- Este partido de centro galego aposta por candidatos mozos e cunha sólida preparación na súas listas para o 20-N
- Preséntase polas catro circunscricións galegas, logo de acadar todos os avais precisos
- Menos cargas fiscais para os emprendedores, eliminación de Deputacións, búsqueda de sinerxias entre os Concellos e optimización dos recursos públicos son algunhas das súas propostas para gobernar
Barbanza-Noia, 28 de outubro de 2011. Converxencia XXI da un paso máis na súa consolidación como alternativa en Galicia tras conseguir os avais necesarios para concurrir ás eleccións xerais do vindeiro 20-N como único partido de centro galeguista. A forza, que foi a primeira sen representación parlamentaria en Galicia que conseguiu os apoios que marca a Lei Electoral, pretende unha renovación da política galega e romper co oligopolio do PP, do PSOE e do BNG. Nas súas listas leva expertos economistas, emprendedores, politólogos, estudantes, biólogos, profesores e avogados, que queren ser a voz de Galicia no Congreso e no Senado na consecución dun maior grao de autonomía. Os perfis dos candidatos de Converxencia XXI, que se presentan polas catro circunscricións galegas, teñen en común a súa mocidade, a media de idade é de 30 anos, a mesma que a da súa Executiva e dos seus afiliados, e unha sólida preparación. Fernando del Río, profesor de Economía na Universidade de Santiago, encabezará a lista do Congreso pola Coruña. Nado en Ordes, xa liderou Converxencia ás eleccións municipais por Santiago. Frecuente articulista económico dos xornais galegos, é, ademáis, o presidente de Galidem, o think thank de Converxencia XXI, é a primeira asociación galega que recibe o recoñecemento internacional do European Liberal Forum (ELF), do que entrou a formar parte. A candidatura ao Senado estará liderada polo santiagués Ángel Quiroga, de 32 anos, doutor en Bioloxía pola Universidade de Humboldt de Berlín, onde ademáis traballou como investigador no centro Max-Delbruec de Medicina molecular. A candidatura de Pontevedra será encabezada polo empresario e politólogo vigués Anxo Lodeiro, de 32 anos, que traballa no ámbito da cooperación transfronteiriza e as novas tecnoloxías na cidade de Vigo. Polo Senado lidera a candidatura Carlos Estévez. Nas outras provincias Converxencia XXI concorrerá tamén por primeira vez a uns comicios, logo de que nas pasadas municipais só presentase candidaturas en concellos atlánticos. Pola circunscrición de Lugo o candidato converxente será Wenceslao Posada, xoven enxeñeiro Industrial vinculado ao sector enerxético. A candidatura ao Senado estará liderada polo sarriao Garcilaso de la Vega, economista pola Universidade de Santiago. Á súa vez, o candidato ao congreso pola provincia ourensá será o avogado Xosé Febrero. Seguirao Enrique Carballo, de A Limia, mentres que a candidatura ao Senado estará encabezada Brais Iglesias, estudante da Universidade de Torino. Programa electoral Entre as propostas programáticas de Converxencia XXI destaca a crecación das condicións que faciliten o emprendedorismo, a iniciativa individual e o investimento productivo introducindo reformas e baixando impostos con este fin, reducindo gastos innecesarios que permitan manter os servizos esenciais como a sanidade e a educación. Novas ideas frente ideas vellas. ‘Ideas vellas, novas ideas’. Ese é o eslogan elexido pola formación política para dar a coñecer a súa alternativa ‘frente as políticas xa desfasadas que nos levaron ata a crise actual’. ‘A xente non confía nos políticos, quere alternativas ao que se ven facendo sempre e nós propoñemos ese novo camiño. Impulso aos que aportan valor á sociedade’, dí o Secretario Xeral de Converxencia XXI, Carlos Vázquez Padín. Menos cargas fiscais para os emprendedores, eliminación de Deputacións, búsqueda de sinerxias entre os Concellos, optimización dos recursos públicos...son algunhas das súas propostas. Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario