1.11.11

Ribeira: Achuchar organiza curso de ximnasia hipopresiva o sábado 12 de novembro


Foto: lululemon athletica
A ximnasia hipopresiva busca a reeducación de disfuncións pélvicas uro-xinecolóxicas para a muller en xeral despois de parir

Ribeira, 1 de novembro de 2011. A asociación pro lactancia materna de Ribeira, Achuchar, informa de que o vindeiro sábado 12 de novembro impártese un curso de ximnasia hipopresiva intensivo. Ten un custo de 50 euros e son tres horas seguidas, de 9 a 12 da mañá. Para anotarse hai que chamar a Sonia, ao teléfono móbil 619 31 83 10.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: máis de 40.000 euros da Deputación para reformar a praza Alcalde Segundo Durán

A Pobra, 1 de novembro de 2011. O concello da Pobra do Caramiñal vai levar a cabo o proxecto de pavimentación e acondicionamento da Praza Alcalde Segundo Duran e travesía da rúa Castelo á rúa Díaz de Rábago. Dito proxecto conta cun orzamento de 42.085,95 € e será financiado na súa integridade con cargos aos orzamentos da Deputación Provincial da Coruña.

     A Praza Alcalde Segundo Durán presenta unha pavimentación composta por lousas de granito pulido e pezas cerámicas que debido á súa antigüidade e mal estado fan que non reúnan as condicións axeitadas para unha das zonas de maior afluencia de veciños da vila.

     Por outra banda, unha das travesías que vai da rúa Castelo á rúa Díaz de Rábago presenta un pavimento de formigón moi deteriorado polo paso do tempo e polas obras de vivendas realizadas ao seu carón nos últimos anos, polo cal tampouco reúne as condicións axeitadas para unha rúa do casco histórico.

     As obras que se pretenden levar a cabo serán a demolición do pavimento actual tanto na praza coma na travesía rebaixando a cota do terreo ata a profundidade suficiente para a execución do novo pavimento substituíndoo por lousas de granito de 10 cm de espesor na Praza Alcalde Segundo Durán e de 6 cm na travesía do Castelo, ámbalas dúas sobre unha soleira de formigón existente, tratada previamente. Asemade, colocarase unha luminaria na travesía do Castelo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: denuncian que na biblioteca xa non se recibe o xornal El País


A Pobra do Caramiñal, 1 de novembro de 2011. "Quería informar que os "recortes" chegaron á cultura da Pobra, de forma estraña. Na Biblioteca da Pobra do Caramiñal foi anulada a subscrición ao xornal EL PAÍS. Neste momento recíbense na Biblioteca os seguintes xornais: Diario de Arousa, ABC e La Voz de Galicia", cóntanos un usuario desta biblioteca e veciño da Pobra.

Antes, en Certo:


Sinalan numerosas deficiencias na biblioteca pobrense

Pode que tamén lle interese:




Promesas: onde vai o parque de skate?


A Pobra: Cómplices musican a Valle Inclán (vídeo no interior)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: chega a peregrinación laica da Copa do Mundo, que recala o luns 7 e martes 8 de novembro no auditorio


Imaxe de cando estivo na Pobra, aló por xullo deste ano

Ribeira, 1 de novembro de 2011. O Concello vén de recibir a comunicación de que o trofeo da Copa do Mundo que a Selección Española de Fútbol conquistou o ano pasado en Sudáfrica vai recalar no municipio a próxima semana: concretamente, o luns 7 e o martes 8 de novembro. 

O trofeo será exposto na planta alta do Auditorio Municipal, en horario de 10 a 14 e de 17 a 19 horas en ambos días. 

A Concellería de Deportes xa está a estudar a posibilidade de desenrolar actividades paralelas dirixidas a realzar a estancia na cidade da Copa do Mundo da FIFA.

Pode que tamén lle interese:


Presentación de libro: o domingo 6, no Ateneo Valle Inclán


Obradoiro: o luns 7 de novembro, sobre alimentos para diabéticos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o programa de termalismo para maiores de 50 durará varios meses

Media_httpfarm4static_orpfi

A iniciativa é só para maiores de 50

Ribeira, 1 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello de Ribeira colabora nun programa interprovincial de turismo termal de 6 días que está dirixida ás persoas con máis de 50 anos. 

A actividade estrela desta iniciativa é o programa de termalismo do que se beneficiarán todas as mañás os ribeirenses inscritos e que se desenvolverá nun hotel en O Grove, que tamén será o lugar de pernocta durante o desprazamento. 

O calendario inclúe tamén visitas guiadas por distintas localidades turísticas do entorno, como Portonovo, Sanxenxo, A Toxa, Cambados ou Illa de Arousa.

Haberá diversas saídas desta índole ao longo dos próximos meses. Aqueles maiores de 50 anos que estean interesados en participar poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, situado na praza 8 de marzo de Ribeira (teléfono: 981 874 131).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical