10.4.10

Boiro: imaxe do petróglifo de Laxe da Serpe, en Bealo

TeresalaLoba  Usuario pro

  dice:

Petroglifo "Laxe da Serpe" en Bealo (Barbanza).
Sendeiro PRG-90 (Bealo-rio Beluso-Seixiños Brancos-Bealo)

Petroglifo "Pedra da Serpe" por TeresalaLoba


Publicado hace 2 horas. ( enlace permanente )

Estupenda imaxe de TeresalaLoba partillada en Flickr

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: 12 de abril, Día Internacional do Libro Infantil no CEP Brea Segade de Taragoña


O Día Internacional do Libro conmemora o nacemento (2 de abril) de Andersen
A biblioteca do CEP Brea Segade de Taragoña celebra o Día Internacional do Libro Infantil con diferentes actos

Rianxo, 10 de abril de 2010. A biblioteca do CEP Brea Segade de Taragoña celebrará o vindeiro luns 12 de abril o Día Internacional do Libro Infantil, que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen (foi o 2 de abril, pero como caeu en Semana Santa, adiouse). A Biblioteca Brea Segade súmase á iniciativa promovida pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) que pretenden espallar entre os nenos e nenas a importancia da lectura e difundir o manifesto e cartel que cada ano se elaboran desde un país diferente para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil.

Un libro espera por ti, búscao! é o lema que este ano convida a rapaces e rapazas de todo o mundo a adentrarse na lectura.

Ás doce da mañá un grupo de alumnos e alumnas do centro lerán o manifesto a favor da lectura do escritor español ELIACER CANSINO, que será lido á mesma hora en bibliotecas, librerías e centros de ensino de todo o mundo. NOEMÍ VILLAMUZA é a ilustradora española que deseñou o cartel que luce desde hai semanas en bibliotecas e librerías.

Tras a lectura do manifesto chegará o momento dos contos. No patio da escola os alumnos maoires pasarán a ser “madriñas e padriños lectores” e lle contaran contos aos máis pequenos do Brea Segade, que por un día serán os seus “afillados lectores”.

Os actos de celebración do Día Internacional do Libro Infantil constitúen o punto de partida da programación de actividades Abril mes dos Libros que a Biblioteca Brea Segade desenvolverá ao longo deste mes.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: organizan un curso de instalacións fotovoltaicas. Inscrición ata o 30 de abril


Dodro, 10 de abril de 2010. O Concello de Dodro será sede do curso "Montaxe e mantemento das instalacións fotovoltaicas". O prazo de inscrición xa está aberto, e prolóngase ata o 30 de abril.
O curso foi concedido pola Deputación da Coruña e no Concello esperan que facilite a participación das persoas desempregadas de Dodro "nesta formación que consideramos de interese para a súa futura inserción laboral".

Esta actividade formativa ten unha duración de 529 horas, cun tempo estimado de cinco mese e está dirixida a desempregados. Inclúe unha fase de formación práctica que será desenvolvida en diversos centros de traballo relacionados coa materia que se vaia impartir en cada un deles. A formación impartida dende o proxecto denomínase formación profesional ocupacional, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. O proxecto pon a disposición de todas as persoas que participen no curso un Servizo de Asesoramento Laboral onde a Axente de Inserción Laboral prestará unha titorización individualizada e un seguimento persoalizado.

Bolsas económicas

Importe de 369,07 € / mes compatibles coas axudas ao desemprego sempre que no sumatorio non superen o 75 % do IPREM. As persoas empadroadas no municipio teñen tamén a opción de solicitar a inscrición da acción formativa “Panadería e Bolería”, de 489 horas de duración, que se impartirá dentro do Proxecto Rede Xiana no concello de Rois.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: "Queremos Galego" de Barbanza informa dos puntos de venda de entradas para o Festival contra o Decretazo do 17

Barbanza, 10 de abril de 2010. O vindeiro 17 de abril terá lugar un grande festival de música contra o decretazo no recinto feiral de Pontevedra a partires das 19.30.

Este festival contará coa presenza de:
Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os tres trebóns, Uxía Senlle, Roi Casal e Tino Baz.

Coa organización deste festival a plataforma cidadá Queremos Galego pretende ademais de dotar dun contido lúdico á ampla mobilización social polo noso idioma, mostrar a cultura galega tal e como é: rica, plural e activa. Xa que logo este festival é un acto de reivindicación da nosa lingua e cultura fronte á regresión de dereitos e a eliminación da súa oficialidade que está a impulsar o goberno da Xunta de Galicia.
Ademais de mercar a túa entrada on-line, podes consultar na nosa web os puntos de venda nas diferentes comarcas e localidades do noso país.

 Venda de entradas na Barbanza:

          Ribeira:   638 070 867    Xosé A.V. Cobas.
          Pobra  :   699 116 776   Manel Casal.
          Boiro   :   676 492 485   Daniel Ermo (e Local Aturuxo)
          Rianxo:   650 979 182    Adolfo Muiños.
 
O prezo de venda anticipada é de 10€ e na billeteira de 12€.

Web de referencia:
http://queremosgalego.org
 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: obradoiro de Habilidades domésticas dirixido por alumnos da Escola de Adultos


O tema central do obradoiro do martes será a alimentación

Boiro, 10 de abril de 2010
. O vindeiro martes 13 de abril de 9.35 a 10.30 horas  catro alumnos da Aula de Educación de Adultos comezarán a impartir a primeira sesión dun Obradoiro de Habilidades domésticas dirixido a rapaces de 1º de Bachiller. O tema central será ese día a Alimentación.


O obradoiro comprenderá os días 13, 20 e 27 de abril, e impartiránse tres bloques: alimentación, limpeza e corresponsabilidade nas tarefas do fogar e economía doméstica. As persoas maiores explicaranlles aos adolescentes cousas que se facían na súa xuventude en relación aos temas a traballar, infórmanos Lorena Romero, coordinadora da Aula de Educación de Adultos do Concello de Boiro.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng congratúlase do inicio de traballos de limpeza de Sacyr na autovía no Laxido-Asados.


Autovía ao seu paso por Rianxo, dende a estación arqueolóxica de O Pelotiño
(Nota do Bng)

Rianxo, 10 de abril de 2010. O BNG de Rianxo amosa a súa satisfacción por ver a operarios de SACYR traballar na limpeza e retirada do material de obra amoreado no tramo en desuso en Laxido-Asados, tras a publicación desta nota de prensa de marzo.  Agarda que non só cumpran coa retirada dos restos de material e procedan posteriormente a recuperar a contorna xeral dos tramos da autovía que ficaron fóra de uso, especialmente eliminar o dobre viaduto. Mais por algo tiñan que comezar.


O BNG de Rianxo demanda obras no vial do Laxido a Asados por parte da concesionaria da autovía barbanzá

Pasados xa mais dun ano da posta en funcionamento da autovía do Barbanza son moitas aínda as actuacións pendentes por parte da concesionaria. É por iso que mediante unha iniciativa plenaria o BNG rianxeiro quere que o executivo esixa a inmediata actuación na zona do Laxido-Barral para eliminar unha ponte fora de uso, o amaño xeral e acondicionamento da zona e a recollida de diferente material plástico de sinalización e de restos de material de obra ciscado polas inmediacións creando unha imaxe de abandono e provisonalidade neste lugar que debe atallarse.

No que atinxe á ponte inutilizada sinalada, salva un talude que quedou fora de uso coas obras do novo trazado e hoxe obriga aos veciños a dar un xiro de 90 graos na estrada atravesando dous túneles seguidos, con escasa visibilidade entre eles, nun vial que comunica o Barral con Asados a nova zona deportiva en Vilas e mesmo a capela de San Pedro. Cremos se debe esixir un proxecto que a elimine a ponte e boa parte do talude e repoña os diferentes viais melllorando esta contorna.

Esta actuación formaría parte dunha obra máis ampla de recuperación ambiental dos tramos que quedaron fora de uso ao variar o trazado da autovía con respecto á antiga vía rápida. Unha tarefa parcialmente iniciada pero que camiña con exasperante lentitude moitas veces a golpe de reclamación veciñal.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical