3.5.11

Rianxo: este venres 6, película e coloquio sobre o Alzheimer no auditorio ás sete da tarde

Bicicleta_cuchara_manzana

Rianxo, 3 de maio de 2011. O vindeiro venres 6 de maio ás 19:00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio terá lugar a proxección da película de, Carles Bosch, "Bicicleta Cuchara Manzana" gañadora dun Goya 2011 ó mellor filme documental.


Despois da proxección da película haberá un coloquio sobre a temática de dita película, a enfermidade de Alzheimer.

Sinopse:

No outono de 2007 a Pasqual Maragall (ex-presidente de Catalunya) diagnostícanlle Alzheimer. Superado o golpe inical, el e a
súa familia comezan unha cruzada contra a enfermidade e, desde o primeiro paso, esta película convirtese en testimonio de
excepción. Con intelixencia e bo humor, Maragall deixase retratar xunto á súa familia e ós médicos, para deixar constancia
do día a día da súa loita persoal.
Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos encontren curación antes de que a cifra
de 26 millóns de enfermos no mundo se multiplique por dez. Unha película dura pero optimista a pesar de todo.

 
Páxina oficial da película

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o Bng, preocupado pola presunta corrupción do goberno do PP, cuxo alcalde se reuniu con imputados na Operación Orquestra

M

Lousame, 3 de maio de 2011. O BNG de Muros e Noia expresou hoxe en  nota de prensa "a preocupación pola situación creada en varios concellos da nosa comarca gobernados polo Partido Popular por mor da “Operación Orquestra”. Debemos lembrar que tanto o alcalde como o tenente de alcalde de Mazaricos, José Manuel Santos Maneiro e Manuel Rodríguez, están imputados por varios delitos de malversación, tráfico de influencias e suborno. Recentemente, soubemos tamén polo sumario desta operación que varios alcaldes do Partido Popular, entre eles o de Lousame, Santiago Freire, participaron en xantares organizados polos construtores imputados no sumario".

Os nacionalistas, e en concreto o seu líder en Muros-Noia, Manuel González -na imaxe- aseguran que nestes momentos, "á luz do que imos coñecendo, temos que dicir que falar do Partido Popular nalgúns concellos da nosa comarca máis parece sinónimo de corrupción que de gobernos decentes. Do mesmo xeito, en particular os veciños de Mazaricos teñen o dereito a saber que no momento en que se produza unha condena dos actuais alcalde ou tenente de alcalde do Partido Popular, estes terán que deixar de xeito inmediato as súas actas de edís, aínda que dita condena non sexa firme, tal e como establece a actual Lei Orgánica de Réxime Electoral. Dende o BNG agardamos que finalmente a xustiza actúe depurando as responsabilidades que puideran existir e que situacións como as que se están a vivir non se volvan repetir na nosa comarca".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os candidatos á alcaldía -fallou o cabeza do PP- enfrontáronse a "porta gaiola" en Carreira

Cimg0066

Ribeira, 3 de maio de 2011. O pasado venres, 29 de Abril, a Asociación de Veciños de Carreira organizou unha mesa redonda co título de “Carreira ante as municipais”. O salón da Casa de Cultura carreirense quedou pequeno para acoller á cantidade de veciños que acudiron a escoitar as valoracións da lexislatura que se acaba así como a enterarse das ideas que os partidos políticos propoñen para a vindeira.

Á parroquia carreirense acudiron os cabezas de lista do BNG (Dominga Brión), do PSOE (Andrés Fariña) e de IPR (Rosa Pose) así como a integrante da candidatura do PP, Herminia Pouso, nun acto moderado pola presidenta da asociación veciñal, Ana Gómez Hermo.


Durante case dúas horas, os políticos ribeirenses disertaron amenamente, aínda que planeando sempre a longa sombra da campaña electoral que se aveciña, que se traducía nunha certa sensación adusta nos participantes, sobre os problemas municipais en xeral, así como os parroquiais en particular. Os políticos asimesmo enfrentáronse “a porta gaiola” ás preguntas que o numerosísimo público tivo ocasión de plantexarlles”.


Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o Psoe promete achegar a banda longa de Internet a todas as parroquias

Boiro, 3 de maio de 2011. Os socialistas de Boiro presentaron a iniciativa “DEMOCRATIZACIÓN DIXITAL DE BOIRO” onte luns, 2 de maio, no Centro Social de Boiro. Trátase de achegar Internet a todas as parroquias do concello boirense, o cal se inclúe como proposta no programa electoral presentado pola agrupación socialista para as vindeiras eleccións do 22 de maio.
O acto foi presentado polo candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juán Jesús Ares, e a exposición da iniciativa correu a cargo do Secretario de organización do PsdeG-Psoe de Boiro, Jorge Campaña. Na súa presentación, Ares afirmou que “Vivimos nun mundo en plena transformación onde o acceso as fontes de información dixital resulta vital para o desenvolvemento social dos individuos. A información, máis ca nunca, é a vía de acceso á igualdade de oportunidades que propugna o modelo socialista de sociedade de benestar.” Ares destacou asemade que actualmente a educación, o lecer, a comunicación e as oportunidades de negocio están empregando como canle Internet, e que Boiro "non pode nin debe quedar relegado neste periodo fundamental de transición cara á sociedade global.

A iniciativa "DEMOCRATIZACIÓN DIXITAL DE BOIRO" enmárcase dentro dun amplo proxecto de modernización e dinamización social promovido polos socialistas de Boiro no seu programa "Construíndo o Boiro das persoas". Segundo espuxo Jorge Campaña, "o eixo da iniciativa consiste na promoción e implantación xeneralizada do acceso ás novas tecnoloxías da comunicación mediante a instalación de Wimax (tecnoloxía inalámbrica de banda ancha para grandes zonas) en todas as parroquias de Boiro, e preferentemente nas parroquias rurais e do extrarradio que actualmente carecen de acceso a banda ancha de calidade. O obxectivo da iniciativa é implementar vías de acceso a internet barato e de calidade para toda a población boirense, independentemente da súa ubicación no mapa, o que representará
un gran avance e un salto cualitativo cara á universalización dixital do noso concello e á entrada de Boiro na era da comunicación global".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o campo de Cadreche está case listo, sinala o equipo de goberno

Ribeira: presentada oficialmente a lista completa do Bng para o 22 de maio, con vídeo e tríptico resumo do programa

Ribeira, 3 de maio de 2011. O Bng presentou xa oficialmente a lista completa para concorrer ás vindeiras eleccións do domingo 22 de maio. Na imaxe, todos os integrantes da candidatura encabezada de novo por Dominga Brión.

Os nacionalistas tamén presentaron un vídeo no que indirectamente aluden ao PP como unha chuvia constante e que eles agardan que escampe nestes próximos comicios.

O resumo do programa co que concorren nesta ocasión ás urnas é o seguinte:

Bng-ribeira_2011

Bng triptico_municipais_2011 Ribeira.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical