A iniciativa é só para maiores de 50Ribeira, 1 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello de Ribeira colabora nun programa interprovincial de turismo termal de 6 días que está dirixida ás persoas con máis de 50 anos.
A actividade estrela desta iniciativa é o programa de termalismo do que se beneficiarán todas as mañás os ribeirenses inscritos e que se desenvolverá nun hotel en O Grove, que tamén será o lugar de pernocta durante o desprazamento.
O calendario inclúe tamén visitas guiadas por distintas localidades turísticas do entorno, como Portonovo, Sanxenxo, A Toxa, Cambados ou Illa de Arousa.
Haberá diversas saídas desta índole ao longo dos próximos meses. Aqueles maiores de 50 anos que estean interesados en participar poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais, situado na praza 8 de marzo de Ribeira (teléfono: 981 874 131).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario