22.2.10

Noia: o Concello pide colaboración veciñal na creación do novo regulamento do servizo de limpeza viaria

Prohibicións: Artigo 10 r) Realizar calquera clase de pintadas e inscricións, tanto na vía pública como sobre o mobiliario urbano ou sobre muros, paredes de edificios, fachadas, estatuas, monumentos e, en xeral, calquera elemento integrante da cidade. Exceptuaranse os graffitis realizados naqueles lugares que se poidan habilitar expresamente a tal fin.


Noia, 22 de febreiro de 2010. Segundo o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, "O Concello está a traballar no novo regulamento de limpeza viaria. Deixo aquí o documento por se alguén quere aportar suxerencias. (nos comentarios desta entrada no seu blog, aquí). Basicamente recolle dous aspectos: a suba das multas por infracións, que ata agora eran ridículas, xa que valía moito máis a tramitación que a propia multa (por exemplo mexar na rúa tiña unha multa de 6 euros), e o outro gran cambio é que permite que estas multas se paguen con traballos para a comunidade".

O artigo 24 recolle que calquera poderá formular denuncias por condutas contra esta ordenanza e no 27 apúntanse os requisitos para facer os traballos en favor da comunidade no canto de pagar multa. O principal é que debe ser por vontade propia.

No artigo 32 recóllense as sancións, que irán dende os 50 euros para as leves ata os 3.000 euros para as moi graves. Se o cálculo que se fai para substituír as multas por traballos á comunidade é de pagar 11 euros por día (xornada de cinco horas), sería necesario traballar case cinco días a prol da comunidade para non ter que pagar os 50 euros mínimos das multas.

Convertirase Noia nunha Suiza galega? Denunciaranse os veciños uns a outros ao pillarse cuspindo ou sacudindo as alfombras na vía pública? Deixarán os túzaros de facer pintadas por todos lados? Non tardaremos moito en contárllelo...

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Industria: piden que se retome a construción do macropolígono empresarial entre Ribeira e A Pobra


Ribeira- A Pobra do Caramiñal, 22 febreiro de 2010. A deputada do BNG, Ana Pontón presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta de Galicia reactive a dotación de solo empresarial na comarca do Barbanza a través do macropolígono proxectado nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

 

A deputada nacionalista lembra que esta dotación de solo empresarial “viuse amplamente impulsada na pasada lexislatura,” coa construción dun polígono comarcal nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, cunha superficie de máis de un millón de metros cadrados e un investimento global de máis de 32 millóns de euros.

 

Asemade, o proxecto do Parque Empresarial do Barbanza foi declarado de “incidencia supramunicipal polo Goberno galego a principios do mes de setembro do 2008, coa construción de naves modulares para o pequeno empresariado a prezos e condicións razoábeis así como naves con alugueiros a 10 anos e con opción a compra.

 

Sen embargo, -afirma a deputada do BNG-“ desde a chegada do PP á Xunta de Galicia, non se realizou nin un só trámite para seguir adiante con este polígono  e despois dun ano das elecións advírtese unha total parálise do proxecto”.

 

Ana Pontón reclama nesta iniciativa o impulso urxente na construción do macropolígono que posibilitará a instalacións de novas actividades tan necesaria neste momento de crise económica.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o Bng presentou o seu posicionamento sobre a fusión das Caixas nunha conferencia

(Nota íntegra do Bng) Noia, 22 de febreiro de 2010. O BNG da comarca Muros-Noia organizou o pasado venres, 19, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, unha charla informativa sobre a Lei de Caixas e fusión galega. Nesta charla participaron ademais do Responsábel Comarcal do Bloque, Manuel González López, a deputada no Parlamento Galego, Ana Pontón Mondelo e o profesor na Facultade de Económicas, Xesús Veiga Buxán.

Comezou o profesor Veiga Buxán, quen explicou que as Caixas de Aforro son entidades de carácter semipúblico que concentran máis da metade do aforro dos galegos e das galegas. Así, mentres os Bancos son entidades privadas, é dicir, son propiedade dunha persoa ou dun grupo moi reducido de persoas, as Caixas de Aforro son propiedade de todos os seus impositores, e os seus xestores incluídos, os presidentes, son simples traballadores das mesmas; non os seus donos, como así acontece cos Bancos. Esta condición fai que as Caixas se preocupen máis polo investimento dos seus beneficios en obras sociais que en repartilo entre os seus accionistas, como fan os Bancos privados. O exemplo máis claro de que as Caixas procuran en maior medida o servizo aos cidadáns que o simple lucro como ocorre no caso dos bancos está na ubicación de moitas destas oficinas en núcleos de escasa poboación e pouco rentábeis desde o ponto de vista económico, mais que prestan un servizo moi importante aos cidadáns que viven nestes lugares.

Pola súa parte, a deputada Ana Pontón afirmou que, grazas á iniciativa do BNG, Galiza xa ten unha nova Lei de Caixas. Esta nova Lei de Caixas pon o aforro dos galegos ao servizo da economia produtiva do País; garante a renovación dos órgaos directivos e o control democrático da xestión das Caixas através da representación pública, e serve para democratizar e facer máis transparentes estas entidades.

Asegurou tamén que o BNG defende unha fusión paritaria e equilibrada das dúas Caixas (Caixa Galicia e Caixanova), sen vencedores nen vencidos. A fusión galega é portanto a única alternativa que garante que o centro de decisión do sistema financeiro do País fique aquí e non vaia a Madrid.

Rematou decindo que, unha vez máis, mentres o Bloque está a defender un sistema financeiro propio e que os aforros dos galegos e das galegas valla para poderen acceder a créditos tanto empresas como particulares, o PSOE está entregado dun xeito descarado aos intereses foráneos de Madrid e outras partes do Estado. Entretanto o PP, móvese na ambigüidade, condicionado polas estratexias estatais do seu partido, claramente inclinado pola desaparición das Caixas galegas como tais.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: o ministro de Xustiza pronuncia unha conferencia sobre "Identidade e territorio" o sábado 27


A charla terá lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán


Download now or preview on posterous
invitacion_pobra.pdf (26 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: o Abanqueiro da Brincos porque xa é campión da tempada 2009-2010

En febreiro! Ou moi malos son os outros, ou moi bos son estes... Imos quedar coa última opción. Parabéns, nenos!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: "Brisas Rianjesas" de Felipe Paz Carbajal, unha peza para o entroido de 1906

Un excelente traballo do autor de "Ilha de Orjais" sobre esta peza do que foi director da banda de música de Noia e do orfeón "La Aurora Noyesa", entre outras cousas.
Felipe Paz Carbajal escribiu unha letra ben repipi, só podía ser para un entroido:
"De jardín del mundo
el adorno eres
y entre las mujeres,
bella sin igual;
por eso estas «Brisas»
de puros amores
hoy tantos primores
vienen a admirar"

ou

"Igual que aquellas
«Rianjesas Brisas»
amor brindando
van por doquier,
acariciando
com sus cantares
la flor más bella,
que es la mujer".
Se es músico, podes descargar mesmo a partitura. Todo o artigo en http://ilhadeorjais.blogspot.com/2010/02/n-81-brisas-rianjesas-de-felipe-paz.html

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: queres tunear o teu Firefox? Tes un tema titulado "Noia 2.0"

Lingua galega: Luís Tosar, María Castro, Antón Reixa, Martín Rivas, Susana Seivane, orgullos@s do galego

Cultura: nin galego, nin castelán, nin portugués, nin todo o contrario

Trailer do documental "Entre linguas": linguas na raia, falas de fronteira, entendidos e incomprendidos...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: crónica de voleibol del 20 de febrero de 2010, por María Cortés

FIN DE SEMANA 20/02/2010

Otro fin de semana de buen juego y en el que se pudo disfrutar del voleibol. Desde aquí queremos dar las gracias a toda la grada que acompañó a nuestros jugadores el sábado por la tarde en el Pabellón de A Cachada, donde se reunieron unas 120 personas. De parte de todo el club muchísimas gracias, ese cariño y calor llega y anima a seguir disfrutando y luchando por este deporte. Asimismo nos gustaría agradecer la promoción que nos ofrece el Patronato de Deportes del Concello de Boiro.  Y, ¡cómo no! al patrocinador de nuestro equipo de 1ª división, el Hipescar, que este fin de semana ha vuelto a donar una cena que se sorteó entre el público, y otras que se seguirán sorteando en los próximos partidos.
 
1ª DIVISIÓN MASCULINA

HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL descansó
Otros resultados del fin de semana han sido: Zalaeta - AULE 0-3 (18-25/19-25/23-25); Club Vigo Voleibol - San Sadurniño 2-3 (25-13/25-21/22-25/15-25/13-15); Herrera Voley Turismo Llanes - Ourense 3-1 (25-21/25-13/23-25/25-18); Doble Imagen Oleiros - AULE 1-3 (18-25/22-25/29-27/20-25); Zalaeta - Universidad Valladolid 0-3 (19-25/15-25/9-25).
Este fin de semana los chicos del Hipescar viajan a enfrentarse al San Sadurniño a las 19:30 en el Pabellón Municipal. Otros partidos del fin de semana serán: C.V. Arqo Rianxo - Zalaeta 19:00 Polideportivo Municipal; Universidad Valladolid - Doble Imagen Oleiros 18:00 Pabellón Fuente La Mora; AULE - Herrera Voley Turismo Llanes 19:30 FCAFD; Ourense - Club Vigo Voleibol 20:00 Pazo dos Deportes Paco Paz.
 
2ª DIVISIÓN MASCULINA


REDESYL BOIRO VOLEIBOL - COMERCIAL DURÁN 0-3

Penúltimo partido de liga de 2ª división, celebrado en el Pabellón de A Cachada, con un lleno casi absoluto, pero que por desgracia terminó en derrota para nuestros chicos del Redesyl Boiro Voleibol frente al Comercial Durán de Pontevedra por 0-3 (16-25/23-25/22-25).

El primer set estuvo marcado por una recepción extraordinaria por parte de Jesús y Alén y una definición efectiva por parte de Román, aunque el cuadro pontevedrés, dada su experiencia, se lo acabó llevando con facilidad. En el 2º set, bajo el ánimo y el calor que arropaba a los jugadores del Redesyl por parte de todo el público, nuesrtros chicos realizaron una gran actuación; pero la presió en los momentos clave afectó al cuadro y el Comercial Durán acabó llevándose de nuevo la victoria, aunque con mucho esfuerzo. Ya en el tercer set el Redesyl mostró su mejor cara, aunque de nuevo los pontevedreses se llevaron el set en el último suspiro.

Jugaron por el Redesyl: Mechas, Jesús, Antón, Román, Alén, Diego, Doc (líbero). También estuvieron Piscis, Lois y Fran.


Este fin de semana el Redesyl descansa.

2º DIVISIÓN FEMENINA

 OJEA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS MARINEDA AGECO 3-0
Otra nueva alegría, otra gran victoria por parte de nuestras chicas del Ojea (subcampeonas de su categoría y ya clasificadas para la fase de ascenso) frente al Calasancias Marineda Ageco por un indiscutible 3-0 (25-17/25-13/25-15).
Con una grada llena para verlas, y con novedades en el banquillo por los fichajes de la americana Catherine L. Russel y la dominicana Fanny, ambas receptoras, llegaron nuestras chicas del Ojea al partido que las enfrentaba a las 3ª de la liga. Como ya nos tienen acostumbrados, nuestras chicas tuvieron un gran juego durante todo el partido, con calidad en saque, recepción y ataque. El más igualado ha sido el primer set, donde ambos equipos se disputaron punto a punto hasta el 12-13, donde nuestras chicas impusieron su calidad y vencieron sin dificultad. En los siguientes sets las chicas del Ojea se mantuvieron en todo momento por delante.
Este partido no hizo más que afianzar a nuestras chicas en su 2º puesto, y separarse aún más del Calasancias.+
 
Jugaron por el Ojea: Angela (colocadora), María y Catherine (receptoras), Rebe y Carolina (centrales); Luci (opuesto) y Anael (líbero). También estuvieron Sara, Carla y Fanny.

Este fin de semana nuestras chicas viajan a A Coruña para enfrentarse al Universitario.

LIGA GALLEGA JUVENIL FEMENINA

OJEA BOIRO VOLEIBOL - CALASANCIAS MARINEDA AGECO aplazado
Por falta de jugadoras se ha tenido que aplazar el partido de nuestras juveniles, que se disputará el próximo fin de semana. Jugarán así doble partido, ya que también disputarán su encuentro frente al Eusebio da Garda.

LIGAS ESCOLARES

El sábado jugaron en Rianxo las Cadetes de Riveira, que vencieron a las de Rianxo por 3-1 y perdieron frente al Xiria por 1-3. Asímismo jugaron las cadetes de Boiro, que perdieron frente a Xiria por 1-3 y frente a Rianxo por 0-3.
El domingo se jugó en Lousame. Esta vez fue el turno de nuestros cadetes que vencieron al Lousame por 3-2 y perdieron contra el Ames por 0-3.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: presentouse oficialmente o clube ciclista "Acidoláctico"

O domingo 21 de febreiro presentouse a formación do clube ciclista "Acidoláctico". Conta con 35 integrantes. En breve lles ofreceremos máis información. Polo momento, aí teñen a algúns dos seus corredores.

Quen queira tomar parte del ou informarse, tense que pasar polo bar Betanzos de Palmeira (Ribeira) ou chamar ao 617 521 482 e preguntar por Lolo.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical