saída a San Andrés de Teixido e un curso de Arte Floral, que unha vez rematada a organización informarase puntualmente a toda a veciñanza.

Programacion SS.SS sep-nov 2012.pdf Download this file

Programacion SS.SS. sep-nov 2012 2.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o socio de goberno do PP considera "inxusta e inútil" a supresión da paga extra aos funcionarios do concello


Javier Quiñoy (fonte: blog Porto do Son y su gente)

Porto do Son, 20 de agosto de 2012. Segundo reflicte un comunicado desta semana pasada da formación que axuda a gobernar Porto do Son xunto co PP, AVS, "AVS es consciente de la situación especial del país. Esto no debe amilanarnos. AVS considera esta situación un reto. Un reto en el que más que quejarse, hay que poner ganas e ideas para solucionar problemas. Debemos reconducir nuestros proyectos a la realidad económica actual. Por eso, el diálogo con todos los sectores de la sociedad sonense para encontrar las soluciones más adecuadas, debe ser una puerta siempre abierta. La prioridad de AVS es trabajar para mejorar la calidad de vida de los vecinos de Porto do Son".

Segundo Javier Quiñoy Taboada, portavoz de AVS e antigo escindido do Psoe sonense, "seremos exigentes con las administraciones correspondientes para conseguir en nuestro Ayuntamiento:
- creación de empleo
- servicios sociales públicos y de calidad
- obras: remodelación de fachadas marítimas, punto limpio, guardería, etc."

Para os independentes sonenses, existe "la necesidad de aprobar el PXOM y comenzar a trabajar en la elaboración de los presupuestos para 2013. En próximas fechas comenzaremos las reuniones con el PP de Porto do Son para avanzar en la redacción final del PXOM, negociar los presupuestos del 2013 donde consideramos
prioritario: a) el mantenimiento y siempre que sea posible, impulso de la contratación de personal b) más que nunca, queremos estar cerca y favorecer la atención de los colectivos más vulnerables, por ser las primeras víctimas de la crises económica".

Revisión do pacto PP-AVS
Tamén anuncia que nos vindeiros meses vanse reunir cos representantes do PP para facer unha valoración do cumprimento do acordo alcanzado xa hai máis dun ano.

O punto máis polémico: a paga extra do persoal do Concello

"AVS tiene la voluntad contundente de arbitrar la fórmula legal correspondiente para que los trabajadores del ayuntamiento no pierdan poder adquisitivo por la eliminación de la paga extra. Esta reducción de poder adquisitivo repercute muy negativamente en el tejido económico del ayuntamiento. AVS considera la supresión de esta retribución es injusta e inútil", finaliza o comunicado, que sitúa as teses deste partido moi perto das que defende o Bng en toda Galicia namentres o Psoe se escuda en que hai que respectar os decretos-leis, por moi inxustos que os consideren.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical