26.6.12

Ribeira: comezou, e remata o venres 29, o ciclo de cinema infantil "Educando á infancia en valores"

Cine_solidariedade

 Ribeira, 26 de xuño de 2012.- O Auditorio Municipal acolleu esta mañá a primeira das sesións do Ciclo de Cine Infantil Educando a Infancia en Valores: unha actividade organizada polo Concello a través do CIM coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que está enmarcado dentro do Xuño da Cultura e as Artes e se prolongará ata o venres 29.

 

Esta é unha iniciativa idóneo para os nenos e nanas a partir dos 4 anos de idade, coa fin de incidir na súa concienciación carga das desigualdades que se viven en lugares non tan afastados. A entrada é libre.

 

A proxección de hoxe foi a película de debuxos animados “Azur e Asmar”, de Michel Ocelot. Mañá poderá verse “Kirikú e as Bestas Salvaces”, de Michel Ocelot e Benédicte Galup. O xoves, “James e o Melocotón Xigante”, de Henry Silk. E o venres, “Happy Feet”, de George Miller.  Todas as proxeccións comezan ás 11.30 horas.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o grupo de teatro de Amicos actúa este xoves 28 no auditorio

Amicos_teatro

  • Ás sete da tarde, dentro da programación Xuño das Artes e a Cultura
  • Entrada libre ata encher aforo




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Romaría de San Xoán do Liceo celébrase este sábado 30 de xuño

Noia, 26 de xuño de 2012. Como xa comeza a ser tradición nos últimos anos, a romaría do San Xoán do Liceo de Noia é o comezo da tempada estival para esta Sociedade. Será o día 30 de xuño e os socios terán dereito a sardiñas e carbón para poder asalas. Pola tarde haberá animación por parte da Charanga O Santiaguiño.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: o Hospital da Barbanza continúa sen celadores a pesar das numerosas sinaturas e protestas

Plataforma_sanidade_sinaturas


Ribeira, 26 de xuño de 2012. Onte pola mañá representantes da xunta de persoal do Hospital da Barbanza entregaron no Rexistro da Xunta de Galicia unha boa cantidade de escritos feitos polo persoal Auxiliar de Enfermería do centro, para recordarlle á Consellería que este centro sanitario, ao igual que o de Cee, continúa sen celadores, de xeito que son os únicos casos en Galicia.

Fai xa máis de catro anos que o centro está integrado na rede pública do Sergas, e aínda non se dotou ó centro con esta categoría profesional, tendo que ser as auxiliares de enfermería as que realicen as tarefas deste colectivo, ademáis das propias da súa categoría.

A Xunta de persoal do centro xa fixo entrega de escritos e sinaturas semellantes á consellería e sempre co mesmo motivo, pedindo que se dote ó centro ca categoría de celadores, escritos que polo de agora non deron froito, do mesmo xeito que non o deron as protestas diante do centro e as iniciativas dos grupos da oposición, tanto nos concellos como no mesmo Parlamento de Galicia.

O Hospital da Barbanza, xunto co Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, tamén nesta provincia da Coruña, son os únicos centros que non teñen esta categoría; o comarcal do Salnés, en Vilagarcía inclueunos nas súas plantillas ao pouco tempo de integrarse no Sergas.

Vistos os resultados, a Xunta de persoal do centro vai seguir con medidas de presión ata conseguilo.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: abre o prazo para voluntariado ambiental de Adega, o xoves 5 na Pobra e o xoves 19 en Porto do Son


Na Corna, A Pobra, Adega denunciou que o concello rozou flora endémica para acadar bandeira azul

Barbanza, 26 de xuño de 2012. A Fundación Biodiversidad vén de seleccionar dúas  actuacións propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado. ADEGA abre o prazo de inscrición para estas xornadas de voluntariado ambiental.

 

Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral, facilitando ferramentas de conservación. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico destes dous ecosistemas dunares.

A primeira iniciativa seleccionada pola Fundación foi Mares sen plástico: limpeza simultánea de praias que se realizou en toda Galiza o día 8 de xuño (día dos océanos) e que conseguiu mobilizar a 700 persoas en 25 areais dende Nigrán a Ribadeo pola defensa das praias e en contra da contaminación mariña. Agora ADEGA convoca a segunda actividade que leva por lema Conservando as nosas dunas. Trátase de dúas actuacións de voluntariado ambiental que se desenvolverán nos días 5 e 19 de xullo.

A Pobra do Caramiñal

O xoves 5 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia da Corna (Pobra do Caramiñal), onde realizaremos labores de eliminación de flora exótica invasora e limpeza do areal. Esta praia ten un ecosistema dunar ben conservado mais con numerosas ameazas que poñen en perigo tanto a flora como a fauna. Tamén é un dos lugares da nosa costa onde podemos atopar píllara papuda (Charadrius alexandrinus) a cal se atopa en estado vulnerable. Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados por ADEGA no proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, realizouse unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara das dunas.

Porto do Son

A segunda xornada de voluntariado será o día 19 de xullo e se desenvolverá no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ten firmado un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. Esta xornada de eliminación de flora invasora será na praia de Areas Longas traballándose tanto nas dunas como nas lagoas litorais de Xuño e San Pedro de Muro (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo). Darase continuidade aos traballos realizados anteriormente dentro da iniciativa Móllate polos humidais

Serán actividades gratuítas onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

www.adega.info

www.proxectorios.org

www.educacionambientaladega.info

        


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: clausura dos obradoiros de escolaridade

Dodro, 26 de xuño de 2012. O venres pasado remataron os Talleres de Escolaridade en Dodro organizados pola Concellería de Xuventude e Familia. Os rapaces/as despedíronse do curso cunha festa con merenda e xogos, e agora toca disfrutar do verán.










Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: así foi o festival da fin do curso da Escola de Música

Boiro, 26 de xuño de 2012. O festival de fin de curso da Escola de Música de Boiro celebrouse o pasado xoves 21 de xuño na Casa da Cultura de Boiro. Cun éxito rotundo de asistencia os alumnos amosaron parte do traballo levado a cabo durante este ano.

Lembran que o prazo de preinscrición para realizar a matrícula o próximo curso remata este venres 29. Os interesados en asistir á escola o vindeiro curso 2012-13 deberán pasar pola oficina situada no Centro Social de Boiro, no ático co seguinte horario: luns e mércores de 11:00 a 13:00 e os xoves de 19:00 a 20:00h.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical