Ribeira, 26 de xuño de 2012.- O Auditorio Municipal acolleu esta mañá a primeira das sesións do Ciclo de Cine Infantil “Educando a Infancia en Valores”: unha actividade organizada polo Concello a través do CIM coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que está enmarcado dentro do Xuño da Cultura e as Artes e se prolongará ata o venres 29.
Esta é unha iniciativa idóneo para os nenos e nanas a partir dos 4 anos de idade, coa fin de incidir na súa concienciación carga das desigualdades que se viven en lugares non tan afastados. A entrada é libre.
A proxección de hoxe foi a película de debuxos animados “Azur e Asmar”, de Michel Ocelot. Mañá poderá verse “Kirikú e as Bestas Salvaces”, de Michel Ocelot e Benédicte Galup. O xoves, “James e o Melocotón Xigante”, de Henry Silk. E o venres, “Happy Feet”, de George Miller. Todas as proxeccións comezan ás 11.30 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario