28.10.11

A Pobra: Francisco Jorquera, de xira preelectoral xunto a Rosana Pérez

  • O deputado do Bng dixo que "o problema do acordo da Unión Europea con Papúa Nueva Guinea que prexudica á conserva será un tema de primeira orde para o Bng na vindeira lexislatura"
  • Rosana Pérez lembrou que nesta comarca do Barbanza o sector conserveiro emprega a miles de persoas

  

A Pobra do Carmiñal, 28 de outubro de 2011. O cabeza de lista do BNG por A Coruña, Francisco Jorquera, deu unha rolda de prensa esta tarde en A Pobra do Caramiñal para chamar a atención sobre o problema do Acordo da UE con Papúa Nueva Guinea que está a prexudicar ao sector da conserva directamente, e indirectamente a moitos empregos de empresas relacionadas co sector conserveiro.  

A tamén candidata do BNG, Rosana Pérez, presentou o acto e explicou que o BNG está a manter unha serie de actos pre-electorais con diferentes sectores como esta tarde co sector da conserva. Engadiu que “na comarca este sector emprega a miles de persoas, e desde o ano 2009 polo Acordo de Partenariado UE-Papúa Nueva Guinea, que lle suprimiu os aranceis a produtos derivados do atún a este país, estáse a crear un grave problema ao noso sector”.  

O BNG xa levou este problema ao Congreso en diversas ocasións 

Jonquera puxo de manifesto que a conserva é moi importante na Galiza, “é a primeira potencia conservería na UE, e a terceira do mundo. Hai 67 empresas radicadas na Galiza, que dan traballo a máis de 12.000 traballadores”. Subliñou que o futuro da conserva está seriamente ameazado polo Acordo de Partenariado UE-Papúa Nueva Guinea, según o cal se exime de aranceis á conserva procedente dese pais asiático, e elimínanse as exixencias en orixe que si debe cumplir a conserva europea. Esta situación foi calificada por Jorquera de “clara competencia desleal xa que Papúa vende as conservas máis baratas”.  

Jorquera explicou que no seu momento se acadou o Acordo baixo o pretexto de contribuir ao desenvolvemento do pais asiático, máis “é un pretexto porque se están a instalar empresas que empreñan a  traballadores estranxeiros”. Lembrou a resposta de Durao Barroso a Anfaco, quen chegou a loubar o Acordo dicindo que traería novos investimentos en Papúa e chamou ás empresas do Estado español a deslocalizarse e ubicarse alí.  

O candidato do BNG sinalou que este problema que afecta á nosa conserva foi obxecto de tratamento por parte do BNG no Congreso en numerosas ocasións, mediante a presentación de diversas iniciativas, e incluso conseguimos a aprobación dunha resolución no marco do debate de Política Xeral deste ano, no que instamos ao Goberno central a demandar na UE que non se renovasen este aspeitos tan prexudiciais xa que o Acordo de Partenariado ten que se renovar en decembro próximo.  

Afirmou que o BNG está  plentamente comprometido con este problema e “na vindeira lexislatura continuaremos traballando e presentando iniciativas para evitar que se renove o acordo en decembro nos  temos nos que está na actualidade”. Engadiu que “para o BNG será un problema de primeira orde”.  

Tamén aludiu aos dados do paro de hoxe que “a nivel estatal bate récords aproximándose aos 5 millóns de parados, e en Galiza chega xa aos 225.000 desempregados”. Por iso, subliñou a importanza de defender os nosos sectores produtivos como a conserva afectados por problemas como o mencionado de Papúa Nueva Guinea.  

O cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña e a candidata Rosana Pérez mantiveron a posteriori un encontro con representantes sindicais do sector da conserva en A Pobra do Caramiñal. 

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Concello de Porto do Son colabora con Arousa Norte nun curso de turismo accesible NOVEMBRO

PROGRAMA CURSO TURISMO ACCESIBLE_NOV 2011.pdf Download this file

  • Disque é o primeiro curso deste tipo que se imparte en Galicia
  • Será do 8 ao 10 de novembro, dirixido a empresarios de turismo rural
  • Só hai 20 prazas e o prazo para anotarse remata o 4 de novembro
Media_httpfarm4static_flqjl

A Pobra do Caramiñal, 28 de outubro de 2011. O Concello de Porto do Son está a colaborar na difusión dun Curso promovido pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

 

O Real Patronato sobre a Discapacidade (http://www.rpd.es/), a través de Polibea Turismo (http://www.polibeaturismo.com/) en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, organiza un curso de turismo accesible destinado a empresarios de turismo rural.

 

Ata o de agora este curso só se impartía nas Escolas Universitarias de Turismo de España. Este ano ampliaron o perfil de alumnos e pretenden dar formación ós empresarios de turismo rural, sendo este o primeiro curso destas características que imparten en Galicia.

O obxectivo deste é concienciar ós asistentes da necesidade dun modelo de xestión que contemple a accesibilidade como criterio de calidade e sensibilizar ó sector empresarial sobre a importancia do papel que representan como actores facilitadores da accesibilidade no destino.

 

As persoas interesadas que non cumpran perfil establecido (empresarios de ocio, restaurantes, axencias de viaxes, técnicos de turismo, estudantes, etc.) poden inscribirse na lista de espera e no caso de que queden prazas dispoñibles adxudicaranse igualmente por orde de inscrición ata completar o aforo.

 

Algúns datos:

 

Datas: 8, 9, 10 de novembro do 2011

Lugar de realización: edificio do Concello da Pobra do Caramiñal

                                   c/ Gasset nº 28

                                   15940 A Pobra do Caramiñal

Horario: 17. 00 h a 20.00 h

Nº de prazas: 20

 

O prazo de inscrición remata o venres 4/11/2011 e a adxudicación de prazas farase por orde de inscrición.

 

Todos os que estén interesados en inscribirse deberán enviar a correo@arousa-norte.es  os seguintes datos:

 

Nome e apelidos

Empresa

Cargo na empresa

Dirección postal

Teléfono de contacto

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Converxencia XXI presentou aos seus candidatos provinciais para o 20N

  • Este partido de centro galego aposta por candidatos mozos e cunha sólida preparación na súas listas para o 20-N 
  • Preséntase polas catro circunscricións galegas, logo de acadar todos os avais precisos
  • Menos cargas fiscais para os emprendedores, eliminación de Deputacións, búsqueda de sinerxias entre os Concellos e optimización dos recursos públicos son algunhas das súas propostas para gobernar
 
Barbanza-Noia, 28 de outubro de 2011. Converxencia XXI da un paso máis na súa consolidación como alternativa en Galicia tras conseguir os avais necesarios para concurrir ás eleccións xerais do vindeiro 20-N como único partido de centro galeguista. A forza, que foi a primeira sen representación parlamentaria en Galicia que conseguiu os apoios que marca a Lei Electoral, pretende unha renovación da política galega e romper co oligopolio do PP, do PSOE e do BNG. 

Nas súas listas leva expertos economistas, emprendedores, politólogos, estudantes, biólogos, profesores e avogados, que queren ser a voz de Galicia no Congreso e no Senado na consecución dun maior grao de autonomía. Os perfis dos candidatos de Converxencia XXI, que se presentan polas catro circunscricións galegas, teñen en común a súa mocidade, a media de idade é de 30 anos, a mesma que a da súa Executiva e dos seus afiliados, e unha sólida preparación. 

Fernando del Río, profesor de Economía na Universidade de Santiago, encabezará a lista do Congreso pola Coruña. Nado en Ordes, xa liderou Converxencia ás eleccións municipais por Santiago. Frecuente articulista económico dos xornais galegos, é, ademáis, o presidente de Galidem, o think thank de Converxencia XXI, é a primeira asociación galega que recibe o recoñecemento internacional do European Liberal Forum (ELF), do que entrou a formar parte. A candidatura ao Senado estará liderada polo santiagués Ángel Quiroga, de 32 anos, doutor en Bioloxía pola Universidade de Humboldt de Berlín, onde ademáis traballou como investigador no centro Max-Delbruec de Medicina molecular. 

A candidatura de Pontevedra será encabezada polo empresario e politólogo vigués Anxo Lodeiro, de 32 anos, que traballa no ámbito da cooperación transfronteiriza e as novas tecnoloxías na cidade de Vigo. Polo Senado lidera a candidatura Carlos Estévez.

Nas outras provincias Converxencia XXI concorrerá tamén por primeira vez a uns comicios, logo de que nas pasadas municipais só presentase candidaturas en concellos atlánticos. Pola circunscrición de Lugo o candidato converxente será Wenceslao Posada, xoven enxeñeiro Industrial vinculado ao sector enerxético. A candidatura ao Senado estará liderada polo sarriao Garcilaso de la Vega, economista pola Universidade de Santiago.

Á súa vez, o candidato ao congreso pola provincia ourensá será o avogado Xosé Febrero. Seguirao Enrique Carballo, de A Limia, mentres que a candidatura ao Senado estará encabezada Brais Iglesias, estudante da Universidade de Torino. 

Programa electoral 

Entre as propostas programáticas de Converxencia XXI destaca a crecación das condicións que faciliten o emprendedorismo, a iniciativa individual e o investimento productivo introducindo reformas e baixando impostos con este fin, reducindo gastos innecesarios que permitan manter os servizos esenciais como a sanidade e a educación.

Novas ideas frente ideas vellas. 

‘Ideas vellas, novas ideas’. Ese é o eslogan elexido pola formación política para dar a coñecer a súa alternativa ‘frente as políticas xa desfasadas que nos levaron ata a crise actual’. ‘A xente non confía nos políticos, quere alternativas ao que se ven facendo sempre e nós propoñemos ese novo camiño. Impulso aos que aportan valor á sociedade’, dí o Secretario Xeral de Converxencia XXI, Carlos Vázquez Padín. Menos cargas fiscais para os emprendedores, eliminación de Deputacións, búsqueda de sinerxias entre os Concellos, optimización dos recursos públicos...son algunhas das súas propostas.

Antes, en Certo:


Política: o 20N poderase votar a outro partido galego que non é o BNg

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o colexio de Frións celebrou o Samaín toda esta semana

Ribeira, 28 de outubro de 2011. Este ano o Ceip Frións traballou durante unha semana o Samaín, centrándose na cultura celta e castrexa. Así, os rapaces e rapazas fixeron trisqueles, torques e demais simboloxía ligada ás tradicións dos antergos poboadores dos castros e doutros países denominados xenericamente celtas.
Tamén se decorou o colexio coa réplica dun castro e cun druida co seu caldeiro para ambientar os espazos comúns. Hoxe concluíu toda esta actividade lúdico-divulgadora cunha festa na que o alumnado escribiu os seus mellores desexos para este novo ano celta e logo os meteu dentro dun caldeiro dun druída. A actividade finalizou cun baile colectivo onde preto de 150 alumnos/as bailaron facendo circos.

Pode que tamén lle interese:


Porto do Son:  "El legado celta". Marketing para Baroña e Galicia enteira


Xornadas de Historia: o dos celtas galegos, un invento


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: contan con aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal a finais de 2013

  • A comisión municipal de seguimento do PXOM aprobou as datas coas previsións do traballo pendente

Media_httpfarm5static_aebyg

Noia, 28 de outubro de 2011. Segundo informou o concelleiro de Urbanismo de Noia, o nacionalista Bieito González, a Comisión Municipal de Seguimento do PXOM aprobou na sesión de onte, día 27, un calendario coas previsións do traballo pendente, coa mirada posta na aprobación definitiva do documento urbanístico a finais do ano 2013.

Desta maneira establécese a primeira metade do ano 2012 para a entrega do Documento de Inicio, isto probablemente obrigará a incrementar o número de xuntas de traballo da Comisión de Seguimento (agora mesmo unha ao mes).

A aprobación inicial do Plan debería producirse na segunda metade do ano 2012, isto último sen concretar a data, pois vai depender do tempo no que a Consellería de Medio Ambiente emita os informes vinculantes (ten dous meses para facelo). Durante o que reste do ano 2012, tería lugar a exposición pública do mesmo, así como as consultas coas administracións sectoriais.

Unha vez recibida a totalidade dos informes das administracións sectoriais, elaboraríase o documento coa Memoria Ambiental que deberá remitirse á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. A entrega deste documento pode situarse na primeira metade de 2013.

Logo da emisión da Memoria Ambiental polo órgano administrativo correspondente, estaríase en disposición de proceder á aprobación provisional do Plan, cuestión esta que podería producirse na segunda metade do ano 2013.

"Un escenario optimista situaría a aprobación definitiva a finais do ano 2013, claro está, sempre e cando non se produzan atrancos na tramitación de todo o proceso, a saber: retraso na elaboración dalgún dos informes correspondentes ás administracións sectoriais, discrepancias coa administración competente na materia de urbanismo, etc.", explica Bieito González, quen considera que "o futuro PXOM debe contribuír a reforzar a estrutura social e económica de Noia en aras de manter a hexemonía no contexto xeográfico da Ría. Para isto o Plan Xeral definirá un modelo territorial capaz de canlizar o desenvolvemento e as inversións baseándose nun proxecto onde os recursos se utilicen de xeito responsable e respetuoso co medio xeográfico e o territorio asuma as funcións que lle son propias, segundo aos seus valores e potencialidades".

Pode que tamén lle interese:




Concerto: este domingo 30, a Banda de Lousame na igrexa de San Martiño homenaxea a Prudencio Romo
Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Exposición: Ata o 31 de outubro, "Rosalía sempre viva"


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: curso sobre discapacidade do 12 ao 14 de decembro en horario de tarde

Opinión: "Diséñoslo, Mr. Chipperfield", por Gonzalo Sarasquete

He esperado a que los que esgrimen razones lógicas en contra expresasen sus realidades, las cuales respeto y, en tiempos de crisis, más si cabe, pero no comparto. Se hace necesario economizar, pero existen lo que se llaman inversiones de futuro y que desde el punto de vista terrenal son difíciles de justificar y que incluso me pasa a mi, con lo que soy y lo que hago: ya se sabe de la inutilidad del arte.

Cuando me enteré os dije que leyéseis sobre la categoría de esta persona y, como siempre, caso omiso. Por lo que habéis escrito, habéis estado ahogándoos en vuestras realidades y problemas  cotidianos, por los que se debe luchar todo el año y no sólo ante estas noticias.


Imaxes en Flickr de RossGeography

Vienen en autobuses como a Lourdes para ver una pequeña muestra y rendir así pleitesía al maestro, ¿apaga y vete, tú!

No os equivocáis en lo literal, pero sí en lo literario. Los telediarios y los periódicos son para informar, pero no para formar, sólo reflejan una parte y hay que saber leer la parte que no asoma. Gramática y literatura se complementan.

No son comparables los grandes contenedores arquitectónicos a los que nos han querido acostumbrar. Guggenheimpor ahora sólo hay uno y ha tenido que ver una visión de futuro que se remonta a las vanguardias del siglo XX y sabiendo lo que iría dentro. En el faraónico Gaiás, creo que no y siguen proliferando como setas. En el caso que tratamos, unas oficinas, prácticas y quizás un piso más: por su categoría démosle una oportunidad al maestro.


Que la sabiduría y la magia se entremezclen y forjen nuevas realidades y que vengan autobuses.

Parece que lo terrenal en esta cuestión ha ganado. Os felicito, parece que convencéis y os victoreáis unos a otros e incluso en un arrebato de pasión proclamábais: ¡Que lo haga uno de Ribeira! Vosotros, que vivís ahí, mostradme a uno sólo capaz y a la altura de las circunstancias.

Por favor Mr  Chipperfield y Don Manuel: seguid adelante.

Gonzalo Sarasquete

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: a homenaxe floral a Valle é este domingo 30 de outubro no Cantón da Leña


Imaxe da homenaxe do ano pasado, á que tamén asistiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela

A Pobra, 28 de outubro de 2011. No 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán e dentro da XIII edición das Xornadas de Homenaxe ao escritor, ten lugar unha vez máis unha homenaxe á súa persoa na praza do Cantón da Leña o domingo día 30 de outubro ás 12:30 h.

Previamente á homenaxe haberá unha recepción das autoridades convidadas no concello. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, estará acompañado nesta ocasión polo Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, o presidente da Fundación Valle-Inclán, Xerardo Fernández Albor, o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro Durán, o Director Xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, , o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, e como representante da familia do escritor, o seu neto Joaquín del Valle-Inclán. Ademais estarán presentes algúns dos integrantes da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán e a súa presidenta, Paola García Paz.

Para amenizar o acto contarase coa música do Grupo de Gaitas “Xiada” e o Grupo de Pandereteiras “Luminaria” da Pobra do Caramiñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: subvención da Deputación para un local dos sindicatos e trámites para que o aparcadoiro do Centenario pase a ser xestionado por outra empresa

Media_httpfarm7static_mrvfi

O novo mercado irá neste edificio

Ribeira, 28 de outubro de 2011.- O traslado dos sindicatos e outras entidades con sede no edificio da praza de abastos e, con isto, a construción do novo mercado municipal está cada vez máis preto de ser unha realidade, segundo informou hoxe o Concello. A este respecto, e segundo se aprobou hoxe no pleno da Deputación Provincial de A Coruña, o Concello vai recibir desta institución unha subvención de 25.000 euros con miras a adecuar un local de titularidade municipal sito en Abesadas (a carón do Kukua) para que esta instalación poida albergar un dos sindicatos afectados: concretamente a CIG, segundo o principio de acordo que fora alcanzado no seu momento. A subvención recibida supón o 25% do custo global da adecuación, que ascende a case 100.000 euros. 

A día de hoxe pódese dicir que están practicamente ultimadas as negociacións entre o Concello e as partes implicadas para o traslado efectivo a outras ubicacións dos sindicatos e a oficina de extensión agraria. De feito, espérase que no transcurso do próximo mes de novembro poida ter lugar xa este cambio de emprazamentos, que no caso da CIG pasaría anteriormente por un local provisional mentres non se finalice o acondicionamento do de Abesadas. 

A antiga sede dos Servizos Sociais e o CIM de Riveira, amén dalgún outro inmoble da cidade, serán os destinos do resto de entidades implicadas.

Aparcadoiro do Centenario


O Concello tamén quixo salientar hoxe que un dos puntos incluídos na orde do día do próximo pleno ordinario da Corporación Municipal de Ribeira (este luns 31 de outubro) é o do inicio do expediente administrativo para proceder á cesión do contrato de concesión do Aparcadoiro Subterráneo do Centenario a outra entidade.  

A este respecto, cabe dicir que a empresa Aparcamiento Genaro de la Fuente, S.L., actual concesionaria do Parking do Rueiro de Santa Uxía, expresou o seu interese en subrogarse na posición de Proinsa (empresa adxudicataria do Parking do Centenario, actualmente inmersa nun procedemento concursal), en calidade de adxudicataria desta última concesión con todos os dereitos e obrigacións que isto entraña. 

Todos os axentes implicados, incluíndo o propio Concello e a empresa Proinsa, teñen interese en que cristalice esta cesión. 

A explotación por parte de Genaro de la Fuente, S.L. produciríase nas mesmas condicións e coas mesmas obrigas coas que se adxudicou o parking no seu momento, incluíndo a apertura do aparcamento as 24 horas ou o mantemento das instalacións en perfecto estado de uso ou conservación. 

Defensor xudicial

A tal efecto, o Concello designou un defensor xudicial para que traballe co obxectivo de que o administrador concursal de Proinsa (e o xuíz en última instancia) dea o visto bo a esta operación. 

Coa cesión poríase fin ás incidencias rexistradas a causa das dificultades inherentes a que a empresa actualmente concesionaria do aparcamento estea sumida nunha situación concursal.

Pode que tamén lle interese:


Mostra de Teatro: comeza este venres 28 con Candelexas


Pleno do 31 de outubro: orde do día


Banco de tempo: reunión o 4 de novembro para novas propostas

 
Charla: quen mexe nos niños de Barbanza? O 4 de novembro cóntanolo Axena

 
Lesións por bolardos: nas rúas de Galicia e Santa Uxía


Aventura: dous ribeirenses ao Nepal, en novembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical