21.4.12

Boiro: os ribeirenses de Lizard Crash pasan a cuarta eliminatoria do Curota Sound

  • Esta noite disputan o pase as boirenses Agoraphobia e a banda de Ribeira Entrelineas


Lizard Crash practica o heavy metal máis clásico

Lizard Crash pasou a cuarta eliminatoria no Curota Sound.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Iker Mugarra, de Euskadi, gañou o V Certame "Fernández Leiceaga" de pintura ao aire libre

Media_httpfarm6static_vabnh

O nivel en cada certame convocado vai a máis, segundo puideron constatar o xurado e os que se achegaron a interesarse polas pinturas ao mercado da arte que estará ata mañá no claustro do Concello

Noia, 21 de abril de 2012. En Noia, sendo as 17:45 horas do día 21 de abril de 2012, reúnense os membros do xurado que outorgará os premios do V Concurso de Pintura ao Aire Libre "Juan Fernández Leiceaga, Sesé", organizado polo Concello de Noia. Forman o xurado Alfonso Costa Beiro, pintor, como presidente do mesmo; Javier Rodríguez Vieites, concelleiro de Cultura e vogal do xurado; Pedro Bueno Salto, pintor e tamén vogal; Xosé Luís Veiras Manteiga, pintor, tamén vogal; Xosé Vázquez Castro, pintor e tamén vogal; Isabel Pintado Palacio, pintora e tamén vogal e María Concepción Allut Vidal, técnica de Cultura do Concello e secretaria do xurado.

Rematadas as deliberacións, estes son os premiados:

Media_httpfarm6static_hgjan

1 premio
Iker Mugarra SanMartín (Vizkaia)
2000 €

Media_httpfarm6static_kaefg

2 Premio
Fernando Rey Castiñeira (Muros)
1500 €

Media_httpfarm8static_opjps

3 Premio
Alberto David Fernández Hurtado ( Segovia )
1000 €

Media_httpfarm6static_hiexe

Premio especial LA CAIXA
Francisco Solano Jiménez Castro
800 €

Media_httpfarm6static_juoke

Premio NOVOS VALORES
patrocinado pola FUNDACIÓN OTÍLIA BLANCO MILLARES
Irene Cuadrado Hernández
600 €

Media_httpfarm6static_aezoq

Premio EDICIONES BOREAL
patrocinado por EDICIONES BOREAL
Lolo Serantes Morán
600 €

Accésits:
Raúl Velloso Lago
Manuel González Núñez
Eduardo Baamonde Pérez

Mención especial a nenos menores de 10 anos:
Miriam Iglesias Romero
Valentina Veynberg
Lola González Cierto

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: as zanfonas saíron á rúa, polo menos cinco minutos, na "Zona da Zanfona"

Rianxo, 21 de abril de 2012. Comezou a rolar a Zona da Zanfona, o Encontro Internacional sobre este instrumento que aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular,  leva organizando desde o 2005 e que achega figuras de renome mundial para amosen o seu maxisterio e arte ao público galego. Este ano o festival transladouse a Rianxo logo de sete anos en Narón e a resposta do público local -segundo os organizadores- está sendo moi positiva.

As actividades céntranse nun curso de experiencias prácticas cos zanfonistas franceses Patrick Bouffard e Gilles Chabenat, dous dos mellores zanfonistas de Europa con máis de 25 anos de carreira. Este curso ten inscritas 22 persoas de toda Galicia que reciben as aulas maxistrais destas dúas figuras. O curso transcorre este sábado e domingo no Auditorio.

Pero o programa comezou o venres pola tarde cunha xuntanza destes cursillistas e outros músicos no centro de Rianxo que sacaron as "zanfonas á rúa", nome que recibiu esta actividade. Esta acción sonora quedou deslucida porque xusto cando levaban cinco minutos tocando comezou a chover e tivéronse que resgardar na Biblioteca Municipal, levando consigo ao público curioso que quería oir como soaban estes "sintetizadores medievais".

Xa pola noite no Auditorio os presentes desfrutaron dun magnífico concerto dos mestres convidados para esta edición Patrick Bouffard e Gilles Chabenat que presentaron por primeira vez na Península o seu disco "Tour à Tour" (Volta a volta) nun exercicio de virtuosismo sen parangón sobre composicións de inspiración na música popular pero que ás veces tiña máis un parecido cun concerto de rock. Este dúo de zanfonas posúe un groove -sensación ritmicamente expansiva- que o público non agardaba e quedaron moi sorprendidos.

Este sábado pola noite terá lugar no cámping de Rianxo o palco aberto, unha foliada aberta a calquera persoa que queira compartir a súa música con estes zanfonistas. Despois da cea e até que a corda aguante.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical